Eventos
O Concello de Mondoñedo organiza para este sábado día 20 unha xornada de pilotaxe de drons. A actividade, de entrada libre, desenvolverase na Alameda de Mondoñedo a partir das 10:30 horas.
Beatriz Meilán, concelleira de Igualdade, Conciliación e Xuventude do Goberno local, precisa que “nunha época na que as tecnoloxías gañan peso desde o Concello de Mondoñedo queremos achegar á xente a oportunidade de coñecer e manexar os drons, polo que os convidamos a participar na xornada do sábado”.
Para todos os públicos
A xornada interxeracional de coñecemento do patrimonio con drons está subvencionada pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Política Social e está dirixida a mozos e mozas de entre 14 e 30 anos e tamén a persoas maiores que queiran descubrir o mundo dos vehículos aéreos non tripulados.
O xornalista ribadense Fabián Pérez Rego será o pregoeiro das festas da patroa 2019, segundo ven de anunciar a comisión organizadora.
Fabián Pérez naceu en Ribadeo en 1993, estudou no Colexio Sagrado Corazón e no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo Fierros. En 2011 trasládase a Barcelona a cursar a carreira de Xornalismo e dous anos de Ciencias Políticas. Desde 2015 reside en Madrid, cidade á que se desprazou inicialmente para cursar un máster.
Pasou polo diario El Progreso en A Mariña no verán de 2014 e estivo na Cadena SER en Barcelona en 2015. Actualmente traballa como reporteiro no programa Todo es mentira, de Cuatro, presentado por Risto Mejide. O seu vínculo con Mediaset non queda aí, xa que traballou durante tres anos no programa Partido a partido, emitido na plataforma Radioset e na canle Be Mad. Entre estas...
leer másA asociación de festexos A Granda organiza as festas na honra da Virxe do Carme e San Antón que se celebrarán na parroquia de Lago, no concello de Xove, os días 19, 20 e 21 de xullo.
O venres 19 ás oito da tarde no campo da fest, haberá unha gran churrascada a prezos populares á que están citados todos os xovenses e visitantes. Despois celebrarase unha verbena coa orquestra Salsarena e o grupo Arizona. A organización ten previsto aparcamentos no entorno do campo da festa.
O sábado 20 será o día dedicado á Virxe do Carme. Haberá sesión vermú co grupo Alma Latina, que tamén estará na verbena da noite co grupo Tapyoca.
O domingo 21 será o día dedicado a San Antón. Ás 13:30 horas celebrarase a misa e despois haberá procesión. Ao remate terá lugar unha sesión vermú prolongada co Trío Lembranza...
leer másOs magos Manuel Lamas e Owy presentarán o espectáculo Nada é imposible o venres, 19 de xullo, ás 12:00 horas, no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, de Barreiros.
Dirixido ao público familiar conta historias nas que mesturan efectos máxicos e humor ao tempo que interactúan cos espectadores.
A entrada será gratuíta ata completar aforo.
Organizan o Concello de Barreiros e a Xunta a través do programa Cultura no Camiño.
O complexo Regalxunqueira e Regal Cerámica organiza visitas guiadas que darán comezo o 15 de xullo. O percorrido polas instalacións do complexo inclúe a proxección dun audiovisual sobre a historia do recinto e de Regal Cerámicas, a visita á sala de exposicións, ao museo da cerámica e ao museo do coiro, así como ao bosque das esculturas, a galería de artistas invitados, aos obradoiros de Regal Cerámica e ao taller de decoración. A duración da visita é de dúas horas.
Haberá dúas visitas diarias, agás os domingos, ás 11:00 a ás 17:00 horas. O prezo da entrada é de 5 euros que se descontarán en calquera compra que se realice na tenda de Regalxunqueira. Os menores de 10 anos entrarán de balde.
As reservas poden facerse na Oficina de Turismo de Viveiro, na tenda de Regal Cerámicas de Viveiro, no correo electrónico cerá...
leer másO Deputado de Turismo en funcións, Eduardo Vidal Baamonde, xunto co alcalde de Alfoz, Jorge Val Díaz, e outros membros da corporación presentaron este luns na Torre do Castelo de Castrodouro o XXI Mercado Medieval de Alfoz, que terá lugar os días 19 e 20 de xullo na contorna da Fortaleza de Pardo de Cela.
