Eventos
Os días 17, 18 e 25 de maio seguen as actividades de xeoturismo organizadas pola Mancomunidade de Concellos da Mariña. Será coa xeoruta das Minas, na Pontenova, a xeoruta ao Monumento Natural da Praia das Catedrais, en Ribadeo e a xeoruta de Cerrochán, en Trabada.
A xeoruta da Pontenova partirá da Praza dos Fornos ás 10 da mañá este venres, 17 de maio. Os asistentes poderán coñecer os materiais de idade paleozoica que compoñen sinclinal de Vilaoudriz e a orixe do ferro que se explotou nas minas Consuelo e Boulloso desde concello. Esta ruta será conducida por Fran Canosa.
A xeoruta da praia das Catedrais dará comezo ás 17 da tarde deste sábado, 18 de maio, no punto de información do areal. Os participantes coñecerán a orixe dos materiais que forman estes acantilados e de que xeito foron deformados e fracturados...
leer másEsta fin de semana, sábado e domingo, celebrarase na Ponte de Arante a romaxe das Cruces, festa de interese turístico galego. Haberá pregón, actuacións musicais, xantar e o tradicional bandeo do pendón e a reverencia das cruces, entre outras actividades.
O alcalde de Ribadeo, Dani Vega, destacou na presentación que “toda esta organización, a recreación da batalla ou xa a cuarta comida que se vén celebrando aquí, que é ese punto de encontro que fai máis grande este lugar, que se xunten todos os peregrinos en torno a un prato para degustalo e desfrutalo entre todos. E despois tamén hai esa actividade musical que é importante. Pero o domingo, que é o día grande, queremos todos recordar ese encontro das sete parroquias e o bandeo do pendón, que iso é o que nos diferenza. Realmente a festa de interese turístico autonómico é polo bandeo, é polo...
leer másFoz prepárase para celebrar a romería do Bispo Santo, que contará un ano máis co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. A deputada de Cultura Iria Castro e o deputado de Rural Mar e Mocidade Daniel García reuníronse con integrantes da Asociación Cívico Cultural Bispo Santo de Foz, que impulsan a organización desta romería popular con 385 anos de historia.
Durante o encontro, incidiuse na vontade da asociación organizadora de manter o carácter popular e familiar desta romería, incluíndo na programación actuacións para público infantil e que procuran a interacción co público para soster o ambiente festivo durante o día a carón da ermida de San Gonzalo.
Nesa liña, encádrase a colaboración da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo nos tres últimos anos que, nesta edicion, se concreta no...
leer másO Concello de Cervo, en colaboración con diferentes asociacións, programa unha serie de actividades culturais para conmemorar o Día das Letras Galegas, que este ano están dedicadas á escritora Luísa Villalta.
O programa foi presentado pola rexedora, Dolores García Caramés, e por representantes de Airiños do Xunco, Cordenaia, As Espalladoras e a asociación de veciños de San Román, que organizan varias das actividades previstas, coa colaboración da Administración local.
A primeira das citas terá lugar o xoves, 16 de maio na Casa da Cultura. Será unha actuación infantil a cargo de Cristina Collazo baixo o título “Procúrase Pepa a Loba”. Na Casa da Cultura, ás 19:30 horas.
Xa o propio Día das Letras Galega, o venres, 17 de maio, ás 12:00 horas, na Praza do Souto, terá lugar unha particular...
leer másO documental titulado “Luísa Villalta. A rebelión da palabra” será presentado no Teatro de Ribadeo este sábado, 18 de maio, ás 20:30 horas.
É una actividade organizada pola Agrupación Cultural Francisco Lanza, de Ribadeo, que anuncia: “o sábado 18 de maio imos ter un acto no Teatro para conmemorarmos o Día das Letras Galegas. Imos presentar, da man dunha das súas guionistas, a ribadense Alba López Álvarez, o documental "Luisa Villalta. A rebelión da palabra".
O Concello de Foz celebra o Día das Letras Galegas cunha programación cultural chea de actividades. “Queremos que calquera día sexa o día das nosas letras, pero o día 17 de maio é especial para calquera namorado da nosa fermosa lingua”, destaca o alcalde, Fran Cajoto.
O pasado venres, día 10, o obradoiro para crear letras tivo unha gran aceptación xa que se cubriron todas as prazas. “Os nenos desfrutaron dunha actividade que non só lles ensinou de caligrafía senón tamén a mestura das cores ou o uso de pinceis para escribir”, explica a concelleira de Cultura, Inés López Couto.
Este martes 14 a xornada está dedicada aos colexios, na que se realizarán sesións de teatro para os mesmos, na Casa da Cultura, en varias quendas. A obra, da compañía Trémola Teatro, abunda na vida da homenaxeada neste día das nosas letras,...
leer másA Asociación Saúde Mental A Mariña celebrará o seu vixésimo quinto aniversario cunha cea baile solidaria que terá lugar na Praza dos Campos, de San Cibrao (Cervo), o día 18 de maio, sábado, ás 21:30 horas.
As entradas poden mercarse ata o día 13, luns. O prezo é de 35 euros, pero o menores de 12 anos só teñen que pagar 15 euros polo menú infantil. Tamén hai unha Fila 0 para as persoas que non poidan acudir e desexen facer a súa achega.
O evento estará amenizado polo trío Tapyoka e haberá sorteos e sorpresas.
As persoas interesadas en calquera consulta sobre este actividade poden contactar coa organización a través dos teléfonos 982.55.76.92, 982.25.75.06 ou 659. 95.27.21.
O próximo sábado, 18 de maio, Burela acolle un rastrillo de segunda man de 10.00 a 18.00 horas na praza da Mariña.
Aquelas persoas que desexen participar, poden reservar un espazo no rastrillo ata o día 16 de maio no e-mail cultura@burela.org ou de xeito presencial no mostrador de información do Concello.
O rastrillo está organizado polo Concello e Burela.
O Concello de Burela presenta a súa programación para conmemorar as Letras Galegas 2024, cunha proposta de actividades que se estenderá durante unha semana.
“Entre as actividades, destaca o buzón de intercambios de lectura, que instalaremos no parque Rosalía de Castro, unha iniciativa que anima a compartir os nosos libros cos veciños e veciñas”, sinala Carmela López, alcaldesa de Burela.
Na tarde de onte, venres 10, celebrouse o primeiro evento do programa, cun concerto da Escola de Música no Hospital. Hoxe, sábado 11, actuarán as voces e arpas ‘Luvavai’ ás 20.00.
O domingo 12, o Auditorio Municipal de Burela recibe ás 20.00 o 32º Festival das Letras Galegas, coa actuación da Coral Parroquial de Landrove (Viveiro), a Coral Polifónica de Cariño e a Coral Polifónica de Burela.
... leer másA Asociación Cívico Cultural Obispo Santo organiza a tradicional romaría focega do mesmo nome, que ten 385 anos de historia e celebrarase os días 12, 17, 18 e 19 de maio.
As actividades empezarán este domingo, día 12 de maio, ás 17:00 horas, cando se fará o traslado da imaxe de San Gonzalo dende a basílica de San Martiño ata a ermida do alto da Grela, acompañado polo grupo de gaitas A Subela. Posteriormente haberá unha charla a cargo do cronista oficial de Foz, Xoán Ramón Fernández Pacios.
O venres 17 de maio haberá sesión vermú a cargo de Tania Veiras, que tamén actuará na verbena co grupo La Última Legión.
O sábado 18 ás 13:30 horas celebrarase a misa, seguida de sesión vermú coa orquestra Principal. A continuación animará a romaría a banda de gaitas Dambara, de Burela; para as 18:30...
leer más