Eventos

20/08/2024

As festas na honra de San Bartolo en San Cosme de Barreiros celébranse desde o venres 23 ata o domingo 25 de agosto.

As actividades comezarán o venres ás 20:30 horas cunha churrascada popular e música a cargo do dúo Belinda, a orquestra Galilea e o DJ Alejandro Martínez.

O sábado 24, día de San Bartolo, ás 13:00 haberá misa solemne e despois procesión e actuación de O Arco da Vella. A continuación empezará unha sesión vermú longa co dúo Belinda. Na verbena actuará a orquestra El Combo Dominicano alternando co DJ Alejandro Martínez.

E o domingo haberá sesión vermú longa con Charanga Mekanika Rolling Band e grupo Fénix. Na verbena actuará o grupo Fénix e o DJ Alejandro Martínez.

Etiquetas:
20/08/2024

O Concello de A Pontenova organiza a oitava edición da Festa da Malla, que se celebrará este sábado, 24 de agosto.

As actividades empezarán ás 12 do mediodía co comezo da malla e ás 13:30 horas haberá sesión vermú co trío Zafiro. Ás 14:30 horas terá lugar unha comida para a cal hai que recoller os tickets antes deste xoves, 22 de agosto.

Despois de comer, ás 17 horas continuará a malla e de 20:30 a 21:30 horas haberá música a cargo de DJ Bombardero, que tamén actuará na verbena xunto ao trío Zafiro.

Etiquetas:
20/08/2024

A Comunidade de Montes Verín e Carras, en colaboración co Concello de Lourenzá, anuncia as festas na honra a San Pedro Fiz, que se celebrarán na Cazolga o 23, 24 e 25 de agosto. 

O venres, 23 de agosto, a partir das 21:00 horas comezarán os festexos cunha gran pulpada e churrascada servida polo Bar Rochela, de Vilalba. A celebración continuará ás 23:00 horas cunha verbena a cargo do Grupo Fénix e D.M. Conxuro.

O sábado, 24 de agosto, ás 13:00 horas haberá unha misa solemne seguida de procesión e de sesión vermú coa orquestra D’Noche. Pola noite, a partir das 22:30 horas, a verbena será amenizada pola orquestra D’Noche e D.M. Conxuro.

Para finalizar as festas, o domingo, 25 de agosto, terá lugar ás 13:30 horas unha misa solemne e procesión, seguida dunha sesión vermú co Dúo Belinda.

... leer más
Etiquetas:
19/08/2024

O vindeiro sábado, 24 de agosto, celebrarase en San Isidoro do Monte, en Xove, a tradicional Feira do San Bartolo.

A xornada contará cunha ampla programación que inclúe recepción do gando no campo da feira ás 10:00 horas, misa solemne ás 13:00 horas, sesión vermú con animación musical ás 13:30 horas e verbena con animación musical ás 17:30 horas.

Un dos puntos fortes da feira será o Concurso Gandeiro, onde se premiará ao maior número de reses cabalares e vacunas presentes no evento, chegando a poder gañar 110 euros. Os participantes que queiran concursar deberán levar a documentación pertinente: carta de saneamento para o gando vacún, e microchip e libro para o gando cabalar. Ademais, lémbrase que cada concursante será responsable dos animais que presente na feira.

Durante a tarde,...

leer más
18/08/2024

Dentro do programa Noites Alternativas organizado polo Concello de Cervo os días 19 e 20 de agosto, luns e martes, haberá a actividade Chan Interactivo, para maiores de 8 anos. Será na Praza dos Campos, de San Cibrao, desde as 19:00 horas ata a unha da madrugada.

O Concello de Cervo anuncia: “seguimos coas Noites Alternativas cunha divertida e novidosa actividade: Chan Interactivo. Achégate a descubrilo!!!”.

18/08/2024

A segunda edición da Cedofestiña celebrarase na parroquia ribadense de Cedofeita o día 31 de agosto, sábado, con entrada de balde.

Haberá visita guiada ao pazo e proxección de curtas a partir das 18 horas e concertos desde as 20 horas coas actuacións de Kornucopia, Miguel Alberte e Tapete (Dj set).

Este evento está organizado polo colectivo ribadense As Vacas Fracas, que anuncia: “estamos contentísimas porque xa está aquí a segunda edición da Cedofestiña. Reserva a última finde de agosto para despedir o verán porque vai estar chulísimo. Ademais de concertazos faremos unha visita guiada ao Pazo, que rematará coa proxección de curtas e posterior coloquio”.

Etiquetas:
18/08/2024

Mondoñedo celebra un Entroido de Verán o día 24 de agosto, sábado, a partir das 18:00 horas.

Será na Praza do Concello e haberá animación musical e premios para os mellores disfraces.

Etiquetas:
17/08/2024

A segunda edición da Festa da Ría celebrarase xunto á lonxa de Ribadeo día 24 de agosto, sábado.

A Asociación Cultural e Lúdica Catro Caños, de Ribadeo, anuncia: “o pasado ano tivemos o pracer de celebrar xunto á Asociación de Percebeiros O Cerredo a primeira Festa da Ría na lonxa de Ribadeo, e vamos coa segunda. Festa para gozar dos marabillosos produtos locais que nos brinda a nosa ría ao son da mellor música tradicional”

A partir das 12:00 horas haberá degustación de mexillóns e ostras da Ría de Ribadeo, empanada e música en directo con Pandereteiros do Inferno, Tumba e Dálle e DJ Tralla.

Etiquetas:
16/08/2024

Portocelo, en Xove, celebra as súas festas na honra da Nosa Señora. A fin de semana do 6 ao 8 de setembro, pequenos e grandes poderán desfrutar dunha programación cargada de actividades e música.

O venres, 6 de setembro, a festa do langostino e do churrasco ás 20:00 abrirá os festexos. Máis tarde ás 23:00 horas haberá festa rachada co Dúo Epo-K e a orquestra Galilea para non parar de bailar.

O sábado, 7 de setembro, comezará ás 10:00 coas bombas de palenque seguidas dunha misa solemne ás 13:00 horas. Despois ás 14:00 horas sesión vermú co Grupo Kalima 3.0. Xa pola tarde, campionato de bolos ás 18:00 horas. Por último, ás 22:30 horas gran verbena co Grupo Kalima 3.0, Disco móvil Conxuro e a orquestra El Combo Dominicano.

O domingo, 8 de setembro, de novo haberá bombas de palenque ás 10:00...

leer más
Etiquetas:
14/08/2024

O Concello de Xove e a asociación de festexos Montevelle presentan o programa oficial das Festas do San Bartolo e da Virxe do Carme, que terán lugar entre o xoves 29 de agosto e o luns 2 de setembro. Estes festexos contarán cunha ampla variedade de actividades para todas as idades.

O xoves, 29 de agosto, ás 20:30 horas  darase inicio ás festas cun pregón no Salón de Actos a cargo de Lolita Barro, mestra en Xove durante moitos anos.

O venres, 30 de agosto, a partir das 20:00 horas celebrarase unha Sardiñada Popular animada pola Charanga NBA. Os tíckets estarán dispoñibles a 3 €. Pola noite, gran verbena coa actuación da orquestra Solara e o grupo América.

O sábado, 31 de agosto, pola mañá, pasarrúas coa Banda Naval de Viveiro e os cabezudos da Asociación Cultural Saíñas. Ás 13:00 horas...

leer más