Eventos

Etiquetas:
20/06/2018

O Concello de Burela deu a coñecer as Xeorutas que se desenvolverán durante o verán. Darán comezo o 26 de xuño e rematarán o 16 de setembro. A novidade desta edición é que serán tres as Xeorutas, que se poderán facer en grupos de 20 persoas: a da Marosa e do Perdouro, que se poñían en marcha en 2016, e a do Cantiño que empeza agora. As Xeorutas foron presentadas este mediodía polo alcalde de Burela, Alfredo Llano, e os concelleiros de Turismo e Medio Ambiente, Ramiro Fernández Rey e Noelia María Ben.

O edil de Turismo salientou que “como novidade este ano imos contar cunha ruta xeolóxica a maiores, que vai ser a do Cantiño onde tamén temos formacións rochosas que son moi interesantes e moi dignas de ver”.

Ramiro Fernández dixo que “seguimos apostando por unha fórmula que nos está funcionando moi ben desde que a...

leer más
20/06/2018

A Delegación de Servizos Sociais do Concello de O Valadouro presenta o programa LudiVerán 2018 con actividades para nenos e nenas que se desenvolverán durante os meses de xullo e agosto.

O número de prazas é limitado, e poden participar os nenos e nenas nacidos entre 2006 e 2014. O prazo de inscrición rematou o 19 de xuño.

O programa LudiVerán 2018 desenrolarase do 2 de xullo ao 31 de agosto, en horario de 10:00 a 13:00 horas, no CEIP Santa María do Valadouro.

A publicación da lista de admitidos terá lugar o 22 de xuño na porta principal da Casa da Cultura.

 

Etiquetas:
20/06/2018

Dentro do amplísimo  programa de actividades programadas polo Concello para este verán, “Xove Concilia Verán“ vai ser  o primeiro posto a andar.  Ata o momento están inscritos 57 nenos/as de 4º de Infantil ata 4º de Primaria, número que esperamos incrementar xa que ata o 22 de xuño inda está aberta a inscrición.

Este Programa, subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade  da Xunta de Galicia e polo Fondo Europeo 2014/2020, vai arrancar o próximo luns 25 de xuño con todo tipo de actividades; estas vanse realizar, no Salón de Actos do Centro Cívico, sempre pola mañá en horario de 9:00 a 14:00 h., non descartándose algunha saída exterior aproveitando os mellores días de bo tempo.

A posta en marcha deste Programa incide na INTEGRACIÓN DA VIDA LABORAL E ESCOLAR, aproveitando que os nenos/as que participan están en...

leer más
Etiquetas:
19/06/2018

A axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha excursión a San Andrés de Teixido e A Coruña, con visita ao centro comercial Marineda City. Será o día 7 de xullo, sábado.

A actividade inclúe o desprazamento en autocar, o almorzo, a comida e o seguro de viaxe. O prezo é de 30 euros por persoa. 

Para a reserva de prazas desta excursión hai que dirixirse a axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou ben chamar aos teléfonos 676.44.54.65 ou 982.87.74.70.

 

19/06/2018

A Delegación de Cultura do Concello de O Valadouro organiza o Folión de San Xoán na noite do sábado, 23 de xuño.

A festa dará comezo ás 21:30 horas no parque Concepción Arenal de Ferreira.

Os organizadores invitan a tod@s a participar levando todo o que se teña pola casa que non se utilice, que non contamine e se queira queimar, para botar á fogueira de xeito que se faga o folión entre todos os asistentes. Tamén haberá sardiñada popular.

Colabora co Concello de O Valadouro a asociación cultural Amado Lar.

 

Etiquetas:
18/06/2018

A V Feira do Libro, que organiza o Concello de Ribadeo desenvolverase do 29 de xuño ao 1 de xullo. Será inaugurada por Marica Campo e a clausura correrá a cargo de Cándido Pazó. A feira terá como base de operacións a vella oficina de turismo e a carón dela, polo paseo do parque, estarán situadas as 10 casetas dos libreiros e libreiras participantes. O concelleiro de Cultura en Ribadeo, Farruco Graña, presentou esta tarde o cartel e adiantou parte do programa de actividades. Xunto a el estiveron os responsables das Librarías Galgo e Vivín e a técnica de Cultura, Neves Paz. 

