Eventos
A parroquia de Vilaframil xa ten todo listo para as súas tradicionais festas na honra San Lorenzo. Do 9 ao 11 de agosto poderase desfrutar dunha programación repleta de actividades e música.
O venres, 9 de agosto, a celebración dará comezo cunha churrascada popular ás 21:00 horas. Os tíckets estarán á venda no restaurante El Huerto e no Bar Taller de Ribadeo ata o 5 de agosto. O prezo é de 25 euros e 15 euros para os nenos e nenas de 5 a 12 anos. A continuación, verbena co Grupo Galia e dj Litainer.
O sábado, 10 de agosto, ás 13:00 horas, misa solemne e procesión seguida dunha amena sesión vermú a cargo da orquestra Tokio. Pola noite, verbena coas actuacións da orquestra Tokio e o Grupo Beatriz.
O domingo, 11 de agosto, misa e procesión ás 13:00 horas. A celebración rematará cunha sesión...
leer másRibadeo acollerá unha feira do automóbil novo e usado os días 31 de agosto e 1 de setembro. Está organizada por Apaga e enmárcase no XIII Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos. Seis firmas teñen confirmada xa a súa presenza.
Esta é unha das novidades do Fórum, que arrincará o 28 de agosto, nas instalacións de Apaga. O seu presidente, Álvaro Doural, contou que “o programa do Forum xa está listo, é dicir que empezará o 28 e vai rematar o día 30. Neste caso, como todos os anos, sempre reservamos un número de prazas para xente que non é socio noso, para persoas interesadas no mundo do motor. Xa están dispoñibles, é dicir, calquera persoa que queira vir ao Fórum o único que ten que facer é vía web, a través de www.apaga.es anotarse. Aí ten unha ficha para cubrir, que é moi fácil, incluír datos como...
leer másO Concello de Ourol organiza un ano máis as súas festas na honra da Nosa Señora. Este ano serán os días 10, 11 e 15 de agosto, xornadas nas que a parroquia contará cun gran número de actividades e cousas para facer.
O sábado, 10 de agosto, Anxo Vázquez Pernas presentará o seu libro titulado “A imaxinería nos cemiterios de Ourol”. O acto terá lugar ás 20:00 horas no edificio multiusos. Ás 21:00 horas, actuación do grupo de gaitas Bágoas da Terra seguida dunha gran cea popular ás 21:45. Dita cea, servida polo Catering Rochela, de Vilalba, na carpa da praza do Concello, terá un custo de 28 euros para os maiores de 11 anos e de 14 euros para os nenos de 7 a 11 anos non empadroados na vila. Todos os empadroados, así como os nenos de 0 a 6 anos, cearán gratis. Será imprescindible recoller o tícket nas dependencias do Concello para entregalo o...
leer másA parroquia de Sumoas, no concello de Xove, celebra as súas festas patronais, na honra a San Antonio, esta fin de semana, do venres 2 ao domingo 4 de agosto. Están organizadas pola asociación Rodagel de Sumoas.
As actividades comezarán o venres ás 20:30 horas cunha churrascada e verbena amenizada polo grupo Tania Veiras e o dúo EpoK.
O sábado ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e procesión, seguida de sesión vermú co grupo Los Adrianos, que tamén actuará na verbena xunto a Laura Añon e Ángel Sevilla e Pedro Brmudz.
E o domingo haberá sesión vermú amenizada por José Manuel.
Na presentación destes festexos participaron o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e a concelleira María Dolores Meitín.
O concello de Cervo ten na tardiña deste sábado, 3 de agosto, unha cita co mundo do motor. Así de 18:30 a 19:30 horas terá lugar unha exhibición de coches clásicos na zona do peirao de San Ciprián e na subida ao Faro, organizada por Autoclásico da Mariña Lucense, coa colaboración do Concello, na que participarán máis de medio cento de vehículos antigos das décadas dos 60, 70 e 80.
