Eventos

Etiquetas:
09/07/2024

O Concello de Burela emitirá a participación do equipo do municipio no programa de Televisión Española Grand Prix del Verano o día 22 de xullo. Será na praza do Concello a partir das 21:30 horas. Haberá unha presentación do equipo participante e a continuación terá lugar a emisión do programa ás 22:05 en pantalla grande. Tamén se proxectará o vídeo que levou a Burela a ser protagonista do coñecido programa.

Dende o Concello de Burela anímase a veciñanza a asistir vestida de azul para animar ao equipo, que se enfrontará ao da vila madrileña de Morata de...

leer más
Etiquetas:
09/07/2024

San Ciprián, no concello de Cervo, celebrará as súas festas na honra á Virxe do Carme os días 15 e o 16 de xullo.

A cita, organizada polo Concello de Cervo, foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés, a concelleira Mali Méndez, os edís Alfredo Fernández e Adrián Arias e por unha representación da asociación Mar de San Ciprián, que se encarga de organizar a procesión; de Mulleres de San Cipirán, que colabora coa decoración floral; e de varios colaboradores da Festa e da asociación A Anxuela.

Os festexos arrincarán o luns 15, coa sesión vermú a cargo do Grupo Zona Zero, ás 14:00 horas. Xa á noitiña, ás 21:00 horas terá lugar a tradicional procesión do Carme ata o peirao, organizada pola asociación Mar de San Cipirán e acompañada polo grupo de gaitas A Rebolaxe. A continuación será a verbena na Praza dos Campos co Grupo Zona Zero e a orquestra...

leer más
Etiquetas:
09/07/2024

A parroquia de Santa Cilla, no concello de Foz, celebrará as súas festas na honra á Virxe do Carme esta fin de semana, desde o venres 12 ata o domingo 14 de xullo.

As actividades comezarán o venres ás 21 horas con churrascada e chourizada amenizada polo dúo Belinda e a orquestra madrileña La Misión.

O sábado haberá misa solemne ás 13 horas, seguida de procesión e sesión vermú a cargo do grupo Lume, que tamén actuará na verbena xunto ao grupo Montreal.

E o domingo celebrarase misa solemne ás 13 horas e a continuación haberá procesión e sesión vermú, co dúo Belinda, que tamén amenizará a sesión de tarde a partir das 19 horas. Ademais os nenos e nenas poderán gozar de inchables gratis.

A organización destaca que o recinto da festa estará cuberto con carpa e disporán...

leer más
09/07/2024

Este mércores, 10 de xullo, seguen as actividades para a mocidade organizadas polo Concello  de Ribadeo. Haberá Cine na Rúa a partires das 22:30 horas. No Campo de San Francisco proxectarase “Super Mario Bros. La película”.

E o xoves, día 11, na pista de skate desde as oito da tarde ás doce da noite haberá sesión dj con Pedro Bermúdez. 

Desde a Concellería de Mocidade animan a gozar desta programación que daba comezo o pasado 3 de xullo e que se vai prolongar ata o 9 de agosto. 

 

08/07/2024

O club de fútbol Unión Deportiva Folgueiro, do Vicedo, celebrará unha comida popular este sábado, día 13 de xullo, para celebrar o seu 21º aniversario. Será no campo da festa do Folgueiro, onde haberá carpa.

As actividades desta celebración empezarán ás 13:00 horas cunha sesión vermú amenizada polo dúo Zafiro, que tamén actuará pola tarde xunto a un DJ. Tamén haberá sorteos.

O prazo para inscribirse remata o 11 de xullo.

04/07/2024

A Xunta de Galicia impulsa unha variada oferta cultural en  10 concellos da Mariña a través do programa CulturON 2024. O delegado territorial, Javier Arias, presentou hoxe na Delegación Territorial os detalles da programación, ques se prolongará ata setembro e abrangue espectáculos de teatro, música ou maxia pensados para todos os públicos.

Arias destacou a aposta pola descentralización deste programa da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, con iniciativas en boa parte dos municipios da provincia e moi especialmente nas zonas rurais, en liña cos obxectivos da futura Rede Adival e da Lei de Cultura inclusiva e accesible de Galicia. Ademais, brinda ás industrias culturais galegas a oportunidade de amosar o seu traballo ao público en todo o territorio.

Inclúe proxectos propios da Administración autonómica ou...

leer más
Etiquetas:
04/07/2024

A 53ª edición da Rapa das Bestas de Candaoso, nos montes de Buio e Lerín, da parroquia viveirense de Boimente, celebrarase esta fin de semana, o sábado 6 e o domingo 7. Esta feira e festa está declarada de interese turístico.

As actividades empezarán o sábado pola tarde coas actuacións musicais do trío Zafiro e a disco móbil Conxuro.

O domingo haberá feira de gando cabalar e para as 10 horas está prevista a baixada do gando e o peche do curro. A sesión vermú estará amenizada polo trío Zafiro e a partir das 16:00 horas disputaranse carreiras e outras competicións de cabalos e burros.

 

Etiquetas:
04/07/2024

A parroquia de Santa Isabel de Lieiro xa está preparada para vivir a fin de semana máis importante do ano, coa celebración das Festas na Honra de Santa Isabel, que se celebrarán esta fin de semana, desde o venres 5 de xullo, ata o luns 8 de xullo.

A tradicional cita do verán cervense foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, e por unha representación da Asociación Cultural Comisión de Festas de Lieiro, que se encarga da organización, coa colaboración do Concello.

O programa arrincará o venres ás 22.30 horas, coa celebración da Festa da Xuvente con Nueva Fuerza, Conxuro discomóvil e DJ Litainer. 

O sábado, 6 de xullo, a xornada comezará ás 10.00 horas cunha ruada a cargo do grupo Mistura de Lieiro. Ás 12.30 horas celebrarase a misa solemne cantada pola Coral Terra Mar e ás 13....

leer más
04/07/2024

San Martiño e Figueiras, no concello de Mondoñedo, celebrarán as festas na honra de Santa Isabel esta fin de semana, o sábado 6 e o domingo 7 de xullo.

As actividades comezarán o sábado ás 13:00 con misa solemne, seguida de procesión e sesión vermú, amenizada pola orquestra Salsarena, que tamén actuará na verbena xunto ao dúo Venús.

E o domingo ás 13:00 horas haberá misa solemne e a continuación procesión e sesión vermú, co dúo Venús.

O campo da festa estará cuberto con carpa.

 

04/07/2024

A Sociedade Cultural Recreativa Ledicia vén de resolver o concurso de carteis convocado co gallo da XXXVIII Feira do Bonito de Burela. Resultou  gañador na categoría A (ata 14 anos) Camilo Silva Larrosa; e na categoría B (maiores de 14 anos), Maite Fernández Cendoya. O traballo da categoría A será o que apareza no programa de man e o da B no cartel anunciador da feira. E a poucos días de cerrar definitivamente a programación, confirmase Walls como actuación central para a noite do sábado 3 de agosto en Burela, anuncia Ledicia.

A  presidenta de Ledicia, Rocío Rivera Seara, destaca que “a Feira do Bonito é unha actividade froito do traballo e a unión de moita xente e dende Ledicia agradecemos o apoio das diferentes entidades colaboradoras, tanto públicas como privadas, xa que ambos elementos -economía e traballo- son necesarios para sacar...

leer más