Samaín

Etiquetas:
04/11/2026

A Concellería de Cultura do Concello de Xove anuncia que a Festa Infantil de Samaín, prevista inicialmente para o pasado sábado e que foi  aprazada, celebrarase finalmente este próximo sábado, día 7 de novembro, ás 17:00 horas no salón de actos do Centro Cívico de Xove.

O Concello de Xove explica que “o aprazamento da actividade estivo motivado polo loito e como mostra de respecto e lembranza ás vítimas do accidente ferroviario acontecido en Toledo. Neste momento retomamos esta celebración pensada especialmente para os máis pequenos e pequenas da casa, e desde a Concellería de Cultura queremos convidar a toda a infancia de Xove a achegarse e gozar dunha tarde chea de diversión, xogos, música e ambiente de Samaín”. E anima “a todos os nenos e nenas a vir disfrazados e con moitas ganas de pasalo ben, para compartir unha tarde especial na que...

leer más
Etiquetas:
04/11/2026

O Concello de Cervo anuncia que os días 6 e 7 de novembro, venres e sábado desta semana, haberá actividades para celebrar o Samaín en Cervo e San Ciprián.

“Este venres e sábado recuperamos as actividades do Samaín para desfrutar dunha fin de semana chea de diversión, fantasía e moito ambiente terrorífico”, comenta o Concello, que especifica: o venres 6 de novembro ás 17:30 horas nas Escolas Vellas de Cervo haberá festa con obradoiro de Samaín e a actuación infantil Latexos, de K’Paparota. É unha actividade organizada por Airiños do Xunco coa colaboración do Concello de Cervo. E o sábado 7 ás 17:30 horas na Casa do Mar de San Ciprián terá lugar un espectáculo infantil con baile, pintacaras e chocolate con churros.

O Concello de Cervo destaca que son “dúas citas para que os máis pequenos (e non tan pequenos...

leer más
Etiquetas:
29/10/2026

O Centro Comercial Histórico de Viveiro (CCHV) anuncia: “seguimos apostando por dinamizar o comercio local con diferentes campañas e iniciativas pensadas para tódolos públicos. Dende actividades para os máis pequenos ata descontos nas compras e sorteos. Este venres 30 de outubro pola tarde celebramos o Samaín cós mais pequenos; entregamos 12.000 chupas para que os negocios asociados realicen o recoñecido Truco ou Trato. Os nenos poderán disfrazarse con traxes terroríficos e pedir os chupas polos 124 comercios adheridos á nosa asociación. A animación musical farase a través dos máis de 2 quilómetros de fío musical que temos instalados polas rúas”.

O CCHV tamén explica que ten en marcha o Bono Activa Comercio, “a iniciativa impulsada pola Xunta de Galicia para fomentar as compras no comercio local e apoiar os pequenos negocios”....

leer más
Etiquetas:
27/10/2026

O Concello de Cervo anuncia que os días 30 e 31 de outubro, venres e sábado desta semana, haberá actividades para celebrar o Samaín en Cervo e San Ciprián.

“Cervo prepárase para vivir un Samaín de medo! Este venres e sábado temos unha fin de semana chea de diversión, sustos e moita maxia en Cervo!”, comenta o Concello, que especifica: o venres 30 de outubro ás 17:30 horas nas Escolas Vellas de Cervo haberá festa con taller de Samaín e a actuación infantil Latexos, de K’Paparota. É unha actividade organizada por Airiños do Xunco coa colaboración do Concello de Cervo. E o sábado 31 ás 17:30 horas na Casa do Mar de San Ciprián terá lugar un espectáculo infantil con baile, pintacaras e chocolate con churros “para gozar dunha tarde terrorificamente divertida”.

“Animádevos a vir disfrazados coas vosas...

leer más
Etiquetas:
25/10/2026

A asociación ribadense Catro Caños anuncia que o día 31 de outubro, sábado,  a partir das 22:00 horas haberá “unha noite terrorífica” no Cine Teatro de Ribadeo. Actuarán en directo os grupos Aneuma e Réplica. E despois seguirá a festa de Samaín cun DJ.

