Eventos

Etiquetas:
16/10/2018

As Feiras e Festas máis antigas de Galicia foron presentadas hoxe en Santiago, na aula Gastrocultural da Praza de Abastos, rematando así coa súa difusión nas cidades que formaban o Antigo Reino de Galicia. No acto participaron o presidente da Asociación As San Lucas, Miguel Souto, a rexedora, ElenaCandia, e o alcalde de Santiago, Martiño Noriega. As San Lucas arrancan mañá cun amplo programa de cinco días no que se mestura tradición e modernidade.

Tanto a rexedora como o presidente da Asociación animaron a todos os asistentes a achegarse a Mondoñedo para desfrutar das San Lucas, “unha cita xa consolidada que cada ano congrega a un maior número de asistentes”.

Programa
O programa, que pretende chegar a todos os públicos combinando tradición e modernidade, desenvolverase entre o mércores día 17 de outubro e o...

leer más
Etiquetas:
15/10/2018

O Concello de Cervo, a través da delegación de Sanidade que dirixe Mali Méndez, organiza diversas actividades con motivo do Día Mundial contra o Cancro de mama, que ten lugar cada 19 de outubro.

Méndez explicou que o venres terá lugar unha mesa redonda na Casa da Cultura, ás 18:00 horas, na que participarán o fisioterapeuta Aladino Fernández e a psicóloga da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) na zona da Mariña, Carmen Rubiños.

O domingo, 21 de outubro, terá lugar unha andaina popular. Será ás 17:30 horas e o punto de encontro é o peirao de San Ciprián. A continuación haberá unha clase de zumba aberta a todo o público na Casa do Mar.

As persoas participantes nas actividades poden aportar o seu donativo para a loita contra esta enfermidade dirixido á Asociación Española contra o...

leer más
Etiquetas:
15/10/2018

A axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha excursión ás feiras e festas de As San Lucas, en Mondoñedo. Será este xoves, día 18 de outubro, que é o día grande dos festexos.

A actividade inclúe a viaxe en autocar por 6 euros, 3 pola ida e outros tantos pola volta. A saída esta programada para as 10:00 horas desde a estación de autobuses de Ribadeo e fará paradas para recoller participantes en Vilaframil, A Devesa, Santiago de Reinante, San Miguel de Reinante, San Pedro de Benquerencia, San Cosme de Barreiros, Celeiro de Mariñaos, Vilamar e Lourenzá. A volta desde Mondoñedo está prevista para as 18:00 horas.  

Para máis información os interesados deben dirixirse á axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-...

leer más
Etiquetas:
14/10/2018

A cita foi presentada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil de Deportes, José Ramón Soto e por Félix Fernández, quen colabora desinteresadamente e que leva ao fronte do campionato dende os seus inicios.

A cita, xa máis que consolidada adoita reunir a un centenar de xogadores.. 

Tal e como apuntaron as partidas xogaranse nos diferentes locais hostaleiros e sedes de clubs, asociacións., etc, do Concello que desexen participar, formando equipos de catro parellas.

As partidas ou enfrontamentos realizaranse por sistema de liga, é dicir todos contra todos, a dobre volta, en cada un dos locais que establezan os equipos participantes.

As inscricións deberán formalizarse antes do 17 de outubro na Casa da Cultura, no Concello, ou a través do teléfono 686.970.388...

leer más
Etiquetas:
10/10/2018

A asociación Cabaleiros do Landro de Viveiro organiza o sábado, 13 de outubro, a 1ª Ruta Cabalar de Viveiro.

A saída terá lugar ás 10:00 horas da explanada dos pavillóns polideportivos e á metade da ruta os participantes degustarán uns pinchos no monte San Roque.

A comida será no pavillón Antonio Tarrío e, servida por Galipizza, estará composta de callos, meixela, tarta xeada, café e chupito ao prezo de 20 euros (para os nenos ata 6 anos será gratuíta, e de 7 a 12 anos pagarán a metade). Haberá música en directo e os nenos e nenas disfrutarán de colchonetas.

Todo xinete farase cargo dos danos que poida ocasionar o seu cabalo. A reserva terá que realizarse antes do 10 de outubro nos números de teléfono: 678 069 886 (Adri), 600 968 204 (Normandy), e 660 985 747 (Sonia).

