concurso

Etiquetas:
15/08/2026

El Concello de O Vicedo tiene en marcha una nueva edición de su concurso de fotografía, cuyo plazo para entregarlas está abierto hasta el lunes 17 de agosto.

“Una oportunidad para descubrir y mostrar O Vicedo a través de vuestra mirada, con temática libre siempre que las fotografías estén relacionadas con nuestro municipio”, explica el Concello, que añade: “¡busca tu rincón favorito, captura ese momento especial y participa!”.

Hay tres premios para adultos (de 300, 200 y 100 euros) y uno juvenil (para personas de 16 a 30 años), de 50 euros.

Las bases están en:...

leer más
Etiquetas:
13/08/2026

Burela celebrará o sábado 22 de agosto o I Concurso de Pesca Xuvenil, unha nova iniciativa da Asociación de Pesca Recreativa de Burela que conta coa colaboración do Concello de Burela e da Fundación Expomar. A actividade desenvolverase entre as 16:00 e as 18:00 horas no espigón da lonxa e está dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 14 anos, “co obxectivo de incorporar ós máis novos a unha actividade estreitamente vinculada coa tradición e coa cultura marítima de Burela”.

O Concello de Burela explica que o gañador ou gañadora será o participante que consiga o maior número de capturas, sen que o tamaño determine a clasificación, e no caso de empate, decidirase segundo o peso das capturas. As pezas que non dean a talla deberán ser devoltas ao mar, de acordo co establecido nas bases da convocatoria. Os tres primeiros clasificados recibirán un...

leer más
Etiquetas:
01/06/2026

O Concello de Cervo presentou unha nova proposta de ocio creativo e dinamización cultural da man de HAI LARÁN, Escape Room & Espazo Creativo, unha das iniciativas emprendedoras instaladas no Centro de Emprendemento de Sargadelos. Na presentación participaron a alcaldesa, Dolores Garcia Caramés, e o reponsable de HAI LARÁN, Rubén Prieto, que deron a coñecer os detalles do I Concurso de Puzzles Sargadelos peza a peza, unha actividade que se celebrará o domingo 6 de setembro de 2026, entre as 11:00 e as 13:00 horas, na Sala cultural Xosé Vizoso, no Conxunto Histórico de Sargadelos.

O concurso contará cunha única categoría por parellas, que poden estar conformadas por dous adultos, ou un menor e un adulto, cun custo de inscrición de 15 euros por equipo, e repartirá premios aos tres mellores tempos, ademais dun recoñecemento ao...

leer más
22/05/2026

Viveiro acollerá o venres 29 e sábado 30 de maio o 1º Concurso de Miniburguers, unha iniciativa impulsada pola Asociación de Comerciantes do Centro Histórico co obxectivo de “dinamizar a actividade comercial e hostaleira da vila, ofrecendo ao mesmo tempo unha experiencia culinaria diferente e atractiva”. 

Nesta edición participarán 7 locais, que elaborarán diferentes miniburguers. Os participantes e as súas propostas son: Muro Restaurante, con Miniburguer de Pulled Pork; Vinoteca Los Leones, coa súa Miniburguer Los Leones, que ten como ingredientes principais carne de porco celta, rulo de cabra e cebola caramelizada; Cornelius presenta a súa CorneBurguer, unha combinación de carne de tenreira, papada, chutney de mango e cebola crocante; La Tortilla Maravilla, coa súa TortiBurguer, coa tortilla de patacas con cebola como gran protagonista;...

leer más
Etiquetas:
01/05/2026

O Concello de Xove convoca a quinta edición do concurso fotográfico titulado Cal é o teu lugar preferido de Xove?

Dende a Concellería de Medio Ambiente animan a “nenos/as, adolescentes e persoas adultas a participar nesta nova edición dun concurso que pon en valor a beleza do noso entorno” e explican que “participar é moi sinxelo: saca unha foto no teu espazo preferido de Xove, cubre a folla de inscrición que atoparás na web municipal: https://xove.es. Alí tamén poderás consultar as bases do concurso. Cada  categoría conta cun premio de 60 euros para a fotografía máis votada na páxina de Facebook do Concello de Xove”.

Hai tres categorías: Infantil, ata 12 anos; Xuvenil, de 13 a 17 anos (ambos incluídos); e Adultos, a partir de 18 anos.

