Eventos
O 29 de outubro terá lugar en Ourol un encontro da terceira idade cunha comida-baile.
Os destinatarios son persoas maiores de 55 anos, empadroados no concello de Ourol.
Esta festa celebrarase no edificio multiusos a partires das 14:00 horas.
As anotacións poden facerse no departamento de Servicios Sociais do Concello, no número de teléfono 982 55 91 09, antes do xoves 26 de outubro.
O evento está organizado polo Concello de Ourol.
O XXIII Campionato de Tute Concello de Cervo reunirá a un centenar de xogadores. A competición comezará o vindeiro martes, 24 de outubro, e prolongarase ata o 21 de decembro.
A cita, xa máis que consolidada, foi presentada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil de Deportes, José Ramón Soto e por Félix Fernández, persoa que colabora desinteresadamente e que leva ao fronte do campionato dende os seus inicios.
Tal e como apuntaron as partidas xogaranse nos diferentes locais hostaleiros e asociacións do Concello que se sumaron á iniciativa; formando equipos de catro parellas.
Os establecementos escenario das partidas que se desputarán, salvo excepcións, cada martes e xoves son: Mesón A Ría, O Trasgo, O Almacén, Telvi´s Place, Atxuri, As Titas, A Cerve, Río de Oro, O Castelo e o...
leer másO artista Xurxo Souto presentará mañá, venres, en Foz, o seu espectáculo titulado Cantigas para terrícolas e o audiovisual Dos gaiteiros do mar. Este acto, organizado pola biblioteca pública municipal, será ás 20:30 horas na Casa da Cultura focense e contará coa colaboración do grupo Os Larpeiros, de Foz.
A bibliotecaria municipal, María Jesús Álvarez Sánchez, explicou que “Cantigas para terrícolas propón, en formato de conversa e música, un achegamento á literatura do mar, a partir dos Contos do Mar de Irlanda, libro do que o propio Xurxo Souto é autor. Nesta obra, alén das testemuñas orais, escolma tamén outros moitos libros de temática oceánica. Na parolada anima os asistentes á súa lectura e, en xeral, á descuberta deste gran patrimonio descoñecido. Pois, como dixo Staffan Mörling: Galicia non é un fin da terra, é un centro do mar....
leer másO Observatorio da Mariña pola Igualdade e o Concello de Ribadeo organizar a I Feira Feminista de Outono, que terá lugar o 28 de outubro. A xornada acollerá múltiples actividades do ámbito social, cultural e educativo, que terán por escenario principal da praza 8 de marzo.
A concelleira de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra, indicou que “a primeira Feira Feminista de Outono está organizada polo Observatorio da Mariña pola Igualdade e coorganizada polo Concello de Ribadeo. Dende o Concello queremos congratularnos, felicitar e darlle as grazas ao Observatorio da Mariña por esta iniciativa pioneira, que é algo moi significativo non soamente no noso concello senón tamén en todo Galiza. Polo tanto é algo moi importante para nós”.
A edil nacionalista dixo que “se desde o Concello de Ribadeo, dende a Área de Igualdade, se...
leer másEste xoves, dá 19 de outubro, terá lugar unha merenda solidaria no Centro Social Torreón dos Frades ás 18:00 horas con motivo do Día mundial contra o cancro de mama. Está organizada pola Concellería de Servizos Sociais.
Na merenda solidaria haberá mantecadas e chocolate para todos os asistentes e os donativos serán entregados a Asociación Española Contra o Cancro. O Concello de Lourenzá agradece a colaboración de Pastelería Cabaleiros, que contribúe aportando as mantecadas para a merenda.
A alcaldesa, Rocío López, e a concelleira de Servizos Sociais, Mercedes Dengra, fan un chamamento a todos os veciños e veciñas de Lourenzá para que participen “neste acto solidario, en apoio a todas aquelas persoas que padecen e loitan por superar esta enfermidade. Por segundo ano consecutivo decidimos organizar esta cita, dada a boa...
A asociación sociocultural Pomba do Arco organiza o 21 de outubro, un roteiro polos muíños do río Centiño, no seu tramo desde Porto ata a ponte de Vilaxoane. A actividade estará guiada pola estudosa do patrimonio focego Silvia Fiallega Lorenzo.
O percorrido polos muíños do río Centiño vai comprender a visita ao muíño do Angelito en Porto, ao río de Sidro, ao muíño de Mariña en Vilaxoane e ao muíño de Amadora na ponte de Vilaxoane. A visita que se desenvolverá polas beiras do río Centiño, comprenderá tamén unha demostración do funcionamento destes muíños, concretamente no muíño de Angelito.
As persoas interesadas en participar deberán inscribirse previamente no correo electrónico da propia asociación apombadoarco@gmail.com ou ben chamando ao teléfono 608 555 010. O...
leer másEste sábado, 14 de outubro, celébrase a XXX edición da Feira do Mel en O Valadouro.
Ás 10:00 horas procederase á apertura dos postos de mel, artesanía e obradoiro de velas ubicados na rúa Andrés López Palmeiro. Ás 11:30 horas haberá pasarrúas coa actuación de A.C. Amado Lar e ás 13:00 h. degustación de freixós con mel. Ás 14:00 horas procederase a un sorteo entre os asistentes e posteriormente á clausura da feira.
O programa de actos rematará ás 20:30 horas coa representación teatral que terá lugar na Casa da Cultura de O Valadouro, e correrá a cargo de Teatreir@s de Monforte con O Avaro.
A feira está organizada pola delegación de Cultura do Concello de O Valadouro coa colaboración do CEIP Santa María do Valadouro e a asociación Amado Lar.
A Concellería de Cultura ven de presentar a súa programación para o último trimestre deste ano na que destaca xa o vindeiro sábado, 14 de outubro, o espectáculo de maxia Ensueños, de Jorge Luengo. Tamén neste mes de outubro haberá unhas xornadas micolóxicas que se desenvolverán dos 27 ao 29. Xa en novembro, o día 19 representarase a ópera Nabuco, de Verdi para o que en breve sairán as entradas á venda. No mes de decembro comeza o ciclo de monólogos con Enrique San Francisco o día 9, tamén haberá un espectáculo para toda a familia titulado Jurásico la isla perdida o día 15, e o 22 ballet clásico con El lago de los cisnes. Esta programación foi presentada hoxe polo alcalde de Burela, Alfredo Llano, e polo concelleiro de Cultura, José Díaz.
O responsable de Cultura manifestou “en noviembre repetimos la ópera tras el éxito indudable del año...
leer másAta o 30 de outubro estará aberto o prazo para anotarse e participar no Mercado de Nadal, que organiza a Concellaría de Turismo, Desenvolvemento Local e Comercio.
Esta nova edición, a XIV, terá lugar do 6 ao 10 de decembro na rúa San Francisco e na súa contorna. Os horarios de apertura serán de 11 a 14 horas polas mañás e de 17 a 21 horas polas tardes.
Segundo explica a Concellaría de Desenvolvemento Local “a través da celebración deste evento, o Concello busca favorece en maior medida ao comercio da vila e animar Ribadeo, así como promover un espazo para a venda de produtos feitos a man e manufacturados a pequena escala ademais de produtos gastronómicos artesanais, un espazo especial para o bo facer”.
No evento poderán participar persoas artesáns, creadoras e produtores de alimentos. O Concello establece...
leer más