Eventos
A axenda cultura do primeiro trimestre de 2019 en Ribadeo inclúe charlas, teatro, cine, danza, música e unha chea de actividades para os máis pequenos e pequenas dentro do denominado programa Apego. As compañías Chévere e Contraproduccións pasarán pola vila estes meses e coa gaiteira Susana Seivane o Concello renderalle homenaxe a Rosalía de Castro.
A obras de Suso Peña protagonizará as portadas das catro axendas trimestrais de Ribadeo este ano. O concelleiro de Cultura, Farruco Graña, explicou que “queremos homenaxear ao noso artista universal nesta ocasión. Haberá máis actos referidos a el, pero queremos comezar esta axenda cunha imaxe de Suso Peña, que evoca moi ben a época na que estamos”.
O edil nacionalista dixo que “unha vez máis convidámolos a seguir a nosa programación cultual trimestral, que...
leer másO Concello de Lourenzá organiza a primeira edición dun campionato de chinchón.
Os interesados en participar deben inscribirse na biblioteca municipal. O prazo remata o día 31 deste mes.
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, está a desenvolver unha campaña para sensibilizar á comunidade infantil na necesidade de reciclar os aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE), e con este fin visitará cinco centros educativos lugueses ao longo desta semana.
O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que esta iniciativa, enmarcada na campaña xeral ‘O que se enchufa recíclase’ busca sensibilizar aos máis cativos na necesidade de realizar un tratamento axeitado deste tipo de residuos
A actividade desenvolverase no CEIP San Xoán de Becerreá e no CEIP Plurilingüe de Monterroso (día 8 de xaneiro); no CPI Ramón Piñeiro de Láncara (día 9 de xaneiro); e, finalmente, no CEIP Virxe do Carme de Burela e no CPR Pluringüe Martínez Otero de Foz (día 10 día de xaneiro)
... leer másEn San Ciprián a saída da Cabalgata será ás 17:30 horas do Pavillón da Veiga. Percorrerá as rúas da vila ata chegar ao auditorio da Casa da Cultura. Alí os Reis recibirán a todos/as os/as nenos/as.
E en Cervo a saída da Cabalgata está prevista para as 19:30 horas. Percorrerá as rúas da vila ata chegar ao salón de actos do Concello. Alí recibirán a todos/as os/as nenos/as. A continuación, o grupo de teatro O Bordelo estreará a súa obra "Toluras de proveito".
Dentro do Programa de Nadal deste ano, un dos seus pratos fortes vai ser a CABALGATA DE REIS mañá 5 de xaneiro. Os Reis pensaron “ano novo vida nova” e decidiron este ano estrear carrozas en Xove. Pois ben, os Reis virán este ano nunhas relucientes e espectaculares carrozas ao noso Concello para facer a delicia de grandes e maiores.
Antes do GRAN DESFILE, mañá sábado pasarán, sobre as 18:00 horas, a facer unha visita a tódolos residentes da Residencia San Bartolomé de Xove, levándolles un pouco de ledicia e ilusión aos nosos velliños.
Ás 19:00 horas comezará o GRAN DESFILE onde estrearán as novas carrozas. Sairán os Reis dende as inmedicións do Campo de Fútbol de Xove, continuarán pola rúa Acceso Grupo Escolar para chegar á Avenida Deputación, por donde seguirán un bó tramo ata cruzar á dereita por Doutor...
leer másA ANPA do CEIP Castro do Ouro de Alfoz organiza a Cabalgata de Reis que terá lugar o sábad, 5 de xaneiro, e que sairá da Casa da Cultura ás 15:45 horas.
A comitiva real visitará a vivenda comunitaria ás 15:50 horas, e posteriormente parará na igrexa das Oiras, na igrexa do Pereiro, na capela do Santiago e na escola da Pinguela. Ás 16:45 horas visitará o campo de fútbol, e despois deterase en Reirado ás 17:10 horas, en Vilaude ás 17:20 h., na igrexa de Bacoi ás 17:35 horas, no Trece ás 17:45 h., na igrexa de Carballido ás 17:55 h. e na igrexa de Adelán ás 18:10 h. A cabalgata dos Reis Magos de Oriente visitará ademais o Castelo ás 18:25 horas, parará na Seara ás 18:45 h. e ten prevista a chegada ao pavillón ás 18:55 horas. A organización informa que os horarios previstos son aproximados.
No pavillón municipal, a...
leer másUn carteiro real recollerá durante mañá, 3 de xaneiro, e o venres, día 4, as cartas e debuxos que lle entreguen os nenos e nenas para participar no concurso Queridos Reis Magos.
No certame poderán participar todos os nenos e nenas que o desexen con idades comprendidas entre 0 e 12 anos. Desde a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos animan aos nenos e nenas a participar nesta cita e a levar as súas cartas e debuxos ao carteiro real que estará os 3 e 4 de xaneiro no Teatro, en horario de 12:00 a 14:00 horas polas mañás e de 17:00 a 20:00 horas polas tardes.
Cada participante deberá entregar o seu debuxo ou carta orixinal realizado con calquera material ou técnica. O debuxo presentarase nunha folla de papel de tamaño A4 o DIN A3. Para identificar os traballos terán que levar escrito o nome do...
leer másO Concello de Barreiros continúa coa súa programación de Nadal cunha actuación teatral que terá lugar este xoves, día 3, e a cabalgata de reis e o nacemento vivente que se celebrarán o sábado, 5 de xaneiro.
O grupo Palimoco Teatro representará Queres que cho conte?. A obra, dirixida ao público familiar, será no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, en San Cosme de Barreiros, ás 12:00 horas. Esta actuación está incluída no programa Nadal pola Provincia, que desenvolve a Deputación de Lugo.
O sábado, 5 de xaneiro, ás oito da tarde terá lugar a apertura ao público do nacemento vivente. E celebrarase a tradicional cabalgata de reis. A comitiva chegará ao centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro arredor das 20:15 horas.
Todas estas actividades están organizadas pola Concellería de...
leer másO Concello de Cervo organiza este mércores, 2 de xaneiro, unha festa acuática infantil.
O horario será desde as 17:00 ás 19:00 horas e terá lugar na piscina de Lieiro, en San Ciprián. A entrada é gratuíta.
Os nenos e nenas ata 7 anos terán que ir acompañados de pai, nai ou titor/a. Os nen@s, ata 10 anos, que non saiban nadar tamén é obrigatorio que vaian acompañad@s por pai, nai ou titor/a.