Eventos
La Semana Santa de Viveiro adelanta los horarios tradicionales de las procesiones del Jueves Santo, “tratando de evitar las horas en que venía acabando la última procesión. De esta manera contribuimos a mejorar la asistencia a todas ellas y al descanso necesario para no perder el Encuentro en la mañana del Viernes Santo”, explica la portavoz de la Xunta de Cofradías, Mari Carmen López Gómez.
El comunicado oficinal sobre este asunto indica: “Reunidas los responsables de la Venerable Orden Tercera, la Hermandad del Prendimiento y la Cofradía de la Misericordia, con actitud proactiva y de consenso para buscar una racionalización de los horarios y no se alargue esta jornada de forma desproporcionada, hemos decidido adelantar los horarios de nuestros desfiles procesionales. Dicho acuerdo ha sido ratificado de forma unánime tanto por los...
leer másA Asociación Recreativa Cultural Os do 21, de O Vicedo, celebrará o seu primeiro serán este sábado, día 29 de marzo, a partir das 12:00 horas. Será no campo da festa de Negradas.
Serviranse racións de callos con bebida e postre por 18 euros, pero para participar na comida hai que anotarse previamente a través do teléfono 616.762.659 ou mercando o ticket en establecementos de O Vicedo.
Ás 16:30 horas o grupo Os Carecos ofrecerá un obradoiro de baile e ás sete da tarde comezará a foliada. Ademais ao longo da xornada haberá diferentes sorteos.
O Concello de Xove, a través da Área de Muller e Igualdade, organiza actividades de conciliación familiar, para nenas e nenos de 3 a 10 anos de idade, durante a Semana Santa, concretamente os días 14, 15, 16 e 21 de abril de 8:45 a 14:15 horas.
Para participar hai que inscribirse na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) ou na sede electrónica do Concello de Xove. O prazo remata o día 31 de marzo, luns.
O Concello de Mondoñedo anuncia que “ven de presentarse o programa e cartel da Semana Santa de Mondoñedo. As celebracións comezarán o sábado día 12 de abril co pregón e rematarán o domingo día 20 coa Misa de Resurrección”.
Tamén explica que “durante toda a semana haberá procesións e celebracións relixiosas, sendo o Venres Santo, día 18 de abril, onde se concentra o groso das celebracións”.
San Ciprián acollerá o día 19 de abril, sábado de Semana Santa, a III Festa das Xeracións, organizada polo club de trail local A Fume de Carozo coa colaboración do Concello de Cervo.
A cita, que terá lugar na carpa instalada na Praza dos Campos, en San Ciprián, foi presentada pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, e por varios membros do club organizador.
Tal e como precisan desde a organización, esta Festa das Xeracións, que vai xa pola terceira edición, “reflexa o espírito inclusivo e participativo do club de trail, como unha actividade complementaria ao deporte na que convivir, desfrutar e tecer novos lazos ou mesmo recuperar antigos vínculos, con reencontros e novas amizades entre persoas que ser irán acomodando no xantar en función da década de nacemento”.
As persoas...
leer másO Concello de Barreiros, desde a Área de Igualdade, organiza un novo campamento infantil baixo o programa +Concilia Abril como medida de conciliación familiar durante o período non lectivo de Semana Santa. Trátase dunha actividade na que se ofertan 50 prazas e que se vai desenvolver no CEIP de San Cosme de Barreiros os días laborais comprendidos entre o 14 e o 21 de abril en horario de 9:30 a 13:30 horas. Poderán participar todas aquelas crianzas nadas do 01/01/2013 ao 31/12/2021.
As inscricións deberán presentarse no rexistro do Concello de Barreiros en horario de 9:30 a 14:30 horas ou a través da súa sede electrónica antes de que finalice o prazo, o 2 de abril.
Participar neste programa terá un custo de 5 euros para crianzas empadroadas no concello de Barreiros e de 20 euros para as non empadroadas.
... leer másMondoñedo celebra a Festa da Árbore desde o ano 1569 e a edición deste 2025 terá lugar na Praza do Concello este sábado, día 29 de marzo.
As actividades comezarán ás 12:00 horas con xogos populares e tradicionais. Ás 13:15 horas haberá plantación de árbores e recital de poemas con acompañamento musical. E ás 13:30 horas entregaranse os premios do XIII Concurso da Árbore e os debuxos participantes no certame exporanse durante a festa.
Este evento está organizado pola asociación cultural O Pasatempo coa colaboración do Concello de Mondoñedo.
No marco do programa do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes, o CEIP de Cervo participa este curso académico no proxecto colaborativo “Cada gota cuenta”, unha iniciativa que reúne centros educativos de distintas comunidades autónomas para compartir experiencias e boas prácticas educativas.
Durante esta semana, o noso centro acolle a visita de once docentes procedentes de Asturias (CRA Lena), Alacante (CEIP Pintor Sorolla), Cartaxena (CEP Antonio de Ulloa) e Gran Canaria (CEIP Tagoror). Durante tres días, terán a oportunidade de coñecer a nosa contorna educativa, mergullarse no día a día do noso alumnado e intercambiar coñecementos e metodoloxías didácticas.
A visita dará comezo mañá, mércores, cun acto de recepción que terá lugar ás 9:45 horas. O evento contará coa presenza da Alcaldesa de...
leer másAta o día 3 de abril está aberto o prazo de inscrición nas actividades lúdico deportivas que organizan as Concellerías de Deportes e Mocidade e Benestar Social e Familia na Semana Santa co obxectivo de facilitar a conciliación laboral e familiar. Na presentación participaron os edís Elena Sierra e Francisco José Silvent.
O concelleiro de Deportes explicou que “os días 14, 15 e 16 de abril haberá un mini campamento para nenas e nenos de 4 a 8 anos no Ceip Gregorio Sanz en horario de 10:30 a 14:00 horas. E outro mini campamento para rapazas e rapaces de 9 a 12 anos, que tamén se desenvolverá no Gregorio Sanz de 10:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas. Ambos contarán con servizo de programa madrugador. O martes, día 15, pola tarde de 16:30 a 19:30 terá lugar unha festa lúdica con inchables, tocador de pintacaras, glitter bar, photocall,...
leer másMondoñedo entregará os premios do concurso Debuxando en Igualdade 2025 e haberá un espectáculo de monicreques este sábado, día 29 de marzo. Será ás 17:00 horas no auditorio Pascual Veiga.
O Centro de Información ás Mulleres de Mondoñedo anuncia: “seguimos coas actividades conmemorativas do 8M e o sábado 29 de marzo terá lugar a entrega de premios do concurso Debuxando en Igualdade 2025 no Auditorio Pascual Veiga a partir das 17 horas. A continuación terá lugar un espectáculo de títeres sobre conciliación e igualdade titulado Bebé…, ofrecido por Mircromina Títeres. Este evento é aberto a todos os públicos”.












