Eventos

03/04/2025

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou hoxe en Barreiros na presentación da terceira Festa do Veciño de Celeiro de Mariñaos, que se celebra este sábado, 5 de abril.

A cita está organizada pola asociación de veciños e veciñas desta parroquia e conta coa colaboración da Administración autonómica. O obxectivo é xuntar á veciñanza nunha cea de confraternidade seguida de actuación musical e baile.

A organización instalará unha carpa para albergar as actividades, que comezarán coa cea ás 21:30 horas.

Arias destacou que a Xunta coopera con multitude de asociacións lucenses para impulsar todo tipo de propostas que fomentan a unión veciñal e revitalizan os barrios e os núcleos de poboación.

02/04/2025

A presentación da marca De Catedral a Catedral terá lugar o día 11 de abril, venres, ás 11 horas na Casa dos Coengos, dentro da Catedral de Mondoñedo.

O Concello de Mondoñedo explica que “a marca De Catedral a Catedral vai potenciar o Camiño Norte, propoñendo un itinerario entre a catedral de Mondoñedo e a de Santiago a facer en sete etapas. O proxecto De Catedral a Catedral, xurdido a iniciativa popular e que conta co apoio do comercio, a hostalería e restauración local, así como das institucións locais e autonómicas, e da Diocese Mondoñedo Ferrol e da Diocese de Santiago, ponse en marcha a partir deste venres 11. A presentación da marca De Catedral a Catedral, á que acudiran a directiva da xestora así como autoridades civís e eclesiásticas, será o punto de saída desta interesante iniciativa que...

leer más
02/04/2025

O Alfar dos Muíños, en Mondoñedo, acollerá o este domingo, día 6 de abril, unha xornada de oficios artesáns impulsada pola Xunta en colaboración coa Asociación Profesional de Artesáns dos Muíños e Concello. A iniciativa enmárcase na programación dos Días Europeos da Artesanía, que inclúe máis talleres abertos ao público esta semana en Mondoñedo e noutros lugares de Galicia.

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, e a concelleira de Turismo de Mondoñedo, Patricia Otero, presentaron as actividades na Delegación Territorial de Lugo xunto con tres dos artesáns participantes: Verónica Page, Maica Juncal e Marcelo Scapinachis.

O domingo o Alfar dos Muíños acollerá obradoiros de torno cerámico, modelado manual e esmaltado, fiado con roca, confección en pel, títeres, estampado artesanal e marroquinería. Os talleres...

leer más
Etiquetas:
02/04/2025

O Concello de Alfoz organiza actividades lúdicas para menores de 18 anos o día 16 de abril, mércores de Semana Santa. Serán de 16:30 a 20:30 horas no pavillón municipal.

Haberá “inchables, circuíto RC, xogos xigantes con monitor, Battle Arena, batallas en colchoneta con bolas de espuma, música e moita diversión. Ven gozar dunha tarde chea de risas e aventura!”, anuncia o Concello de Alfoz.

Etiquetas:
02/04/2025

Penasagudas, no municipio de Xove, celebrará a festa de San Isidoro de Monte esta fin de semana, sábado 5 e domingo 6 de abril

As actividades comezarán o sábado as 13:00 horas con misa solemne e procesión, ás 14:00 horas haberá sesión vermú co dúo Belinda, ás 15:00 horas terá lugar un xantar e desde as 17:00 horas, baile co dúo Belinda e o  grupo Fénix, no que haberá trofeos ás 3 mellores parellas de pasodobre e un trofeo á mellor parella de bachata.

E para o domingo a partir das 10:00 horas está programada unha ruta de sendeirismo (a pé, a cabalo ou en bicicleta); ás 14:00 horas haberá sesión vermú; ás 15:00 empezará o xantar e a partir das 17:00 horas comezará o baile cunha actuación estelar, anuncia a organización, que corre a cargo da asociación Cruz de Loureiro, de San Isidoro de Monte. Tamén destaca que...

leer más
31/03/2025

Todo está listo para a celebración de Ribadeo 20/25. O acto deste xoves, día 3 de abril, no auditorio municipal será conducido polo xornalista Fabián Pérez.