Vidal Baamonde sinalou que “durante estas dúas xornadas miles de persoas achéganse a este concello da Mariña, para coñecer parte do noso patrimonio, paisaxe, e historia, retrocedendo no tempo ata o ano 1483, no que apresaron ao Mariscal Pardo de Cela”.
Ademais o Alcalde explicou que “este ano é o primeiro organizamos directamente o mercado desde o Concello, deste xeito garantimos a súa continuidade favorecendo así que cada ano chegue a máis xente. Convido a todos os veciños da provincia a achegarse a nosa...
leer másEste mércores, día 17, chegará a Burela a IV Travesía Navega el Camino. Máis de 30 embarcacións atracarán no porto cunhas 140 persoas a bordo, que están a facer o Camiño de Santiago por mar. A expedición saíu o pasado día 5 de xullo de La Rochelle, en Francia, e chegará a Compostela o 27 deste mes.
Os participantes na Travesía desenvolverán diversas actividades na comarca, que están financiadas polo GALP A Mariña-Ortegal. O día 17 terá lugar un Showcooking ás nove da noite na praza de abastos de Burela, a carón do porto. O bonito será o protagonista desta cita, co que se elaborarán varias preparacións.
O xoves, 18 de xullo, os navegantes levarán a cabo visitas guiadas ao mirador do Monte Castelo e á fábrica de cerámica de Sargadelos e á súa contorna. Iso será pola mañá e pola tarde achegaranse ata a nave de...
leer másA alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, participou xunto con voluntarios, na presentación do cartel do XXVIII Mercado Medieval, que se celebrará na localidade os días 9, 10 e 11 de agosto.
Como cada ano o casco histórico encherase con preto de 150 postos de artesanía, alimentación, ambientación e levaranse a cabo numerosas demostracións de oficios tradicionais e espectáculos de animación que deleitarán aos asistentes.
A alcaldesa, Elena Candia, anunciou que, como cada ano, presentarán esta feira medieval en varias vilas e cidades entre as que se atopan, entre outras, Ribadavia (onde se celebra a coñecida Festa da Istoria) ou Santiago de Compostela, cidade na que haberá un pequeno espectáculo.
Nos vindeiros días darase o Concello de Mondoñedo dará a coñecer a programación completa deste...
leer másA XII edición do Mercado Renacentista de Viveiro celébrase dende este xoves 11 de xullo ata o domingo 14.
A apertura do mercado será ás 11:00 horas. Hoxe ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz terá lugar o concerto que ofrecerá Lucus Ensemble, titulado O son do tempo.
Haberá visitas teatralizadas nas que Juan Ares realiza o percorrido contextualizando o patrimonio e os feitos históricos da vila nos tempos de Carlos V. O venres terá lugar ao remate do acto de benvida, e o sábado e domingo ás 11:00 horas.
Ademais o venres haberá xogos tradicionais nas inmediacións dos Castelos, entre as 18:00 e as 20:00 horas. A partir das 21:00 h., terá lugar o gran desembarco coa representación da chegada de Carlos I de España e V de Alemaña á praia de Covas. Posteriormente haberá unha exhibición de xustas...
leer másO quinto número de A Gaceta Ribadense, o xornal que se edita con motivo do Ribadeo Indiano, xa está na rúa desde hoxe, mércores.
A sexta edición do Ribadeo Indiano, que se celebra esta fin de semana, desde o venres 12 ata o domingo 14, está dedicada a Cuba. Este país, ao que emigraron naquela época moitas persoas desta zona, tamén ten un gran protagonismo na publicación, que neste quinto número aumentou o número de colaboradores e conta con 32 páxinas e unha tirada de 4.000 exemplares.
Nesta gaceta inclúese o programa de actos do Ribadeo Indiano e poderán ler artigos de novas firmas (Celia Castro, Carlos Arévalo, Álvaro Doural e Juan Fernández Andina) así como doutras que xa participaron en números anteriores: Antonio Fernández, Carlos Álvarez Lebredo, Pablo Rodríguez (Vivín), María José Fernández Azpeitia, Carmen...
leer más