Eventos
Ribadeo prepárase para celebrar as súas Patronais 2024 cunha ampla variedade de actividades e eventos para todos os públicos.
O venres, 30 de agosto, Día do Pregón, ás 20:30 horas no Cine Teatro, a ribadense e ex-alcaldesa de Alicante, Sonia Castedo, será a encargada de dar o pregón. Na cita actuará a Coral Polifónica de Ribadeo. A continuación ás 21:30 horas haberá un pasarrúas a cargo de Tamega.
O sábado, 31 de agosto, a festa continuará coa Noite de DJs a partir das 23:30 horas, na que actuarán Alejandro Martínez, Litainer e The Sound Project.
O domingo, 1 de setembro, será o Día da Bicicleta, coa concentración ás 10:30 horas e a saída ás 11:00 desde a Casa do Concello. Ás 13:00 horas, as rúas do pobo encheranse de música coa sesión vermú a cargo dos Pandereteiros do Inferno. Pola...
leer másSanto Estevo do Ermo, no concello de Barreiros, acollerá o día 1 de setembro, domingo, un xantar e unha visita guiada.
Os organizadores explican que “este acto suspendeuse hai un mes por mor do mal tempo que impedía a súa celebración; agora, retómase: A Fundación Eira da Xoana (ADEGA), Mariña Patrimonio e a Irmandade Santo Estevo teñen o pracer de convocar a todas as persoas que fixeron unha achega económica para a compra da parcela de Santo Estevo, así como a todas aquelas que queiran unirse a esta celebración, a unha comida de confraternidade e a un paseo guiado pola fraga de Santo Estevo. Queremos celebrar con todos e todas vós este importante logro e amosarvos en persoa o espazo que, grazas a vosa xenerosidade, estamos a preservar e recuperar”.
Tamén anuncian o programa de actividades: “ás 14:30 horas, comida...
leer másA XXXIV Mostra Folclórica do Valadouro celebrarase o próximo 1 de setembro de 2024 ás 19:00 horas na praza de Santa María.
O evento contará coa participación de dous grupos folclóricos destacados: Cantigas e Agarimos, procedente de Santiago de Compostela, e a Asociación Cultural Amado Lar, do propio Valadouro.
Esta mostra é unha oportunidade única para gozar do mellor folclore galego nun ambiente festivo e cheo de tradición. O evento, organizado por Amado Lar, conta coa colaboración do Concello do Valadouro.
A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense vén de abrir novas datas na programación de actividades de Xeoturismo, posto en marcha o pasado mes de decembro a través do Plan de Sostibilidade Turística 2022-2024, logo do éxito acadado na convocatoria lanzada a pasada semana, que cubriu practicamente a totalidade de prazas ofertadas. O PST está cofinanciado pola Mancomunidade, a Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo.
Fuciño do Porco
A ruta en barco ata o Fuciño do Porco esgotou as 12 prazas ofertadas para o 25 de agosto en cuestión de horas, polo que foi programada unha segunda data para o 21 de setembro que, ao igual que a primeira, será unha xeoruta en barco ao Fuciño do Porco con saída desde Viveiro, guiada polo xeólogo Fran Canosa.
O acceso desde terra a este punto a través das populares...
leer másA Asociación Conde Santo, coa colaboración do Concello de Lourenzá, da Asociación Patrimonio Laurentino e da Xunta de Galicia, organiza a Lenda do Conde para conmemorar os 50 anos da declaración BIC do Mosteiro de San Salvador. Este festexo terá lugar o día 30 de agosto en Vilanova de Lourenzá e conta cunha variada programación.
Ás 21:30 horas proxectarase un audiovisual titulado “Lenda do Conde” seguido dunha gran cea no claustro do Mosteiro de San Salvador. Dita cea inclúe caldo, codillo, postre, café e viños e o seu prezo é de 30 euros para os adultos e para os nenos de 5 a 10 anos só custará 10 euros. Por último, a partir das 00:00, os asistentes poderán desfrutar da actuación de Luar na Lubre.
