Cursos

Etiquetas:
02/03/2017

A Concellaría de Igualdade organiza en un curso intensivo de autodefensa feminista e un taller de novas masculinidades, entre outras actividades, coa clara reivindicación de que “o 8 de marzo debera ser todos os días”. 

O curso de autodefensa feminista desenvolverase o venres, 3 de marzo, no Colexio Sagrado Corazón de Xesús pola mañá e no IES de Ribadeo pola tarde. E o sábado, 4 de marzo, farase unha xornada aberta e destinada ao público en xeral desde as 10 da mañá ata a unha do mediodía no ximnasio do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo Fierros. Desde o CIM lembran que hai prazas limitadas, polo que é preciso anotarse enviando un e-mail ao correo cim@ribadeo.org ou ben chamando ao 982 120 739. 

O 7 de marzo o alumnado do ciclo de educación infantil do CIFP Porta da Auga desprazarase ata o colexio público Gregorio Sanz e ao colexio...

leer más
Etiquetas:
22/02/2017

Las instalaciones de Academia A Mariña acogerán el próximo 5 de marzo un curso de Barber Shop, que será impartido por Juan Belmonte y Richard Lage, de Juan Por Dios, una peluquería sesentera ubicada en el madrileño barrio de Malasaña. 

Juan Belmonte será el encargado de dirigir la formación junto a su equipo del que forma parte Richard Lage. Este profesional es formador de firmas de la altura de Redken, ha trabajado con diversas marcas de última generación, conocedor del sector y después de más de 20 años dedicados a su pasión, las tijeras y el corte masculino, sus técnicas no dejarán indiferente a nadie: “esas técnicas le han hecho un gran profesional diferenciándolo en el sector”. 

El curso de Barber Shop está organizado por Academia A Mariña en colaboración con Corporesan Beauty Factory. Tendrá una duración de 8 horas. Las plazas son limitadas. 

 

Etiquetas:
21/02/2017

Está aberto o prazo de inscrición nas primeiras xornadas de defensa persoal e de protección contra a violencia de xénero, que organiza a Concellería de Igualdade en colaboración con Miguel Ángel Rojo Darriba, que será o encargado de impartir este taller.

Estas xornadas levaranse a cabo tódolos mércores do vindeiro mes de marzo, en horario de 20:00 a 21:00 horas, no local sito na Rúa Rosalía de Castro nº44, baixo, galería porta 2, en Burela.

Patricia Otero explica que “nestas xornadas poderán participar as mulleres empadroadas no Concello de Burela, que previamente se anoten no Centro de Información ás Mulleres, sito na Casa do Concello , en horario de 8:00 a 15:00 horas, de luns a venres. A actividade é totalmente gratuíta para as mulleres de Burela, sendo sufragada integramente pola Delegación Municipal de...

leer más
Etiquetas:
31/01/2017
O Concello de Cervo organiza un obradoiro de maquillaxe de Entroido para o 12 de febreiro. Será gratuíto. A inscrición está aberta.
 
O Concello de Cervo, a través da delegación de Xuventude, organiza un obradoiro de maquillaxe de Entroido que terá lugar o vindeiro domingo 12 de febrero na Casa da Cultura.
 
A inscrición, de carácter gratuíta, está aberta para todos aqueles veciños de entre 18 e 30 anos que desexen adquirir coñecementos nesta materia.
 
Os interesados poderán anotarse a través de calquera dos seguintes medios:
- Enviando un WhatsApp ao teléfono 691.65.66.00
- No correo dinamización@concellodecervo.com
... leer más
Etiquetas:
26/01/2017
Na Casa da Xuventude de Burela impartiranse en febreiro e marzo tres obradoiros: teatro, impresión en 3D e sexoloxía. A inscrición está aberta.
 
A Delegación de Xuventude presentou hoxe as actividades programadas para este primeiro trimestre do ano nas que figuran tres obradoiros: teatro, impresión en 3D e sexoloxía. A inscrición nestas actividades, dirixidas a nen@s e xóvenes, é gratuíta.
 
O concelleiro José Díaz anunciou que “hoy presentamos aquí en el Concello, el cartel para este primer trimestre del 2017 con el programa de actividades para Xuventude, promovidas por la Delegación de Cultura e Xuventude, y que incluye tres talleres a desarrollar desde el 1 de febrero hasta finales de marzo”.
 
O edil socialista contou que “son tres talleres que nos parecieron bastante interesantes. Uno de ellos ya lo habíamos hecho el año pasado, funcionó bien y...
leer más
18/12/2016
A Rede Museística Provincial imparte 19 obradoiros este Nadal para máis de 800 persoas. Ata o 5 de xaneiro haberá actividades no Museo Provincial do Mar, en San Cibrao.
 