O Concello de Cervo anuncia que “na concentración tamén participará Santi Martínez, experto neste mundo que publica contidos na súa canle especializada de Youtube “Documentos del Motor”, e que asistirá á cita a bordo do seu Citröen CX GTI, un modelo que este ano celebra o seu 50 aniversario. Como curiosidade, as persoas que se acheguen esa tarde ata o peirao poderán ver un Renault Gordini, coñecido como o coche das viúvas, porque tal e como contan, a súa...
leer másAs celebracións comezarán este xoves, 1 de agosto, coa inauguración da Feira da Cervexa Artesanal de Viveiro nos xardíns Noriega Varela, a colecta da AECC en diferentes puntos da vila, a exposición de indumentarias do Camiño de Santiago na Biblioteca Municipal, e o comezo da XLIV Mostra Folclórica Internacional na praza maior.
A alcaldesa María Loureiro destaca "a aposta polos grupos locais e do Conservatorio de Viveiro nas festas”. O 9 de agosto celebrarase unha emotiva homenaxe a Óscar Fernández, músico e profesor do Conservatorio falecido o pasado mes de outubro e moi querido en Viveiro.
Nos días seguintes haberá tamén diversos concertos, exposicións, eventos deportivos e outras actividades. O 14 de agosto terá lugar a lectura do pregón no balcón da Biblioteca Municipal, dando paso aos días grandes das festas...
leer másO Concello de Cervo arrincará o mes de agosto co Festival Folklórico Internacional e Infantil que se celebrará en San Ciprián, na Praza dos Campos o 2 e o 3 de agosto, da man do Grupo Folklórico Mistura, coa colaboración da Administración local.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, e o concelleiro, Alfredo Fernández, presentaron a cita acompañados de varios compoñentes de Mistura.
Así, o venres 2 de agosto, terá lugar o Festival Internacional que arrincará ás 20:00 horas coa participación do Grupo Folklórico “Naz” (Kazajistan), a Compañía Nacional de México (da mestra Mari Nieves Panyagua), Grupos Coros y Danzas San Antón de la Peña La Zaranda (Murcia) e rematará coa actuación do anfitrión, o Grupo Folklórico Mistura.
Xa o sábado, 3 de agosto, será a quenda dos máis pequenos/as; a...
leer másA parroquia de San Adriano, en Lourenzá, celebrará as súas tradicionais festas na honra a Santa Filomena o 6, 7 e 8 de setembro. Durante 3 días, veciños e visitantes poderán gozar dunha programación variada que inclúe gastronomía, música e celebracións relixiosas.
O venres, 6 de setembro, a partir das 21:30 horas, gran pulpada e churrascada. Tamén haberá verbena a cargo das orquestras Trébol e Magos.
O sábado, 7 de setembro, ás 13:30 horas, misa solemne e sesión vermú coa orquestra Costa Dorada. Xa pola noite, estelar verbena coas actuación das orquestras Costa Dorada e Saudade.
O domingo, 8 de setembro, ás 13:30 horas, misa solemne que estará seguida pola sesión vermú, amenizada polo grupo de baile da Asociación Cultural Osorio Gutiérrez, de Lourenzá, e, de seguido, a orquestra Principal...
leer másA parroquia de Carballido, en Alfoz, celebrará as súas tradicionais festas ha honra de San Roque do 16 ao 18 de agosto.
O venres, 16 de agosto, a partir das 13:30 horas haberá misa, procesión e sesión vermú co Dúo Belinda. Pola noite, o Grupo Claxon poñerá ritmo á verbena.
O sábado, 17 de agosto, a partir das 13:30 horas, terá lugar a misa, procesión e sesión vermú esta vez a cargo do Grupo Montreal. O día rematará cunha verbena protagonizada pola actuación de DJ Balbin.
O domingo, 18 de agosto, a partir das 21:00 horas está programada unha gran churrascada seguida dunha verbena coa Orquestra Los Satélites e Discomóvil Conxuro porán o peche perfecto a esta festividade.
La tradicional romería de San Pedro Fiz en Vilarmide (A Pontenova) se celebrará este domingo, día 4 de agosto.
Habrá misas a las 9:30, 10:30, 11:30 y 13:00 horas, esta última seguida de procesión. Y después tendrá lugar una sesión vermú con el dúo Primera Línea, que también amenizará la sesión de tarde junto a Marcos y la discoteca móvil The Sound Project.