“Ambientación especial, disfraces, bebidas terroríficas, moitas sorpresas e un teatro transformado para vivir unha noite de auténtico medo. Saca o teu lado máis escuro e ven gozar dunha noite de música, festa e terror. Este Samaín, o medo vívese no Galiñeiro!”, engaden os organizadores deste evento.

Etiquetas:
30/10/2025

A asociación cultural Ruxe Ruxe organiza a súa quinta Festa de Samaín este sábado, día 1 de novembro na Sala Bahía, de Foz.

As actividades infantís serán de 16:00 a 20:00 horas e haberá pintacaras, xogos populares, animación musical, colchonetas, globoflexia, scape room, actuación de Peter Punk e concurso de cabazas con premios.

E desde as 23:30 horas terá lugar a Noite Tenebrosa, amenizada por Conxuro Discomóvil.

 

Etiquetas:
30/10/2025

O municipio de Viveiro celebrará o Samaín con actividades que se desenvolverán esta fin de semana, concretamente o venres 31 de outubro e o sábado 1 de novembro.

O Concello de Viveiro anuncia: “temos dúas propostas cheas de maxia, medo e diversión para toda a familia: o venres 31 de outubro, tarde de Samaín na Praza Maior de 19:00 a 21:00 horas, con fotomatón, música polas rúas e reparto de caramelos nas tendas asociadas ao Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro. Ademais ás 18:00 horas na Biblioteca Municipal, o contacontos A Corva, con Cristina Collazo, para pasalo de medo! E o sábado 1 de novembro, I Festa de Samaín en Lodeiro, con entrada de balde; haberá sesión infantil dende as 17:30 horas, chocolate con churros, concursos de cabazas e disfraces, música con DJ e entrega de premios; e sesión adulta dende as 00:00 horas,...

leer más
Etiquetas:
29/10/2025

O Concello de Cervo, en colaboración con diferentes asociacións, prepara unha fin de semana con varias propostas para celebrar o Samaín e o outono con actividades pensadas para todos os públicos. Serán desde o venres 31 de outubro ata o domingo 2 de novembro. 

O venres a partir das 17:30 horas as Escolas Vellas de Cervo acollerán a Festa de Samaín, organizada pola Asociación Cultural Airiños do Xunco coa colaboración do Concello de Cervo. Haberá un taller de Samaín e a actuación infantil Abracadaver, “pensada para os máis pequenos, nun ambiente cheo de maxia e diversión”.

O sábado de 10:00 a 12:00 horas celebrarase na Casa da Cultura un obradoiro de Samaín, dirixido a nenos e nenas de infantil e primaria, “para desfrutar dunha mañá creativa e moi especial”.

Tamén o sábado, a...

leer más
Etiquetas:
28/10/2025

O Vicedo celebrará a vixésima edición do seu desfile de Samaín, que sairá desde a Casa de Cultura, este venres, día 31 de outubro.

 “Celebramos a 20ª edición co tradicional desfile de Samaín polas rúas do Vicedo. Ide preparando a saba e as pinturas para desfilar e asustar a todos os veciños. Despois chocolate con churros cortesía da APA. É unha edición especial e gustaríanos que tanto nenos como adultos (que varios algún día desfilaron) vos animásedes a vestirvos e desfilar por unha celebración humilde pero que foi capaz de conseguir celebrarse en 20 ocasións. Será a partir das 19:30 horas, pero desde unha hora antes podedes pasar a maquillarvos e pasar unha tarde noite de medo!”, anuncia o Concello de O Vicedo.

28/10/2025

O Valadouro celebrará o Samaín con actividades que se desenvolverán o xoves 30 e o venres 31 de outubro.

O Concello do Valadouro anuncia que o xoves ás 19:00 horas na Casa da Cultura haberá “maxia terrorífica con En Samaín toca...maxia, acto dentro do programa de dinamización das bibliotecas Ler Conta Moito. E o venres 31 de outubro de 16:30 a 20:30 no pavillón: decoración de cabazas (tráea da casa); maquillaxe terrorífico; espectáculo de maxia, baile e xogos. Lembra vir disfrazado! Día organizado pola ANPA do CEIP Santa María do Valadouro e o Concello do Valadouro”.