Eventos

30/07/2024

A comisión de festas de San Bartolo, en San Cosme de Barreiros, organiza o PanceBingo este venres, 2 de agosto, a partir das 20:30 horas. Será no campo da festa de San Bartolo.

Haberá degustación de panceta, chourizo, pan e viño ou auga e tres sesións de bingo: ás 22, 22:30 e 23:00 horas. Todo amenizado polo grupo Saíñas, de Xove. E a organización anuncia que haberá moitas sorpresas.

 

29/07/2024

A asociación Conde Santo, en colaboración co Concello de Lourenzá, Espectáculos Pico, a Xunta de Galicia e Patrimonio Laurentino, organiza as Festas do Conde Santo. 

O evento, que terá lugar entre o 30 de agosto e o 2 de setembro, inclúe unha serie de actividades como actuacións de renome, sesións vermú e verbenas.

O venres 30 de agosto terá lugar a cea Lenda do Conde e a actuación de Luar na Lubre. 

O sábado 31 de agosto a sesión vermú estará amenizada por Kalima 3.0, seguida dunha verbena animada por América e, unha vez máis, Kalima 3.0. 

O domingo 1 de setembro Nueva Fuerza amenizará a sesión vermú e o día rematará cunha verbena a cargo de Cinema e Nueva Fuerza. 

Finalmente, o luns 2 de setembro, haberá sesión vermú co Dúo Epo-K, e...

leer más
29/07/2024

A Peña Barcelonista de Mondoñedo anuncia: “este ano aparte de celebrar a nosa tradicional Cea de Fin de Tempada (aberta para tod@s os que queirades participar) tocounos organizar a II Xuntanza de Peñas Barcelonistas da Mariña e Occidente de Asturias. O evento celebrarase na Finca San Antonio, de Mondoñedo”. Será este sábado, 3 de agosto, ás 21:30 horas.

O evento estará amenizado por un DJ e haberá sorteos de agasallos.

Etiquetas:
29/07/2024

A asociación cultural O Picato, de Trabada, organiza unha excursión ao Aquapark da localidade coruñesa de Cerceda para o día 24 de agosto, sábado.

A saída está programada para as oito da mañá desde a Praza do Concello de Trabada e a chegada de volta está prevista para as nove da noite.

Os menores de 18 anos deberán ir acompañados dun adulto. O prezo é de 20 euros para os socios e de 25 euros para as persoas que non pertencen ao colectivo organizador.

Para participar hai que anotarse previamente e o prazo remata o día 12 de agosto.

28/07/2024

O Centro de Iniciativas Turísticas (CIT) da Pontenvova organiza o Baixeo e o Faragulleo para o día 17 de agosto, sábado. “Volveremos encher o río de embarcacións e despois a degustar os faragullos”, anuncian.

As actividades comezarán ás 10:30 horas con a concentración dos participantes na Chousa, no entorno do Pozo da Ola. Ás 11:00 horas será a saída para Piegaponte e ás 12:00 horas, para Salmeán, que son os dous puntos de partida do Baixeo. A chegada ao Pozo da Ola está prevista para as 14:00 horas, cando se celebrará o XXIII Faragulleo, no que se repartirán racións de faragullos en cunca de barro e bebida (auga, viño ou cervexa) a 8 euros.

As persoas interesadas poderán obter máis información no teléfono 983.34.21.01.

28/07/2024

O programa da TVG Aquí Galicia achégase a Cervo o día 1 de agosto, xoves, ás 16:30 horas na Praza do Souto, para facer un vídeo musical, que se emitirá nun programa especial pola Maruxaina.

O Concello de Cervo anuncia: “con nós estará a recanteira Miriam Cea para interpretar Ajárrate, de Mercedes Peón. Queremos crear un gran pasarrúas ao son desta canción. A convocatoria é para toda a veciñanza de Cervo, que se acheguen representando ás asociacións, clubs deportivos, agrupacións e demais veciños/as de tódalas idades”.

 

 

Etiquetas:
27/07/2024

A comisión de festas en colaboración co Concello de O Vicedo organiza as súas tradicionais festas na honra a Santo Estevo e Santa Lucía. Durante 3 días o municipio encherase de música, actividades relixiosas, verbenas e diversión para todas  as idades. 

O venres, 2 de agosto, ás 22:45 horas, o grupo Jaque e a orquestra Fania Blanco encargaranse de abrir o evento cunha gran verbena.

O sábado, 3 de agosto, ás 11:00 da mañá pasarrúas coa Banda de Gaitas do Ortegal. Ás 12:00 horas haberá eucaristía solemne na honra aos santos seguida de procesión. Máis tarde, ás 14:00 horas sesión vermú co acompañamento musical do grupo Zona Zero. Para rematar o día, ás 22:45 horas gran verbena a cargo dos grupos Zona Zero e Pasión, ademais de Discomóbil Conxuro.

O domingo, 4 de agosto, ás 12:00, Santo Estevo...

leer más
Etiquetas:
27/07/2024

A parroquia de Masma está preparada para acoller do 2 ao 4 de agosto as tradicionais festas en honor a San Antonio e San Cristovo cun programa cheo de actividades para toda a familia.

O venres, 2 de agosto, ás 21:30 horas o catering Boavista de Abadín sevirá unha cea e despois haberá verbena con Dúo Belinda. 

O sábado, 3 de agosto, ás 13:30 horas terá lugar a misa solemne seguida dunha procesión. A continuación, os asistentes desfrutarán dunha sesión vermú con pinchos a cargo do Grupo Fénix. Ás 18:00 horas a festa contará cunha sesión “chillout” con Discomóbil Sanbet. A esa mesma hora, festa infantil con xogos populares e hinchables. Máis tarde, ás 19:00 horas, os nenos poderán recargar enerxías cunha merenda. Xa pola noite, ás 22:30 horas está prevista a verbena co Grupo Fénix e final de festa con Discomóbil...

leer más
Etiquetas:
26/07/2024

Os días 2,3 e 4 de agosto Alfoz celebra a tradicional Festa dos Chófers. Durante tres días os asistentes poderán gozar dunha ampla variedade de actividades, música e celebracións.

O venres, 2 de agosto, a partir das 23:00 horas comezará a verbena coa discoteca móbil Eventec e a orquesta New York.

O sábado, 3 de agosto, ás 13:00 horas, terá lugar a misa solemne, seguida da sesión vermú coa orquesta Stereo. A partir das 23:00 horas a festa contará coas actuacións das orquestras Stereo e Miramar.

O domingo, 4 de agosto, ás 11:00 celebrarase a procesión de vehículos polas parroquias do concello. Ás 13:00 horas haberá  misa seguida pola bendición de vehículos, con premios para os mellores de cada categoría. Posteriormente, terá lugar a sesión vermú co grupo Montreal e, para rematar, a verbena...

leer más
Etiquetas:
25/07/2024

A feira de artesanía Os Muíños celebrarase no barrio do mesmo nome en Mondoñedo este sábado, día 27 de xullo, de 11 a 21 horas.

Ás 11 horas farase a apertura dos 33 postos de artesanía e gastronomía que haberá na feira. E ás 12:30 horas terá lugar o pregón a cargo de Paula Cabaleiro, que é xestora cultural e comisaria de arte e membro do Plenario do Consello da Cultura Galega.

A feira está organizada pola Asociación Profesional de Artesáns dos Muíños de Mondoñedo.