Eventos
Guía tu Día organiza unhas visitas especiais que terán lugar o 17 e o 19 de maio.
A primeira delas e coincidindo co venres festivo, será en Mondoñedo o 17. Consistirá nun roteiro guiado polas rúas desta antiga capital de provincia ateigadas de historia, tradicións, lendas e persoeiros ilustres, como Álvaro Cunqueiro ou Leiras Pulpeiro.
O domingo 19 será polo pobo mariñeiro de Rinlo, en Ribadeo. Un paseo guiado polo litoral destacando o bo aproveitamento das bondades da súa costa a través das emblemáticas cetarias.
Ambas rutas darán comezo ás 11 da mañá e terán unha duración de entre 2 e 3 horas. Están pensadas para tódolos públicos, incluíndo as mascotas.
Para máis información e reservas as persoas interesadas poden contactar no 654 99 68 57 ou a través das...
leer másA parroquia de Landrove, no concello de Viveiro, celebrará as festas de San Martín Castelo os días 18 e 26 de maio
Este sábado, día 18, comezarán as actividades ás 13:30 horas cunha misa solemne cantada polo coro parroquial, seguida de procesión. Despois haberá sesión vermú amenizada polo grupo Alma Latina, que tamén actuará na verbena xunto á orquestra Supertop.
E o domingo 26 ás 11:00 horas sairase da igrexa de Landrove cara á ermida pola ruta do Viacrucis e ás 13:30 horas celebrarase unha misa. A continuación actuará un dúo musical.
Estes festexos están organizados pola Comunidade de Montes San Martín Castelo e Fraga Moura, que anuncia que campo da festa estará cuberto con carpa.
Foz acollerá unha concentración de vehículos clásicos (coches e motos) o día 25 de maio, sábado.
Este evento está organizado por Auto Clásicos Foz e o programa de actividades inclúe a recepción dos vehículos no porto focego de 10 a 12 do mediodía. A partir das 13:00 horas farán un percorrido por Foz e a continuación terán a comida. Despois os participantes trasladaranse ao porto ribadense para facer un paseo en embarcación pola ría de Ribadeo.
Para participar hai que inscribirse e o prazo remata o día 20 de maio ás 12:00 horas.
Mariña Patrimonio está a organizar unha viaxe ao Courel para coñecer parte do seu patrimonio. A actividade, que conta coa colaboración da Área de Cultura da Deputación de Lugo, terá lugar o sábado 25 de maio.
A organización explica que “en xornada de mañá está previsto visitar o Val das Mouras, o Castro da Torre e a aldea de Seceda. Tras unha pausa para xantar en Folgoso, o grupo acercarase a ver Montefurado e o pregamento xeolóxico de Campodola, antes de voltar para á Mariña. Durante toda a xornada o arqueólogo Iván Ávarez Merayo fará de guía nesta visita ao patrimonio do Courel.
As persoas interesadas en participar nesta viaxe poden contactar con Mariña Patrimonio a través do seu correo (mr.patrimonio@gmail.com) para obter a información sobre as...
leer másA parroquia de Vilameá, no concello da Pontenova, celebrará a súa Festa das Flores este sábado, 18 de maio, no Campo da Igrexa.
As actividades empezarán ás 19:00 horas con misa solemne e despois procesión. Ás 21:00 horas haberá sesión tardeo amenizada pola cantante Verónica Cambón e ás 22:00 comezará a cea de veciños, familiares e amigos. E rematará a xornada festiva cunha verbena na que actuarán Verónica Cambón e DJ Bombardero.
Este sábado, 18 de maio, a partir das 17 horas no centro social Xebra, na rúa Leandro Cucurny 19, de Burela, haberá un obradoiro de baile tradicional e foliada aberta.
Iria Fernández Moscoso, integrante da asociación Fervenza, é a encargada de impartir o obradoiro, que servirá como primeiro achegamento para quen entra no baile por vez primeira e quere perderlle o medo ás foliadas.
A organización anuncia tamén que “despois da clase práctica celebrarase unha foliada aberta no local, no que estarán presentes algunhas das agrupacións musicais da bisbarra”.
Desde o centro social Xebra “convidan a todas as persoas que gosten da música de raíz a se achegar para desfrutar dunha velada chea de música, baile e petiscos”.
A Delegación de Cultura do Concello do Valadouro presenta a programación deste venres 17 de maio, Día das Letras Galegas, que inclúe a lectura dramatizada de textos de Luísa Villalta, homenaxeada este ano 2024, e de Rosalía de Castro. Este acto será levado a escena por Trémola Teatro a partir das 20:00 horas na Casa da Cultura.
De seguido no mesmo escenario será o momento do recital "Cantando as nosas letras" a cargo do cantautor Xoán Curiel con poemas e cantigas musicados de autores/as homenaxeados/as nas Letras Galegas como a propia Luísa Villalta, Antonio Fraguas, Carvalho Calero, Xela Arias ou Florencio Delgado Gurriarán. Tamén están presentes outras/os autoras/es das letras galegas como Rosalía de Castro, Álvaro Cunqueiro, Alfonso X e trobadores da lírica medieval galego portuguesa...
A vixésimo sexta edición da Feira de Gando Cabalar de Lago, parroquia do concello de Xove, celebrarase este domingo, 19 de maio, a partir das 09:30 horas no recinto feiral. Foi presentada con un acto no que participou o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro.
A feira está organizada pola Asociación Equina A Medela e desde as 11 da mañá haberá carreiras e outras probas. Ás 20:00 horas farase a entrega de premios e sortearase un xato.
El vídeo podcast Terra UP Arte de Terra Branca acaba de cumplir 2 años. 25 han sido las entrevistas, de diferentes disciplinas artísticas, realizadas hasta el momento. La tercera temporada está en marcha.
El 16 de febrero del 2022 la Galería Terra Branca de Ribadeo inauguró un vídeo podcast con el objetivo de entrevistar a personas relacionadas con el mundo del arte. Cada temporada está compuesta por diez episodios y ya va por la tercera. Los capítulos, grabados en la Galería Terra Branca están dirigidos y presentados por José Ramón Leal, dueño del establecimiento: “mi padre fue locutor de Radio Juventud y, aunque yo disfruto más tras la cámara, me enseñó a amar la comunicación”.
Por este espacio han pasado escritores, pintores, actores, tatuadores, ilustradores, cantantes, etc… José Ramón Leal cuenta que “nos interesa el...
leer másAs festas de Canedo, no concello de Lourenzá, celebraranse deste este venres 17 de maio ata o domingo 19.
Empezarán as actividades o venres a partir das 21:00 horas con pulpada e churrascada. E despois haberá verbena coa orquestra Los Players e o grupo Origen.
O sábado celebrarase misa solemne ás 13:00 horas, seguida de procesión e sesión vermú amenizada pola orquestra Acordes, que tamén actuará na verbena xunto a Fania Blanco Show.
E o domingo haberá misa solemne ás 13:30 horas, seguida de procesión e sesión vermú coa orquestra Fania Blanco Show.
A organización dos festexos destaca que dispoñen de carpa e amplos aparcamentos.