Eventos

Etiquetas:
11/09/2019

Cervo celebrará a festa na honra da Virxe das Dolores os días 21 e 22 de setembro.

O sábado 21 ás doce do mediodía prepararase a alfombra floral e comezará a sexta edición da Festa Popular dos Callos, que estará amenizada por DJ FDB. E ás dez da noite empezará a verbena na que actuarán a orquestra Ritmo Noche e Mayel Trío.

O domingo ás 13:00 horas celebrarase misa solemne cantada polo coro parroquial e a continuación haberá procesión acompañada da Banda TAU de Viveiro. E ás 14:00 horas empezará a sesión vermú prolongada, amenizada polo grupo Puzzle.

 

Etiquetas:
10/09/2019

Dos días 13 ao 16 de setembro celébranse en Mondoñedo as festas patronais da Virxe dos Remedios. 

A ofrenda este ano correrá a cargo do Concello de Ribadeo e terá lugar o domingo 15. Como é tradición, unha representación do Concello de Ferrol desprazarase a Mondoñedo para asistir a unha nova edición da ofrenda á patroa diocesana.

No programa de festexos figuran a IX Xuntanza de Cantos de Taberna e o Mercadillo dos Remedios ademais do II Desfile co Traxe Tradicional.

O venres 13 haberá a actuación de DJS no Camiño. O sábado14 encargaranse da parte musical as orquestras Zafiro e Israel; o domingo 15 as orquestras Galilea e Finisterre; e o luns 16 o grupo Trébol.

Tamén no apartado musical, intervirán a Banda de Música Pascual Veiga de Mondoñedo, o grupo de jazz da...

leer más
Etiquetas:
10/09/2019

A Concellería de Cultura organiza o último rastrillo popular solidario do ano, que terá lugar este domingo, 15 de setembro. Será na Praza da Mariña entre as 10:00 e as 15:00 horas.

Neste mercadiño poderán atoparse artigos de segunda man, desde libros ata pezas de artesanía, pasando por discos, roupa, accesorios e decoración. Os produtos que se porán á venta terán prezos populares.

As persoas interesadas en participar terán que aportar un quilo de produtos non perecedeiros que se destinarán ao banco de alimentos. 

 

Etiquetas:
09/09/2019

O 5 de outubro, sábado, ás 12 do mediodía Manuel Román Ramos, coñecido popularmente en Lourenzá como Manolo de Cartas, será o encargado de ler o pregón da XXIX Festa da Faba.

Manuel Román, mestre xubilado, é un estudoso da historia do seu concello. No ano 2001 publicou un libro homenaxe a Francisco Fernández del Riego, Vivir unha vida, e anos máis tarde unha reedición ampliada titulada Lume aceso. Ten numerosos estudos publicados e inéditos sobre a orixe do mosteiro de San Salvador, a figura do Conde Santo, a toponimia e o nacemento do concello de Lourenzá. É un asiduo colaborador e relator nas xornadas de historia local que organiza cada ano o Concello.

O concelleiro de cultura, Manuel Arango, destacou que “é un luxo que Manuel Román aceptara ser o pregoeiro nesta edición da Festa da Faba”.

 

Etiquetas:
04/09/2019

A axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza excursións para os días 14 e 15 deste mes, sábado e domingo, a Portugal e a Muxía respectivamente.

O sábado 14 a viaxe será as localidades portuguesas de Vilanova de Cerveira e Valença do Minho, que son famosas polos seus mercados. A actividade con desprazamento en autocar, almorzo e seguro de asistencia de viaxe ten un prezo é de 35 euros por persoa. E con comida incluída custa 45 euros por persoa.

E o domingo 15 a excursión será á festa romaría da Virxe da Barca, en Muxía, evento declarado de interese turístico nacional. Esta actividade inclúe desprazamento en autocar, almorzo, comida e seguro de asistencia de viaxe e ten un prezo de 40 euros por persoa.

Para a reserva de prazas nestas...

leer más
Etiquetas:
03/09/2019

A Concellería de Cultura presentou a súa programación para este mes de setembro que inclúe diversas actividades infantís e a celebración do último rastrillo popular solidario que terá lugar este ano e que se celebrará o día 15.

Este venres, día 6, ás 19:00 horas inaugurarase unha exposición de pintura de Carmen Prado, titulada Novos Personaxes. A mostra permanecerá no auditorio municipal ata o día 27 de setembro.