O alcalde, Dani Vega, contou: “todo está preparado para celebrar Ribadeo 20/25. Vinte anos de BIC, Ben de Interese Cultural, pobo declarado con ese patrimonio ben conservado e iso fala ben de todos os gobernos de Ribadeo, que intentamos conservar e facelo o mellor posible para que o noso conxunto histórico estea ben conservado e coidado e tamén con actividade”.

O rexedor declarou: “vintecinco anos de destino turístico de calidade. Tamén durante todo este traxecto e toda esta historia de vintecinco anos todos os gobernos traballaron para conseguir que Ribadeo fose ese destino turístico de calidade. Con esa estratexia conxunta entre administracións e...

leer más
31/03/2025

A asociación comarcal Camiña organiza a Primeira Andaina Solidaria Camiñando Xuntos este domingo, día 6 de abril, en Burela. A saída será ás 11:00 horas desde a Praza do Concello e o percorrido irá ata a praia de Ril, ida e volta.

O prezo da inscrición é de 5 euros (destinados á Camiña) e pode facerse previamente en...

leer más
Etiquetas:
30/03/2025

A mañá do domingo 6 de abril terá lugar unha nova andaina organizada por Guía tu Día.

Consistirá nun paseo guiado de 10km (dificultade baixa) bordeando a ría de Foz, pasando por lugares interesantes como a lagoa dos Patos, varios miradoiros con vistas á ría e a Foz, as fantásticas praias de Barreiros e o seu paseo marítimo. Falarase tamén de fauna e flora.

Durante o camiño farase unha parada para xantar de picnic. E a volta será tren. As mascotas tamén poden participar, unicamente deberán traer bozal para poder montar no tren.

Esta visita guiada ten un custo de 10€  persoa. Para máis información e reservas poden chamar á guía Ana no 654 99 68 57.

27/03/2025

Viveiro acollerá un evento pro recadación para as Festas do San Roque no Día das Tortillas, que é o domingo 6 de abril.

Está organizado pola comisión Viveiro en Festas, que explica: “cremos que o Días das Tortillas é unha festa moi chula para seguir mantendo en Viveiro, así que imos facer que o parque Pernas Peón sexa un sitio para celebrar en boa compañía o domingo 6 de abril. Imos ter á venda tortillas grazas á colaboración co restaurante La Tortilla Maravilla, en porcións ou enteiras, pero podes reservar a túa a través do whatsapp do teléfono 619.14.14.62. A partir das 12 abrimos inscricións para o I Concurso Popular do Día das Tortillas, no que calquera veciño ou veciña pode presentar a súa mellor receita”.

Ademais a partir das 13:30 horas haberá sesión vermú a cargo do Dúo Vivarium e ás 17 horas, veredicto do...

leer más
Etiquetas:
26/03/2025

Ribadeo celebrará o 25 aniversario como destino turístico e os 20 anos como Ben de Interese Cultural o vindeiro 3 de abril nun acto, que se desenvolverá no auditorio municipal, e que contará coa presenza do presidente da Xunta, Alfonso Rueda. 

O alcalde, Dani Vega, contou esta mañá que “Ribadeo celebra 25 anos de destino turístico e 20 anos de BIC (Ben de Interese Cultural). Vainos acompañar o presidente da Xunta. Sete municipios de todo Galicia celebramos ser ese destino turístico. Estamos a falar de Pobra de Trives, de Lieiro, de Monterrei, Sanxenxo, Baiona e Mondariz Balneario. Sete municipios que hai 25 anos foron declarados destinos turísticos por parte da Xunta de Galicia. Recordar isto quer dicir que durante todo un proceso fomos medrando e fomos traballando estratexicamente por ter un turismo de calidade, un turismo estratéxico e...

leer más