“Amosa a túa...

leer más
25/04/2026

O Concello de Cervo, a través da delegación de Medio Ambiente, convoca o XVI concurso fotográfico de medio ambiente Cervo Respecta 2026. “Os participantes poderán presentar un máximo de dúas fotografías, baseadas na temática xenérica do medio ambiente, inéditas e orixinais, sacadas en calquera lugar da Comunidade Autónoma de Galicia. Terán que ser imaxes de natureza viva, que sirvan de exemplo de conservación do noso medio. Deberanse presentar en formato dixital (JPEG), en alta calidade, a unha resolución mínima de 2.048 px. sen limitación de tamaño en MB; a través do correo medioambiente@concellodecervo.com. O prazo para presentar as imaxes remata o 22 de maio”.

Hai tres premios establecidos: un primeiro, un segundo, e o premio Top Cervo á mellor fotografía na que se...

leer más
Etiquetas:
26/03/2026

Ata o 15 de abril está aberto o prazo de inscrición no Ribadeo Sabe, o renovado concurso gastronómico que organizan o Concello e Acisa. A cita terá lugar do 14 ao 17 de maio.

O Ribadeo Sabe chega con importantes novidades. O premio para o local gañador do xurado profesional será un curso no Basque Culinary Center e estancia en San Sebastián e diploma acreditativo. E o premio para o local gañador do xurado popular será unha visita máis cata en Bodega Regina Viarum, comida para dúas persoas no restaurante Vértigo (1 estrela Michelin) e diploma acreditativo.

O xurado profesional de renome do Ribadeo Sabe estará composto por Rafa Centeno, chef de Vértigo, de Sober (única estrela Michelin da provincia de Lugo); Juan Rubiños, presidente da Asociación de Cociñeiros Lugo e chef executivo de Il Farabutto, de Lugo; Alberto...

leer más
Etiquetas:
04/03/2026

Volve o Concurso de Fotografía do Centro de Información á Muller (CIM) do Concello de Ribadeo. O prazo para entregar traballos está aberto desde o día 5 ata o 17 de marzo.

“Este ano queremos que nos amosedes, a través dunha imaxe: Que é para ti a igualdade? Mulleres que inspiran. Buscamos fotografías que reflictan historias, persoas ou momentos que representen forza, igualdade e inspiración feminina no día a día. Quen pode participar? Categoría A: Moz@s de 12 a 17 anos; Categoría B: Maiores de 18 anos; Categoría C: Centros de ESO e FP da localidade. Prazo de presentación: Do 5 ao 17 de marzo de 2026 ata as 14:00 horas. Como participar? Envía a túa fotografía en formato JPG a: cim@ribadeo.gal. Asunto: Concurso fotografía igualdade + categoría. Premios: Categoría A: 400 €; Categoría B: 300 €; Categoría C...

leer más
23/02/2026

O Concello de Cervo convoca o concurso titulado Versos de Rosalía, certame para que o prazo de presentación de traballos está aberto ata o día 3 de marzo.

“O 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía de Castro convidándovos a participar no noso concurso creativo.  Envíanos dous versos de Rosalía de Castro que che gusten especialmente. Valorarase que a proposta se presente dunha forma orixinal e creativa. Podes participar a través de: fotografía, texto, debuxo, vídeo ou audio”, anuncia o Concello de Cervo, que tamén explica que a data límite para presentar os traballos é o día 3 de marzo ás 12:00 horas. Poden enviarse a través do correo electrónico prensa@concellodecervo.com ou do WhatsApp 683.31.59.39.

Hai dúas categorías: xuvenil (16 anos...

leer más
Etiquetas:
16/02/2026

Silvia Gonzalo Zamora es la ganadora de la décimo segunda edición del Concurso de Cartas de Amor convocado por la galería ribadense Terra Branca. 

El jurado, formado por Mariángel Leal (artista), Mari Carmen Vidal (lectora) y José Ramón Leal (director de la Galería Terra Branca), emitió su deliberación este domingo tras cerrar el plazo de recepción de trabajos a las 23:59 horas del pasado 14 de febrero, día de San Valentín. 

Silvia Gonzalo, de 56 años y natural de Manresa, en Barcelona, es una apasionada del mundo del arte y de la música. Cursó estudios de joyería en la ciudad condal. Desde pequeña le interesó la escritura para plasmar sus sentimientos, creando y compartiendo sueños. La carta premiada se titula Hoy quiero escribir muy despacio. La ganadora recibirá una figura exclusiva de cerámica. 

... leer más