Eventos
O Concello de Cervo programa o tradicional desfile de Entroido, para o martes, 5 de marzo.
Así o anunciaron o rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Cultura, Dolores García Caramés, durante a presentación do evento, na que tamén estiveron presentes representantes do Centro de Iniciativas Turísticas (C.I.T.), que se encarga de organizar a Comida de Entroido; de A Rebolaxe, que venderá os bolos preñados, e da Protectora de Animais Coletiñas, que tamén anunciaron o seu Carnaval Coletudo, que terá lugar o venres, 1 de marzo, na Casa do Mar de San Ciprián.
O desfile de San Ciprián partirá ás 18:00 horas da carpa instalada na Praza dos Campos, e os disfraces percorrerán a Avenida da Mariña, chegarán ata a Ría e ata o Pedregal, para rematar no punto inicial.
A Charanga Os Macanudos amenizará a...
leer másO 3 de marzo darán comezo as actividades de Entroido organizadas polo Concello de Burela. Ás 17:00 horas sairá o desfile desde a rúa do Ril. Haberá premios nas seguintes categorías: Individual Infantil con 90€ para o 1º e 40€ ao 2º; Adulto Individual con 120€ para o 1º e 50€ ao 2º; Parella Infantil con 100€ para o 1º e 60€ ao 2º; Adulto Parella con 150€ ao 1º e 100e ao 2º; Grupo Infantil con 200e para o 1º, 100€ ao 2º e 50 e ao 3º; Adulto Grupo con 250€ ao 1º, 150€ ao 2º e 100€ ao 3º; e Carrozas e Charangas e Comparsas con 500€ para o 1º e 250€ ao 2º, en ambos casos.
Ese domingo 3 haberá DJ e chocolatada gratuíta, na carpa instalada na praza do Concello.
O luns, 4 de marzo, celebrarase un taller infantil de cociña de entroido, na praza de abastos. Os nenos e nenas interesad@s teñen que anotarse na Oficina de Medio...
leer másO luns de Entroido, 4 de marzo, celebrarase unha festa infantil no recinto feiral de Lourenzá. Será desde as 17:00 ata as 20:00 horas con entrada gratuíta. Haberá actuacións de Galimatías Os cómicos da rúa, chocolatada e actuación do Dj Billy.
Tamén ese luns, pero a partir das 23:00 horas terá lugar un baile de carnaval. O prezo da entrada será de 7 euros (con 1 consumición). Actuará o Grupo Fénix e Dj Billy. Ás 1:30 horas celebrarase o desfile e haberá premios en Individual de 50€ para o 1º, 35€ ao 2º e 25€ ao 3º; Parella con 80€ para o 1º, 60€ ao 2º e 30€ ao 3º; e para Grupos con 120€ para o 1º, 80€ ao 2º e 60€ ao 3º.
Organiza a ACIAL coa colaboración do Concello de Lourenzá.
A parroquia de Cervo celebrará o seu Entroido o domingo 3 de marzo; pero xa o sábado 2, como antesala do Gran Desfile, terá lugar o tradicional Play Back Infantil, ás 18:30 horas, no salón de actos do Concello.
A cita foi presentada polo rexedor, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, e por Rafa Blas e Carlos Sanz, en representación de Airiños do Xunco.
Os participantes deberán concentrarse o domingo 3 de marzo, ás 17:00 horas, no Pavillón de Cervo para formalizar a inscrición no desfile.
Xa ás 18:00 horas está prevista a saída do mesmo polas rúas de Cervo. A continuación terá lugar a entrega de premios aos mellores disfraces individuais, parellas, grupos e comparsas; que recibirán figuras de cerámica de Sargadelos e cestas de produtos típicos de Entroido.
... leer másA comisión organizadora das festas patronais de Burela anima á veciñanza a enviar fotos e textos sobre estes festexos. Os mellores formarán parte do libro deste 2019.
Desde a comisión explican que “o que lle pedimos á xente do noso pobo é que nos envíen fotos das festas patronais de Burela e tamén os animamos a escribir voluntariamente un texto, cun máximo de 400 palabra, sobre as festas ou sobre a nosa vila”.
Este material debe remitirse por correo electrónico a comisionfestasburela@gmail.com ou vía mensaxe privada ao facebook das festas patronais burelesas. O prazo de envío remata o 15 de abril.