Ás persoas que asistan á festa desde a organización recoméndanlles facelo vestidas de época. Todo aquel que non teña...
leer másLa Asociación de Vecinos San Julián de Sante (Trabada) organiza la primera Ruta de Senderimos Voltiña a Sante y la Gran Paellada para el día 1 de septiembre, domingo.
La ruta saldrá a las 11 de la mañana desde el teleclub de Sante, tiene una dificultad media y la duración aproximada es de dos horas y media. Y la I Gran Paellada está programada para las 14:30 horas en el teleclub de Sante. Para participar hay que apuntarse antes del 29 de agosto, jueves.
A localidade de Espasande de Abaixo, no concello de Riotorto, celebra as festas na honra de San Bartolo, esta fin de semana: desde o venres 23 ata o domingo 25 de agosto.
As actividades empezarán o venres cunha comida popular e a partir das 22:00 horas haberá verbena amenizada pola cantante Verónica Cambón.
O sábado a partir das 10:00 horas Gaiteiros de Riotorto ofrecerán un pasacalles. Ás 13:00 horas celebrarase misa e despois procesión e sesión vermú coa orquestra Salsarena, que tamén actuará na verbena xunto ao dúo La Hora Bruja.
E o domingo haberá misa ás 13:00 horas e despois procesión e sesión vermú, amenizada polo dúo Venús, que tamén actuará na verbena xunto á orquestra Principal.
A comisión organizadora das festas destaca que o campo estará cuberto con...
leer másO próximo sábado, 24 de agosto, Ribadeo retrocederá no tempo para celebrar un guateque dedicado ás décadas dos 60, 70 e 80. O evento, que terá lugar no parque de San Francisco, arrancará a partir das 20:00 horas e promete ser unha noite inesquecible para todos os asistentes.
O obxectivo desta cita tan especial é recadar fondos para as festas patronais da vila. A música das épocas douradas e o ambiente cargado de nostalxia serán os protagonistas da velada.
Ademais o domingo, 25 de agosto, o guateque continuará coa xa clásica sesión vermú, que dará comezo ás 13:00 no mesmo lugar. Unha ocasión perfecta para gozar en familia e entre amigos, rememorando os grandes éxitos musicais que marcaron xeracións.
O guateque está organizado pola comisión de festas e o Concello de Ribadeo, que contan coa...
leer másO vindeiro 24 de agosto celebrarase en Ribadeo a XI Malla do Trigo das Anzas organizado polo Concello de Ribadeo e pola Xunta de Galicia.
O evento dará comezo ás 10:00 horas coa instalación da maquinaria e dos primeiros mollos. Ás 11:00 horas comezará a malla, que estará amenizada polo Cuarteto Tradicional Illa Pancha e o Grupo Lume. Ás 12:30 horas terá lugar o reparto de pan, sardiñas e viño. Unha vez rematada a malla haberá unha sesión vermú a cargo do Grupo Lume, seguida da comida cun completo menú que inclúe: paella de marisco, costela de porco asada, tarta milfollas, viños, cervexa, auga, refrescos, pan, café e licores. O prezo do menú é de 26 euros, sendo gratuíto para os menores de 12 anos. A partir das 17:00 horas darán comezo os xogos tradicionais co grupo Xostramu, xunto con inchables para os nenos. Ao remate da xornada, o Grupo...
leer másNaseiro prepárase para celebrar un dos eventos máis importantes do ano, a Romaxe do Bo Xantar, declarada de interese turístico galego. A programación, que se estenderá desde o venres 23 ata o mércores 28 de agosto, inclúe unha serie de actividades para todos os públicos, destacando especialmente o Día do Polbo, o 23, que estará amenizado por unha charanga
O sábado 24 haberá misa na capela do campo da festa e procesión ás 13:30 horas e a festa continuará coa música do Grupo J.B.Son e o concerto de Los Alcántara. Xa o domingo 25 a xornada volverá a comezar con misa na capela ás 13:30 horas, seguida tamén de procesión, e a animación estará a cargo das orquestras Supertop e Platinum.
O luns 26 será a quenda da orquestra Salsarena e do Grupo Arizona, mentres que o martes 27 o Grupo Zona Zero e o Disco Móbil Conxuro...
leer más