Cursos
Kids&Us Ribadeo abre o prazo de matrícula para o curso 2019-2020 o vindeiro luns, 3 de xuño, para todos os novos alumnos interesados en coñecer a metodoloxía e o centro. Ademais organiza campamentos de verán con actividades náuticas para nenos de 3 a 10 anos que se desenvolverán nos meses de xullo e agosto en Foz e Ribadeo.
A directora do centro ribadense, Laura López Figueroa, explica que “Kids&Us organiza campamentos urbanos temáticos que ofrecen unha inmersión lingüística total para nenos e nenas de 3 a 10 anos. Este ano todos os campamentos de Kids&Us Ribadeo celebraranse fóra do centro, en colaboración con entidades deportivas, para que os nenos e nenas gocen ao máximo do verán. Do 1 ao 12 de xullo estarán en Foz participando en actividades marítimas organizadas por Maremasma e desde o 15 de xullo ata o 9 de agosto as...
leer másAs VIII Xornadas Formativas organizadas pola Fundación Imdecum, deron comezo hoxe co relatorio “O golf…xogo ou deporte?”, que correu a cargo do adestrador de golf en EEUU Eduardo Fernández Galán, que estivo arroupado polo presidente da Fundación, Marcelino Luna, e o coordinador do ciclo de TAFAD do centro, Alfonso Iglesias.
Este venres, 31 de maio, o adestrador de baloncesto do Durán Maquinaria Ensino de Lugo, Juan Nécega, falara sobre “Ensino Lugo: o reto de chegar á Liga Día. Estrutura do club e planificación no debut na categoría”. Terá lugar na Aula de TAFAD do IES Monte Castelo, a partires das 12:30 horas.
Estas xornadas rematarán o 7 de xuño coa intervención do adestrador de fútbol sala do Pescados Rubén FS, Juan Manuel Marrube, quen abordará o tema de “A práctica deportiva como formación persoal e...
leer másEl próximo 1 de julio dará comienzo en Academia A Mariña, en Burela, la séptima edición de su Escuela de Minitalentos. La inscripción ya está abierta. Su directora, Raquel Hermida, subraya que “se trata de un proyecto exclusivo y novedoso en Galicia para fomentar el talento de las niñas y de los niños. Nos centramos en dos franjas de edad Escuela A (de 3 a 6 años) y Escuela B (de 7 a 12 años) acorde con la psicología evolutiva infantil, ya que cada escuela necesita una atención especial y la forma de aprender varía según la edad. Trabajarán la lectura, la lógica, el inglés, la redacción, etc… en las actividades de refuerzo de primera hora de la mañana”.
Los horarios se adaptan a las necesidades de las familias “los asistentes pueden empezar a las 09:00, a las 10:00 o a las 10:30 de la mañana. Además desde las 08:00 hasta las 15:00 horas...
leer másA Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense pon en marcha dous cursos de formación gratuíta dirixida a axentes turísticos do territorio, en activo ou desempregados vinculados ao sector. Esta formación que se desenvolve grazas ao Convenio firmado pola Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense e a Xunta de Galicia, a través da Axencia de Turismo de Galicia, faise en colaboración co IES de Foz. Serán os docentes de Hostelería e do departamento de inglés deste centro os encargados de transmitir o coñecemento e experiencia aos asistentes.
Dende a Área de Turismo da Mancomunidade da Mariña Lucense considérase que a formación é un factor determinante na actividade do sector turístico para adaptarse a todos os cambios que se veñen producindo na sociedade en xeral e no turismo en particular. Con esta iniciativa preténdese dar unha resposta...
leer másA actividade está dirixida a persoas maiores e desenvolverase os días 13, 14 e 15 deste mes de maio. Terá lugar na Aula CeMIT en horario de 16:00 a 17:30 horas
Este curso, realizado en colaboración con Vodafone España, introducirá aos participantes no uso básico destes dispositivos e demostraralles tamén as múltiples vantaxes e posibilidades que se lles abren aproveitando estas tecnoloxías que combinan unha gran portabilidade e accesibilidade desde calquera sitio e lugar.