A comisión organizadora subliña que “entre todas as fotos e os textos que recibamos nas vindeiras semanas elixiremos as mellores para seren...
leer másA Delegación de Cultura de O Valadouro organiza as actividades do Entroido que se desenvolverá dos días 3 ao 9 de marzo, en colaboración coa asociación cultural Amado Lar.
O 3 de marzo celebrarase o desfile de Entroido, a partires das 17:00 horas. A saída será do parque Concepción Arenal, pola praza ata o pavillón, e haberá a actuación musical do Dúo Merengue. As inscricións poden facerse na Casa da Cultura entre o 25 de febreiro e o 2 de marzo, e tamén o mesmo día do desfile no local social do parque Concepción Arenal.
Haberá premios nas categorías: Infantil Individual de 100€, 70€ e 50€; Infantil Parella de 120€, 90€ e 50€; Infantil Grupo de 200€, 150€ e 100€; Adulto Individual de 150€ e 100€; Adulto Parella de 170€ e 120€; e Adulto Grupo de 300€, 200€ e 150€.
O 5 de marzo será o...
leer másA Concellería de Cultura organiza o Festival Infantil do Entroido 2019 o 3 de marzo. A festa terá lugar no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro entre as 17:30 e as 20:15 horas.
Haberá un desfile infantil de disfraces con agasallos, bailes en grupo, xogos máxicos e photocall. Desde o Concello advirten que “nas actividades os menores deberán estar acompañados dun responsables desa rapaza ou rapaz”.
Os números de dinamización e maxia correrán a cargo de Chrystyan Magic. No Festival Infantil do Entroido 2019 en Barreiros tamén participarán Os Cabezudos.
O Goberno local do Concello de Mondoñedo vén de iniciar con numerosas actividades o ‘Servizo Actívate’ nos locais sociais das parroquias.A rexedora, ElenaCandia, explica que o Goberno local “aposta así por achegar as actividades ao rural e polo adecentamento dos locais sociais, de maneira que xa se arranxaron varios”.
As actividades, todas elas de baldefinanciadaspolo Goberno local, desenvolveranse de luns a sábado en horario de tarde entre os meses de febreiro e maio e pretenden ser unha alternativa de entretemento para os veciños das diferentes parroquias da localidade onde se impartiránclases de cociña, manualidades e ximnasia de mantemento.
Candia explica que dende a administración local “temos en conta tamén o rural do noso municipio” e, polo tanto, “deseñamos un proxecto de dinamización social que conta con...
leer másO Concello de Barreiros colabora co CF CeltaBarreiros e as charangas Os Macanudos e Habelas Hainas na organización da II Festa do Cocido que se celebrará o vindeiro sábado, 23 de febreiro. Terá lugar no polideportivo de San Cosme e dará comezo ás 21:30 horas.
O menú consistirá en sopa de cocido, cocido, postre, viño, auga, refrescos, pan, café e chupito. O prezo é de 20 euros para os adultos e de 10 euros para @s nen@s de ata 10 anos. A cea será servida polo cátering Chao dos Navais e o baile estará amenizado pola discoteca móbil Eventec. Ademais haberá sorteo de grandes premios.
As persoas interesadas en asistir a esta festa poden facer as súas reservas nos números de teléfono: 659 392 666 (Manolo), 667 316 459 (Demelsa) ou 609 575 536 (Iria).
No evento colaboran ademais do Concello os restaurante O Asador...
San Ciprián acollerá o 13 de abril a VI Foliada Nordestía cun programa completo e variado pensado para todos os públicos.
A cita, organizada por A Rebolaxe e que conta coa colaboración do Concello de Cervo, foi presentada pola edil de Cultura, Dolores García Caramés, e por varios membros deste grupo.
O programa comezará ás 12:30 horas con Cantos de Taberna, ás 15:15 horas está previsto un xantar popular e xa pola tarde haberá xogos infantís e un obradoiro de baile.
Como broche de ouro da xornada, ás 21:30 dará comezo o Festival que contará coa actuación dos grupos A Rebolaxe, Son do Xabre, Os Carecos e A Compañía o Ruído; non faltarán os callos e a queimada.
O Concello de Cervo convida á veciñanza e ás persoas visitantes a gozar dunha xornada única na que a...
leer más