O domingo 15 celebrarase o último rastrillo popular solidario deste ano. Terá lugar na praza da Mariña de 10:00 a 15:00 horas. As persoas interesadas en participar xa poden inscribirse chamando á Casa da Xuventude ou ao número 608 158 170.

O sábado 21 o contacontos Caxoto presentará Conto para escoitar mentras bailamos un valse. Será ás 18:00 horas no auditorio municipal e...

leer más
Etiquetas:
01/09/2019

El Concello de Viveiro organiza un programa de visitas guiadas gratuitas para el mes de septiembre que dará comienzo el lunes, día 2. 

Las inscripciones se realizarán, de forma presencial, en la Oficina de Turismo y para las visitas en el Vivertren el plazo se abre el mismo día a las 10:30 horas. Las salidas serán desde la propia Oficina de Turismo a las 16:30 horas y las plazas son limitadas.

El lunes, 2 de septiembre, el Vivertren se desplazará hasta el Cargadoiro da Insua. El martes 3 la visita recorrerá el casco histórico, al igual que los días 8, 10, 15 y 17. El miércoles 4 está programada una visita al paseo peatonal del río Landro, así como el día 20. El día 6 se realizará una visita al complejo RegalXunqueira, al igual que los días 11 y 18.

El  9 de septiembre el Vivertren...

leer más
Etiquetas:
28/08/2019

Co pregón que pronunciará o xornalista ribadense Fabián Pérez Rego este sábado, 31 de agosto, darán comezo as festas patronais de Ribadeo 2019. Será ás 20:30 horas no Teatro. E no mesmo intervirán o presidente da comisión organizadora, Juan José Otero, e o alcalde, Fernando Suárez. O acto será conducido pola xornalista Carmen Cruzado.

O pregoeiro Fabián Pérez naceu en Ribadeo en 1993, estudou no Colexio Sagrado Corazón e no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo Fierros. En 2011 trasládase a Barcelona a cursar a carreira de Xornalismo e dous anos de Ciencias Políticas. Desde 2015 reside en Madrid, cidade á que se desprazou inicialmente para cursar un máster.

Pasou polo diario El Progreso en A Mariña no verán de 2014 e estivo na Cadena SER en Barcelona en 2015. Actualmente traballa como reporteiro no programa Todo es...

leer más
Etiquetas:
28/08/2019

A parroquia de Rúa celebrará o vindeiro sábado, 7 de setembro, a Festa da Malla, organizada pola Asociación de Veciños de Rúa Candelaria, coa colaboración do Concello de Cervo.

A cita foi presentada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil de Turismo, David Rodríguez, e por varios membros da Asociación de Veciños.

A Festacomezaráás 10:00 horas con paseos a cabalo e unha ruta de sendeirismo. Xaao mediodía o GrupoVivarium será o encargado da sesión vermú.Ás 14:00 horashaberá un xantara cargo de Chao de Brea que será de balde para os nenos de ata 5 anos, 10€ terán que pagar os pequenos de 5 a 10 anos, e 20 euros os maiores de 10 anos.

Pola tarde, ás 17:00 horas,haberáxogos populares, seguidos da Malla que está prevista para as 18:30 horas. Ao remate venderanseracións de empanada e...

leer más
27/08/2019

O Concello do Valadouro organiza as Festas do Oito que darán comezo o 7 de setembro cunha xornada que estará patrocinada por locais hostaleiros, comerciais e polo propio Concello. Ese día ás 14:30 horas haberá sesión vermú co grupo Café Olé; ás 16:30 horas parque infantil con Diverneno; e ás 22:30 horas celebrarase a verbena con Café Olé, Los Alcántara e discoteca móbil Decibelios.

O domingo, 8 de setembro, ás 12:30 horas terá lugar a misa solemne na honra de Santa María; ás 14:30 horas haberá sesión vermú amenizada polo grupo Fénix; ás 20:00 horas presentarase o espectáculo de maxia Maxia de catro a catro co mago Pedro Bugarín, no salón de actos da Casa da Cultura; e ás 22:30 horas haberá verbena co grupo Fénix e Nazaret.

Xa o luns, 9 de setembro, ás 11:00 horas terá lugar o pasacalles coa banda de música Ars...

leer más