 

Etiquetas:
09/10/2018

O Concello de O Valadouro organiza o vindeiro sábado, 13 de outubro, a XXXI edición da Feira do Mel.

O programa dará comezo ás 10:00 horas, coa a apertura dos postos de mel e artesanía. De 10:00 a 14:00 horas haberá un programa de promoción de artesanía cun obradoiro de instrumentos musicais. Ademais Ecoembes desenvolverá a campaña Separar con xeito.

Ás 14:00 horas terá lugar o sorteo de produtos e material apícola. Entre as 15:00 e as 19:00 horas haberá inchables, globoflexia e pintacaras. Ás 18:00 horas ofrecerase unha degustación de freixós con mel e ás 19:00 horas clausurarase a Feira. A animación musical da xornada correrá a cargo do grupo de música tradicional O Xogaral de Burela.

As actividades rematarán cunha conferencia sobre a velutina, titulada Apicultura, Ciencia e Control. Os...

leer más
Etiquetas:
09/10/2018

Varias representacións teatrais, concertos e actividades en torno ao Samaín terán lugar ata finais de ano dentro da programación cultural do Concello de Ribadeo para este outono. 

O edil de Cultura, Farruco Graña, anunciou que “o que nos convoca para o fin de semana que ven é a décimo sexta Mostra de Teatro Afeccionado Daniel Cortezón. Xa haberá cumprida información máis polo miúdo sobre este acto, pero queremos destacar que ten un formato novo este ano. Está dedicado ao teatro infantil e vaise prolongar durante tres domingos no mes de outubro, os días 14, 21 e 28. Tamén nos visitarán os títeres Cachirulo coa súa obra A cabeza do dragón, vai ser para celebrar o Día da Biblioteca. Este acto, que será o 20 de outubro, obviamente vaise celebrar na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho”.

O concelleiro nacionalista...

leer más
Etiquetas:
08/10/2018

Mariña Patrimonio organiza un roteiro polo patrimonio civil e relixioso de Viveiro. Será o vindeiro sábado, 13 de outubro.

Nesta visita contarase coa colaboración de Carlos Nuevo e percorreranse os edificios relixiosos das igrexas de Santa María e San Francisco, o casco histórico da vila e a contorna de Chavín. O horario será de 10:00 a 14:00 horas, e de 16:00 a 19:00 horas.

As persoas interesadas deben comunicalo con anterioridade (data límite este luns 8 de outubro). O mércores 10 informaráselles do importe da actividade, en función das opcións elixidas.

O prezo para os socios é 3 euros e para os non socios 13€. En ambos casos serían 15€ co xantar.

 

07/10/2018

A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, o presidente do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA), Francisco López Valladares, e o presidente da asociación cultural “As San Lucas”, Miguel Souto, presentaron na Praza do Concello o Mercado de Agricultura Ecolóxica certificada que se situará no mesmo lugar da presentación durante os días que dure a feira máis antiga da Comunidade.

Deste xeito, na localidade mariñana daranse cita produtores desta especialidade, que ofrecerán aos visitantes 25 produtos, incluídos nesta denominación, e que se poderán visitar e mercar en seis casetas de madeira diferentes. O presidente do Consello Regulador agradeceu á comisión organizadora e ao Concello a posibilidade de participar na cita festiva, ao tempo que puxo en valor a importancia e a incidencia que ten estetipo agricultura no rural...

leer más
Etiquetas:
06/10/2018

A Delegación de Cultura do Concello de Foz acaba de abrir o prazo para presentarse a Raíña ou Rei do Entroido 2019.

Os aspirantes deben ser maiores de 18 anos e teñen que entregar a documentación nas dependencias da Concellería de Cultura de Foz, que están na Casa do Concello. O prazo de presentación rematará o 6 de novembro de 2018 e poden obter máis información chamando ao número de teléfono 982.140.027.

A documentación a presentar son os datos persoais das/os que se presenten á elección, dúas ou máis fotografías recentes e unha breve exposición breve dos motivos polos que lles gustaría ser Raíña ou Rei do Entroido de Foz.

A cea de coroación da raíña ou rei do Entroido de Foz 2019 será o sábado 16 de febreiro.