Xadrez
O Torneo Provincial Xogade 2025 de xadrez celebrarase este sábado, día 10 de maio, a partir das dez da mañá, no Espazo Xove de Viveiro. Organizado polo Club de Xadrez San Roque, de Viveiro, en colaboración co Concello e co Espazo Xove, contará coa participación de 16 equipos. A competición levarase a cabo en catro roldas, nas que un total de 64 rapaces e rapazas xogarán de xeito simultáneo.
A alcaldesa de Viveiro, Mariña Gueimunde, sinalou que “para o Concello de Viveiro sempre é unha honra recibir a deportistas. Neste campionato provincial achegarémonos a unha modalidade que promove a convivencia e a estratexia, dous valores imprescindibles da nosa mocidade”.
Imdecum segue coa celebración das XI Xornadas Formativas para os alumnos do Ciclo Superior de Ensinanza e Animación Sociodeportiva.
Este xoves, día 19 de maio, organiza unha xornada titulada Xadrez, primeiros pasos, que será impartida por Julio Delgado. A actividade terá lugar na aula de usos múltiples do IES Monte Castelo, a partires das 12:20 horas.
A Vicepresidencida da Deputación de Lugo, a través da súa Área de Deportes, colabora na organización deste evento.
O Goberno local do Concello de Mondoñedo colabora coa celebración dun curso de xadrez que se desenvolverá no Casino e que organiza a Asociación Sendeiriña coa axuda do Círculo de Recreo de Mondoñedo.
A actividade será impartida por Pascual Ares, que foi campión galego na categoría xuvenil. Desenvolverase os días 26, 27 e 28 de decembro e 2, 3 e 4 de xaneiro en horario de 18:30 a 20:30 horas.
A inscrición é de balde e pode facerse no mesmo Casino. Non é necesario anotarse previamente.
O Colexio Martínez Otero de Foz organizará e acollerá o vindeiro sábado, 20 de maio, o campionato provincial escolar de xadrez, a través do seu programa XOGADE. Este certame reunirá aos mellores axedrecistas bexamíns, alevíns, infantís e cadetes da provincia. Sumando, así, un total de 25 equipos que competirán nas diferentes categorías.
O evento foi presentando, nas dependencias do club de xadrez do Colexio Martínez Otero, por Antonio Alonso (Director do Colexio Martínez Otero), Javier Castiñeira (Alcalde do concello de Foz) e Fernando Rodríguez (Adestrador de xadrez no Colexio Martínez Otero). Manolo Cadramón, responsable do Servizo Provincial de Deportes de Lugo, desculpou a súa ausencia por incompatibilidade de axenda.