Graña explicou que “xa son cinco anos, é a quinta edición desta nova fase da Feira do Libro en Ribadeo. É un pracer ver como van pasando os anos e se vai consolidando. Nesta ocasión quixemos dedicar o cartel de promoción ás pinturas de San Pedro de Arante, en especial a...

leer más
Etiquetas:
16/06/2018

A Deputada de Cultura, Pilar García Porto;a Deputada de Economía e Alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez; o Alcalde de Vegadeo, Cesar Álvarez Fernández; e a Vicepresidenta da Asociación Eu son Eo, Hortensia Araujo; presentaron no Pazo de San Marcos a 3ª edición do Festival InterrexionalEu son Eo que terá lugar os días 29 e 30 de xuño na parroquia de Abres, no Concello de Vegadeo, con entrada totalmente de balde para os asistentes. O festival está organizado polos Concellos de Trabada e Vegadeo, que destinan conxuntamente 20.000 euros a esta cita, e conta co patrocinio principal do Goberno da Deputación cunha achega de 12.000 euros.

García Porto remarcou que “dende o Executivo traballamos para fomentar a cultura e idiosincrasia da nosa provincia e este festival é unha clara mostra, pois conxugará o mellor da nosa música, o noso medio...

leer más
Etiquetas:
14/06/2018

O Concello de Cervo mellorará nos vindeiros días a área de autocaravanas da Veiga tan frecuentada nos meses de verán.

Así o anunciou hoxe o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, que acompañado pola edil de Turismo, Manuela Méndez, estivo visitando a zona sobre a que imos actuar nos vindeiros días co fin de regular o estacionamento, “o que permitirá ás persoas usuarias gañar en comodidade durante a súa estancia, ao tempo que ordenamos o tránsito nesta zona”.

Villares puxo en valor este espazo que é a día de hoxe un puntal importantísimo do turismo no noso Concello, tendo en conta que a ocupación rolda o 100% moitos días de verán; polo que “traballamos para conseguir unha contorna que sexa confortable para as persoas que nos visiten; tendo en conta tamén os beneficios que reporta esta modalidade vacacional, tan en...

leer más
Etiquetas:
14/06/2018

Este venres, 15 de xuño, conmemorando o Día Mundial do Medio Ambiente celebrado o 5 de xuño a asociación Nordés organiza a xa tradicional xuntanza entre nenas e nenos do CEIP Francisco López Estrada do Concello de Mañón e CEIP O Vicedo.

A xornada de convivencia terá lugar na área recreativa da Ponte Segade, con actividades de concienciación e de aprendizaxe activo, vertebrado a través do Proxecto Ríos de primavera.

Estará dividida en estacións a cargo de voluntarios e especialistas. Abordarase a análise da augas do río Sor para testar o estado da súa saúde, un dos requisitos do Proxecto Ríos. Ademais farase un roteiro pola ribeira do río seguindo un tramo da ruta de sendeirismo homologada que percorre a beira do Sor. Búscase achegar a riqueza de flora e da fauna, e á vez utilízase este paseo para completar o...

leer más
Etiquetas:
14/06/2018

A Delegación de Medio Rural do Concello de Foz organiza para este domingo, 17 de xuño, a feira anual de gando cabalar e vacún de A Espiñeira, na parroquia de Vilaronte. Haberá carreiras de cabalos con novidades nos premios e xuíces titulados, actuacións de grupos folclóricos e sesión vermú.

O concelleiro de Medio Rural en Foz, Pedro Fernández Manín, anuncia que “o vindeiro domingo, 17 de xuño, celébrase a tradicional feira anual de gando cabalar e vacún no barrio de A Espiñeira, na parroquia de Vilaronte”.

Fernández Manín lembra que “esta feira foi recuperada no ano 1998 por parte dos veciños e despois de vinte anos segue o Concello organizando esta feira. É un evento emblemático polo punto onde se celebra e é unha feira de toda a vida. Desde o Concello queremos apoiar a todos aqueles que nos acompañan este día....

leer más