A Fundación Vodafone España poñerá a disposición dos asistentes 10 tabletas para que, os que non dispoñan destes dispositivos, poidan practicar durante as clases. O obradoiro será exclusivamente para tabletas co Sistema Operativo Android, non se traballará con IPads.
O número de prazas é limitado e será necesario facer...
leer másA lonxa de Burela acollerá o vindeiro xoves, 2 de maio, a presentación do proxecto 'PEQUE PEIXE', unha iniciativa da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia que ten como obxectivo formar aos nenos de 3 a 15 anos na terminoloxía mariñeira e pesqueira en galego.
No acto, que terá lugar na lonxa de ABSA en Burela, participarán 132 nenos de 7 e 8 anos de varios colexios públicos da comarca: CEIP Virxe do Carme de Burela, CEIP Fondo Nois (Foz) e CEIP Península da Paz de San Cibrao.
O evento conta coa colaboración de Armadores de Burela (ABSA), a Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo (OPP-7) e a propia Secretaría Xeral de Política Lingüística a través do seu Secretario Xeral, Valentín García.
Para este proxecto desenvolvéronse 6 unidades didácticas adaptadas a...
leer másA asociación Prestoxove organiza, coa colaboración do Concello de Xove, a XXIX edición do Curso de Música Semana Santa 2019 que se desenvolverá os días 15, 16, 17, 18 e 19 de abril.
Dirixido por Xan Carballal, será impartido polas profesoras de violín Nazaret Canosa e Rebeca Maseda, o profesor de violonchello Iván Siso e o profesor de trompa Benxamín Iglesias. O programa desenvolverase en sesións de mañá e tarde, entre as 10:00 e as 18:00 horas.
Entre as actividades previstas, o xoves 18 de abril, haberá un concerto coa participación do Coro Mestre Pacheco de Mondoñedo. Terá lugar no salón de actos do Centro Cívico de Xove, a partires das 18:00 horas.
O concerto de clausura celebrarase o venres 19 de abril, ás 18:00 horas, no salón de actos do Centro Cívico de Xove.
Acisa Ribadeo impartirá o 25 de abril un curso de redes sociais para empresas. Trátase dunha actividade gratuíta, aberta a todo o público interesado. Terá lugar no salón de actos do edificio de sindicatos (Av. De Galicia 20 – Bajo – Ribadeo) a partir das 20.30 horas.
Segundo explica o xerente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos, Jesús Pérez, “o obxectivo do curso será o de dotarnos de ferramentas para o uso das redes sociais desde un punto de vista profesional, separándoas das persoais e para sacar o máximo partido dos recursos ao noso alcance. Abordaremos contidos específicos como a linguaxe propia das RRSS, o traballo de marca dixital ou o mundo dos influencers. Ademais intentaremos aproveitar o curso ao máximo. Os interesados poderán preparar dúbidas con anterioridade para que a persoa formadora as meta no...
leer másAcademia A Mariña organiza el I Foro de Liderazgo, Motivación Personal y Profesional, que se celebrará en Burela el próximo 23 de abril. Se trata de un proyecto pionero, que por primera vez se celebra en la comarca mariñana. En el evento participarán 3 coach de alto nivel, que pertenecen al International Coaching Community. Raquel Hermida, de Academia A Mariña, explica que “es la primera vez que vienen a un evento de estas características y a esta zona”.
El I Foro de Liderazgo, Motivación Personal y Profesional dará comienzo a las 16:00 horas con la intervención de Mario López Guerrero sobre Comunicación y gestión del tiempo. A continuación Daniel Álvarez Lamas hablará sobre Cómo liderar ese animal llamado equipo. Será a las 17:00 horas. Y Marcela Parga pronunciará una charla sobre Conciliación y rendimiento laboral a partir de las 18:00...
leer más