Deportes
A IV Volta Ciclista ás Comarcas de Lugo, Desafío Volta Lugo 2018, comezará mañá, venres, coa participación de 200 corredores chegados de todo o territorio nacional e do norte de Portugal, que percorrerán 12 concellos da provincia de Lugo ao longo da fin de semana. O Goberno da Deputación é o principal patrocinador deste evento deportivo, organizado polo Club Cidade de Lugo, cunha achega de 65.000 euros, sendo xunto cos Concellos da Fonsagrada, A Pontenova e Lugo, as únicas administracións que colaboran.
Trátase daúnica volta cicloturista por etapas desenvolvida en Galicia e unha das poucas de toda a Península Ibérica.A cita desenvolverase durante a fin de semana en tres etapas, que pasarán por doce municipios da provincia: Lugo, Castro de Rei, A Pastoriza, Riotorto, Lourenzá, A Pontenova, Meira, Ribeira de Piquín, A Fonsagrada, O Cádavo,...
leer másOs días 26 e 27 deste mes celébrase o XIII Torneo de Fútbol Veterano Vila de Ribadeo. Ata a localidade acudirán 42 equipos procedentes de Reino Unido, Bélxica, Portugal e diferentes comunidades autónomas do Estado. En total serán 800 xogadores, máis os seus acompañantes, os que encherán Ribadeo a vindeira fin de semana.
O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, dixo que “este evento deportivo tan importante para Ribadeo no que unha congregación deportiva se converte no principal evento turístico e dinámico para a economía do comercio, para a economía da hostalaría local, neste vindeiro fin de semana. Precisamente nunha fin de semana na que aínda non é tempada alta en Ribadeo, pero os hoteis, os bares, os restaurantes e as rúas en definitiva se van ver cheas de 800 deportistas, acompañados quizais dos seus familiares que cheguen cando menos a...
leer másO Pavillón da Veiga acollerá o IV Torneo de Voleibol “Concello de Cervo” o vindeiro sábado 26 de maio.
A cita foi presentada no propio escenario da competición, no Pavillón da Veiga, polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil de Deportes, José Ramón Soto, e unha representación das catro categorías de voleibol que hai no seo das Escolas Deportivas Municipais do Concello de Cervo: alevín mixto, cadete e xuvenil feminino e xuvenil masculino.
Ao longo de toda a xornada xogaranse 12 partidos de xeito practicamente ininterrompido nas categorías anteriormente citadas, ata as 20:00 horas cando se prevé que sexa a entrega de trofeos e medallas.
No campionato participarán o EDM Cervo, o C.D. Aldebarán San Sadurniño e o C.V. Narón Volea.
Unha das disciplinas que...
leer másHa llegado el gran momento. El Pescados Rubén Burela FS se prepara para la madre de todas las batallas. Este viernes, recibirá al Real Betis Futsal (21.00 horas) en Vista Alegre con la victoria como única opción para seguir manteniendo vivo el sueño de regresar a Primera División, tras el 2-1 en contra en Sevilla de la semana pasada. “Es una final, no hay vuelta a atrás” decía con su habitual serenidad Juanma Marrube, con confianza absoluta en las posibilidades de la Bombonera. La cita poderá seguirse en directo por www.lnfsdirecto.es.
El eterno capitán naranja, el Mariskal, el 8 burelista, que tan bien conoce el sinfín de emociones en los play off de Vista Alegre desde la pista, vivirá su primera experiencia en el baluarte mariñano como entrenador. “Sabemos que el público de Vista Alegre es muy...
leer másLa séptima edición del Memorial Heroes do Orzán regresa con doble sede, en A Coruña y A Mariña, para inundar de futsal el comienzo estival.
El Torneo de Fútbol Sala Base en honor de los policías Rodrigo Maseda Lozano, Javier López López y José Antonio Villamor Vázquez’ arrancará en la ciudad herculina, con competición entre el 14 y el 17 de junio. En la tercera edición en A Coruña, el Memorial volverá a apostar por el deporte femenino, con las categorías Infantil y Cadete, además de prebenjamín, benjamín, alevín y Special Olympics.
