Cursos
O Goberno local do Concello de Mondoñedo colabora coa celebración dun curso de xadrez que se desenvolverá no Casino e que organiza a Asociación Sendeiriña coa axuda do Círculo de Recreo de Mondoñedo.
A actividade será impartida por Pascual Ares, que foi campión galego na categoría xuvenil. Desenvolverase os días 26, 27 e 28 de decembro e 2, 3 e 4 de xaneiro en horario de 18:30 a 20:30 horas.
A inscrición é de balde e pode facerse no mesmo Casino. Non é necesario anotarse previamente.
Estas actividades desenvolveranse durante os meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril e as persoas interesadas poderán formalizar a inscrición na Aula CeMIT ou no Concello.
A presentación destes cursos celebrarase o xoves 10 de xaneiro ás 16:00 horas na Aula CeMIT de Barreiros, sita no Teleclub de San Cosme.
Desde a Aula CeMIT Manuel Pérez, o axente TIC de Barreiros, explica que “a idea é poñer en marcha unha batería de cursos para que as persoas que non teñan experiencia previa no mundo da informática poidan iniciarse dende cero, e as que si a teñan poidan seguir adquirindo cada vez máis coñecementos.”
Dende o Concello convidan a asistir á presentación dos cursos a toda persoa que teña curiosidade polo mundo das novas tecnoloxías.
A Xunta de Galicia, a través...
leer másDo 26 de novembro ao 11 de decembro terán lugar os cursos de formación para profesionais da hostalería que organiza a Mancomunidade de Municipios da Mariña Lucense no marco do convenio asinado coa Axencia de Turismo de Galicia. Serán impartidos pola Asociación de Cociñeiros da comarca e desenvolveranse no restaurante O Asador del Alba, en Barreiros.
Como todos os anos, desde o 2016, a Mancomunidade ofrece formación específica para as empresas de restauración e hostalería, que se desenvolve grazas ao convenio firmado pola Mancomunidade e a Xunta, a través da Axencia de Turismo de Galicia. A devandita formación vai dirixida este ano ao persoal de cociña co interese de fomentar o produto local.
Esta formación estará impartida pola Asociación de Cociñeiros da Mariña, que busca coa súa entidade dinamizar, promocionar...
leer másO vindeiro luns, día 19, arrinca unha nova tempada do programa Aquí?... coma de 20! que o Concello de Ribadeo leva ás parroquias.
A Área de Servizos Sociosanitarios pon en marcha unha nova edición, a sexta, destas tardes de lecer nas parroquias ribadenses. “As actividades están destinadas ás persoas que queiran compartir uns intres de lecer cos seus veciños e veciñas. Potenciaremos as relacións sociais e axudaremos a fortalecer as nosas memorias, motricidade, a participación activa na comunidade…”, explica Susana Álvarez, dinamizadora sociocultural do Concello.
Haberá tardes de lecer os luns en Vilela, en Cinxe os martes, en Rinlo os mércores, en Cedofeita os xoves e en Santalla os venres. Será en horario de 16:00 a 18:00 horas.
As tardes de lecer tamén se desenvolverán en Remourelle os luns, en...
A Aula CeMIT do Concello de Ribadeo impartirá un obradoiro gratuíto sobre o manexo de tablets. Está dirixido a persoas maiores.
A actividade, que se celebrará os días 19, 20 e 21 deste mes de novembro, está orientada principalmente a introducir ás persoas maiores no uso básico destes dispositivos, e mostrarlles as múltiples vantaxes e posibilidades que se lles abren aproveitando estas tecnoloxías ao combinar unha gran portabilidade e accesibilidade desde calquera sitio e lugar. O obradoiro desenvolverase en horario de 16:00 a 17:30 horas e terá lugar na Aula CeMIT de Ribadeo.
O número de prazas é limitado e para participar é necesario facer a pre inscrición antes do venres, día 16, na propia Aula CeMIT ou chamando ao número de teléfono 982 120 732.
A Aula CeMIT do Concello de Ribadeo...
leer másO Concello de Cervo, a través da delegación de Educación, programa novos obradoiros de motivación e reforzo para o alumnado de primaria, nesta ocasión son cursos de educación socioemocional –dirixidos aos nenos e nenas de 1º a 3º de educación primaria-; e de técnicas de estudo –para o alumnado de 4º a 6º de primaria, e de 1º e 2º da ESO-.
Os obradoiros serán impartidos pola Psicóloga Iria Díaz, na Casa da Cultura de San Ciprián.
En concreto, o programa de Educación Socioemocional bautizado como “os contos de mochil”, impartirase todos os xoves en horario de 18:00 a 19:00 horas desde o 22 de novembro ata o remate do curso escolar. Nel traballarase a autoestima, a resolución de conflitos, a empatía, a autonomía, a convivencia e abordaranse técnicas de autocontrol, entre outros aspectos.
...
leer másEste venres, 2 de novembro, ábrese o prazo para inscribirse nos cursos de natación 2019 da Escola de Natación de Xove.
O venres 2 e o luns 5 as inscricións faranse en horario de 10:00 a 14:00 horas, na Aula de Formación, e de 16:30 a 21:30 horas, na oficina da Piscina.
Os demais días, as persoas interesadas en anotarse nos cursos de 2019 da Escola de Natación poderán formalizar a súa inscrición na oficina da Piscina Municipal de Xove.
O próximo luns, 5 de novembro, remata o prazo de inscrición para participar no Taller de Teatro Infantil-Xuvenil do Concello de Cervo Teatro Pimpín.
O obradoiro dará comezo o 9 de novembro e está dirixido a nenos e nenas con idades comprendidas entre 6 e 16 anos.
As inscricións xa foron repartidas tanto nos colexios como no instituto do Concello, e tamén están dispoñibles na Casa da Cultura de San Ciprián. As persoas interesadas poden obter máis información no número de teléfono 982 59 51 57.
O Concello de Cervo programa para esta fin de semana varias actividades para o público infantil. Este sábado, 20 de outubro, ás 12:00 horas na Casa da Cultura de San Ciprián terá lugar un obradoiro no que os pequenos e pequenas poderán construír o seu propio superhéroe ou superheroína. Está dirixido a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos.
E o domingo, 21 de outubro, ás 12:00 horas na biblioteca de Cervo celebrarase un taller no que os nen@s confeccionarán unha máquina de facer debuxos animados.
O taller terá lugar no centro de Ioga “Piluca”en Burela (Rúa Arcadio Pardiñas, 165) ás 17:30 horas deste venres, 19 de outubro.
Dentro da programación de Activismos fronte ao patriacado, o Observatorio da Mariña pola igualdade organiza un Taller de Empoderamento Erótico- impartido por Mai Insua e Mari Fidalgo- no que poden participar mulleres de calquera vivencia e orientación sexual. Unha actividade novidosa na comarca da que moitas mulleres xa puideron gozar noutras cidades e vilas galegas.
Empoderase no erótico consiste en tomar consciencia daquelas influencias que nos frean e nos presionan á hora de exercer a nosa liberdade sexual. E o que se pretende neste taller, a través dunha experiencia vivencial de autocoñecemento é xerar un espazo de aprendizaxe onde potenciar os nosos sentidos, mellorar a nosa saúde...
leer más