Eventos
A asociación cultural Francisco Lanza, coa colaboración do Concello, organiza a actividade denominada Unha tarde en Rinlo, que terá lugar este sábado, 4 de novembro.
Ás 16:00 horas será a saída desde Os Canapés para ir andando a Rinlo pola ruta da costa.
Ás 19:00 horas na escola vella, celebrarase a presentación do libro Charamuscas do escritor e percebeiro da Costa da Morte Suso Lista.
Posteriormente haberá unha actuación musical de falapandeiretas de Rinlo Erikas e Peluxías e degustación de petiscos.
Os organizadores recomendan para a volta o FEVE das 22:10 horas.
O Centro de Interpretación da Faba de Lourenzá acollía este mediodía a presentación da Ruta da Faba. Trátase dunha ruta que xira arredor dos principais tesouros desta terra, arte, gastronomía e o cultivo da recoñecida leguminosa. Inclúe visitas guiadas ao Mosteiro e á Igrexa de San Salvador, ao Museo de Arte Sacro, ao Pazo de Tovar, ao Centro de Interpretación da Faba, a área recreativa do Muíño do Pereiro e ao Miradoiro da Valiña, ademais de degustación de faba de Lourenzá e outros produtos típicos desta comarca como a merluza de Celeiro ou o bonito de Burela. Nesta iniciativa participan a Mancomunidade de Municipios da Mariña, o Concello de Lourenzá e a Xunta de Galicia.
O presidente da Sociedade Cooperativa Terras da Mariña, Jose Cuadrado, explicou na presentación que “o proxecto xurde dunha idea da Cooperativa Terras da Mariña xunto co...
leer másEste martes, 31 de outubro, celebrarase no IES Vilar Ponte de Viveiro unha Festa Hinchalloween.
Esta festa desenvolverase das 17:30 ás 20:30 horas no pavillón do IES Vilar Ponte.
A entrada é de balde e poden participar nen@s desde os 3 anos. A organización recomenda aos asistentes ir disfrazados para a ocasión.
Pode obterse máis información na OIX do Concello de Viveiro ou en xuventudeocioalternativo@gmail.com.
Esta actividade está organizada pola Oficina Municipal de Xuventude do Concello de Viveiro.
A Concellaría de Mocidade e o CFCA Pedro Murias organizan o Samaín, que este ano se celebrará na granxa situada en Vilaframil o vindeiro mércores, 1 de novembro.
A edil Vanesa Yanes explica que “o que imos facer é unha visita guiada á exposición de cabazas ecolóxicas, sementaremos o noso propio legume, preparemos tamén as nosas cabazas e remataremos a tarde tomando un chocolate”.
A concelleira de Mocidade dixo que “contaremos con bus gratuíto para desprazarnos ata a granxa Pedro Murias, que sairá ás catro da tarde da Oficina de Turismo. E a volta será ás sete”.
Vanesa Yanes anima “a todos @s nen@s e moz@s de Ribadeo a gozar deste Samaín dun xeito diferente, na granxa Pedro Murias. O único que teñen que facer é estar un pouco antes das catro diante da Oficina de Turismo para coller o...
leer másA Delegación de Cultura do Concello de Foz abriu o prazo para presentar candidaturas a raíña ou rei do Entroido 2018.
Os interesados deben ter 18 anos ou máis e teñen que entregar na Casa do Concello de Foz a seguinte documentación: datos persoais, dúas ou máis fotografías recentes e explicar brevemente por que lle gustaría ser raíña ou rei do Entroido focense. O prazo para presentar a candidatura remata o 16 de novembro.
La cea de coroación da raíña ou rei do Entroido de Foz 2018 será o día 27 de xaneiro, sábado.
O Concello de Cervo, a través da delegación de Cultura que dirixe Dolores García Caramés, celebrará un ano máis o Samaín con múltiples actividades dirixidas aos máis pequenos da casa.
Deste xeito, tal e como apuntou Caramés, deseñamos unha programación que abrangue dende o domingo 29 de outubro, ata o 1 de novembro, Día de Todos Os Santos.
De tal xeito, que para o domingo estamos a preparar un taller de cociña infantil, para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos, que se desenvolverá na Casa do Mar, entre as 12:00 e as 13:30 horas.
O martes, 31 de outubro, terá lugar a Festa infantil entre as 18:30 e as 20:30 horas, na Casa do Mar de San Ciprián “que contará co espectáculo Casa Encantada, ademais de xogos, baile, maquillaxe de terror e moitas outras sorpresas terroríficas”.
... leer másO vindeiro luns, 30 de outubro, terá lugar a presentación da Ruta da faba de Lourenzá, un proxecto da Mancomunidade de Municipios da Mariña Lucense, do Concello de Lourenzá, de Terras da Mariña Sociedade Cooperativa Galega e do Pazo e Forno de Tovar.
O acto desenvolverase no Centro de Interpretación da Faba a partir das 12 da mañá. En el intervirán varias autoridades locais, provinciais e autonómicas. Unha vez rematada esta presentación haberá unha visita ao Mosteiro da Igrexa de San Salvador e ao Pazo de Tovar, onde finalizará a inauguración desta ruta cunha pequena degustación gastronómica.
A Ruta da faba xira arredor dos principais tesouros desa zona mariñana: arte, natureza, gastronomía e o cultivo da faba. A proxecto inclúe visitas guiadas polo patrimonio artístico de Lourenzá ao Mosteiro e á Igrexa de San...
leer másA axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha excursión á Festa da Castaña de Seoane do Courel, que se celebrará o día 4 de novembro, sábado. Este evento, que chega á súa trixésima edición, está declarado de interese turístico galego.
O prezo para participar na excursión é de 35 euros por persoa e inclúe almorzo, comida de cocido en Pedrafita do Cebreiro, o desprazamento en autocar e o seguro de viaxe obrigatorio.
Para a reserva de prazas na excursión hai que dirixirse a axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou chamar aos teléfonos 676.44.54.65 ou 982.87.74.70.
A parroquia de Rúa acollerá o vindeiro sábado, 28 de setembro, a segunda edición da Festa da Esfollada do Maíz.
A cita, foi presentada este mediodía polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, o de Medio Rural, Plácido Pérez, e varios membros da Asociación de Veciños de Rúa Candelaria, organizadores do evento, coa colaboración do Concello.
A Festa arrincará ás 16:00 horas con xogos populares para nenos e maiores; e ás 18:00 horas terá lugar a esfollada do millo.
A partir das 20:00 horas está programada unha cea a base de empanada e pan da casa elaborados con fariña de trigo da Malla de Rúa, callos, postres, castañas asadas para os asistentes, viño e auga; por un prezo de 6 euros para os socios e de 10 euros para os non socios.
... leer másO Goberno da Deputación ofrece este sábado, obradoiros gratuítos e para todas as idades, nos 4 museos da provincia, con motivo do Samaín. Así o informou este luns a Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto. As actividades terán lugar no Museo Provincial de Lugo, no Museo Fortaleza de San Paio de Narla en Friol, no Museo Provincial do Mar en Cervo, e no Museo Pazo de Tor en Monforte de Lemos. Os interesados en participar nestes obradoiros poden inscribirse nos museos onde se realizan as actividades.
As 4 actividades gratuítas que ofrece o Goberno da Deputación este sábado nos 4 museos da Rede Museística Provincial son:
- No Museo Provincial de Lugo, de 11:00 a 13:00 horas, terá lugar o obradoiro Samaín no museo. Está dirixido a nenos de entre 8 e 12 anos e conta con 15 prazas. Os participantes...
leer más