La tradicional sede de A Mariña acogerá las categorías entre prebenjamín y juvenil, con torneo entre el 27 de junio y el 1 de julio, en Burela, Foz, San Cibrao, Xove y Viveiro.
Inscripción abierta
El plazo de inscripción para la sede...
leer másO Grupo de Sendeirismo da ACD Xove desprazarase á comarca dos Valles del Oso, en Asturias, o vindeiro domingo, 20 de maio.
Camiñarán primeiro pola Senda del Oso, en Santo Adriano, e despois farán a ruta do Desfiladero de las Xanas. Estes percorridos xa foron feitos polo grupo hai uns anos, pero moitos dos membros actuais nos os fixeran, e por iso decidiron repetilas ademais de por ser unhas das rutas máis fermosas que se poden facer polo norte de España.
Pola tarde o grupo irá ao Concejo de Teverga para visitar Cueva Huerta, que é a cavidade kárstica máis grande de Asturias, con preto de 15 quilómetros de galerías. Recoméndase ir provistos de casco e frontal de luz, aportados polo empresa DeporAventura, un par de guías levarán o grupo a facer "unha viaxe o centro da terra", como di a publicidade da gruta.
... leer másOs Sendeiros de Foz organiza unha ruta por Somiedo ao Pico Cornón. Será o 27 de maio, xunto á asociación Rebollín de Salas, que serán os seus guías.
A saída será ás 6:30 horas, da Praza de Galicia.
O prezo é 30 euros para os socios federados, 35€ para os socios non federados e 40 euros para os non socios. Inclúese a merenda-cea ao remate e o ingreso debe facerse en conta bancaria. Para participar é obrigatorio anotarse e pode facerse nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017, ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es. O prazo límite para inscribirse é o mércores 23 de maio.
A organización informa que o nivel de dificultade da ruta é medio, e recomenda levar equipo de sendeirismo.
Colabora con esta actividade o Concello de Foz....
leer másO Pescados Rubén Burela FS habilitará a venda anticipada de entradas para o segundo partido de play off dende o 14 de maio na sede da entidade (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entreplanta), ata completar aforo. Tras o 2-1 en contra desta fin de semana, o cadro de Juanma Marrube volverá medirse ao Real Betis Futsal o venres 18 (21.00 horas), arroupado por Vista Alegre e con Festa Laranxa dende as 19.00 horas.
Non soci@s adult@s: 10 euros
Soci@s adult@s: 5 euros
Menores de idade: 2 euros
Horario de atencion: Luns, martes e mércores (10.00-14.00//16.00-19-00)
Venres (10.00-14.00 horas)
A Casa da Cultura de San Ciprián acolleu a presentación do Campus de Baloncesto EntreNós, que terá lugar na vila entre o 1 e o 7 de xullo.
Na rolda de prensa participaron o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil de Deportes, José Ramón Soto, o presidente do CB Breogán, Jesús Lázare, o xogador do CB Clavijo, Erik Quintela –que participará activamente no Campus- e o presidente do CD San Ciprián, e club organizador, Eduardo Rubal.
Na actividade deportiva poderán participar todos os mozos e mozas nacidos entre o 2002 e o 2008 (ambos incluídos); e a inscrición permanecerá aberta ata o 25 de xuño.
O principal distintivo deste Campus é que tres xogadores en activo de primeiro nivel convivirán e adestrarán cos participantes día tras día; polo que os rapaces terán a oportunidade de compartir charlas e...
Os Sendeiros de Foz organiza unha ruta e encontro en A Pontenova o domingo 20 de maio.
A saída será ás 8:30 horas da Praza de Galicia, e o prezo é 10 euros para os socios federados, 15€ para os socios non federados e 20 euros para os non socios (xantar incluído).
Para participar é obrigatorio anotarse no e-mail-ossendeiros@yahoo.es. Máis información nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017. O prazo para inscribirse remata o mércores 16 de maio.
Os organizadores recomendan levar equipo de sendeirismo e informan que a dificultade da ruta é media.
Colabora con esta actividade o Concello de Foz.