O Goberno da Deputación ofrece para estas datas 19 obradoiros totalmente gratuítos para persoas de todas as idades nos 4 museos da Rede Museística Provincial de Lugo: Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar, Museo Fortaleza de San Paio de Narla e Museo Pazo de Tor.Dentro da programación de actividades hai obradoiros de panxoliñas, teatro, decoración ou alimentación, entre outros. Estes obradoiros complementan a programación de actividades que ofrece a Deputación co Merca en Lugo polo Nadal no centro da cidade.
 
Museo Fortaleza San Paio de Narla
- O 20 de decembro ás 11:00 horas.- Obradoiro: San Paio de Narla volve ao pasado para 60 alumnos da ESO do Colexio Mª Auxiliadora de Lugo.
-...
leer más
Etiquetas:
14/12/2016
Do 19 ao 23 de decembro estará aberto o prazo de inscrición no programa Corpo de Muller, que organiza a Concellaría de Igualdade de Ribadeo. Ofértanse 4 talleres, que terán lugar do 9 de xaneiro ao 6 de abril.
 
O vindeiro luns, 19 de decembro, ábrese o prazo de inscrición para participar no programa Corpo de Muller, do Concello ribadense. 
 
Desde a Concellaría de Igualdade subliñan que “Corpo de Muller é un programa posto en marcha o pasado mes de setembro pola Concellaría de Igualdade, e que se desenvolveu con grande éxito durante este trimestre de 2016. Está dirixido a aquelas mulleres que desexen mellorar a súa utilización corporal  cun método de fisioterapia suave, progresivo e activo, a Reeducación postural global”.
 
Segundo explican desde a Concellaría de Igualdade “este programa conta cunha oferta dirixida a mulleres en varias situacións e ciclos da súa vida”. 
 
Hai catro talleres previstos:  
... leer más
Etiquetas:
05/12/2016
O obradoiro "O móbil e o banco de recordos" chega a Alfoz o 7 de decembro. Está organizado pola Tic da Deputación de Lugo e conta coa colaboración do Concello.
 
O 7 de decembro terá lugar no Centro Sociocultural de Alfoz, o obradoiro O móbil e o banco de recordos.
 
Dedicado a persoas maiores de 55 anos, pretende recopilar os seus recordos a través de imaxes. Os participantes deberán aportar unha ou máis fotos antigas que serán dixitalizadas e comentadas para fomentar a sociabilidade e interactividade. Os asistentes farán ese traballo de dixitalización co seu propio móbil e con esas fotografías realizarase un álbum. O obxectivo é que esa memoria dos nosos maiores perdure na rede.
 
Este obradoiro que dará comezo ás 10:30 horas, está organizado pola TIC da Deputación de Lugo e conta coa colaboración do Concello de Alfoz.
 
Etiquetas:
01/12/2016
O Concello cervense promove a elaboración de beléns de plastilina por parte d@s nen@s en San Ciprián e Cervo.
 
A Delegación de Educación do Concello de Cervo promove a elaboración de beléns de plastilina por parte dos nenos e nenas do municipio. Faranse este sábado, día 3, na Casa da Cultura, en San Ciprián, e o domingo, día 4, na Casa do Concello de Cervo. Nos dous casos esta actividade levarase a cabo ás 12 do mediodía.
 
A concelleira de Educación, Dolores García Caramés, reuniuse con representantes das asociacións de nais e pais do colexio Cervo Nº 1, de San Ciprián, e do de Cervo, María José García González e Marcial Fernández Bellón, respectivamente, para que colaboren na promoción desta actividade informando ás familias das nenas e nenos sobre a súa celebración para que se animen a participar. Ademais as follas de inscrición para apuntarse nesta iniciativa foron repartidas nos dous centros...
leer más
Etiquetas:
28/11/2016
O 3 de decembro chegará a Ourol o obradoiro da Fundación TIC "O móbil e o banco de recordos".
 
O obradoiro "O móbil e o banco de recordos" estará en Ourol o 3 de decembro. Esta actividade está organizada pola Fundación TIC da Deputación Provincial de Lugo, que invita a participar ás persoas maiores de 55 anos. Os asistentes deberán levar as súas fotos máis apreciadas para que se lles ensine a dixitalizalas co seu móbil e realizar posteriormente un álbum moi especial.
 
Os interesados poden anotarse no número de teléfono 982 559019. A Fundación TIC fai un chamamento á participación para que a memoria dos nosos maiores perdure na rede.
 
Este obradoiro "O móbil e o banco de recordos" terá lugar o 3 de decembro ás 16:00 horas na Casa da Cultura de Ourol.