Eventos

Etiquetas:
23/06/2024

Trabada celebrará a festividade de San Pedro coa tradicional fogueira o venres 28 de xuño na Praza do Concello a partir das 21:00 horas.

Este evento está organizado pola asociación cultural O Picato, que anuncia: “estaremos na Praza do Concello a partir das 9 da noite e contaremos con comida e con servizo de barra. Amenizaranos o DJ do pobo The Sound Project e para os máis pequechos teremos unha colchoneta totalmente gratis. O longo da noite faremos a tradicional queimada e daremos a proba a todos aqueles que o desexen. Se o tempo non colabora cambiaremos de lugar e iremos para o pavillón municipal de Trabada”.

Etiquetas:
21/06/2024

O Concello de Burela conmemora o Día Internacional do Orgullo LGTBI+ con diferentes actos os días 25, 27 e 28 de xuño.

O martes 25 de xuño ás 18.30 horas no salón de plenos da Casa do Concello terá lugar un obradoiro, impartido pola asociación Alas A Coruña, sobre Diversidade LGTBI+.

O 27 de xuño, ás 18:30 horas no salón de plenos da Casa do Concello, haberá unha charla, impartida pola asociación Arelas, sobre ‘Vivencias Trans, do mito á realidade’, centrada na realidade trans infanto-xuvenil.

O 28 de xuño, Día Internacional do Orgullo LGTBI+, ás 19:00 horas na Praza do Concello procederase á lectura do manifesto institucional cunha mostra de baile tradicional, coa actuación do grupo As Grileiras.

O Concello de Burela apoia as reivindicacións do colectivo LGTBI...

leer más
21/06/2024

O Centro de Iniciativas Turísticas (CIT)e o Concello da Pontenova organizan a fogueira de San Xoán para este domingo, 23 de xuño, no Forno de Boulloso. O evento inclúe un concurso de tortillas.

As actividades empezarán ás 20:00 horas coa presentación das tortillas para o concurso e a elección das dúas mellores por parte dun xurado popular. E a partir das 21:00 horas degustaranse as tortillas, ademais de chourizos á grella, torrezos e pan.

Ademais actuará a Asociación Musical A Chocolateira.

21/06/2024

As asociacións Barrio dos Muíños e O Pasatempo, de Mondoñedo, organizan a festa do San Xoán, que se celebrará nesa zona mindoniense este domingo, 23 de xuño.

As actividades empezarán ás 14 horas cunha sesión vermú, ás 15:00 horas comezará un xantar popular, desde as 17 horas haberá colchonetas e ás 18 horas terá lugar unha “sesión bailoteo”. A música correrá a cargo do solista José Anido.

Ás 21:00 horas farase a Queima do Folión e rematará a festa con máis música.

Etiquetas:
20/06/2024

A Área de Turismo incrementa a súa oferta en visitas guiadas e este ano contará con 13 roteiros diferentes, poñendo en valor espazos que ata o de agora non estaban tan presentes, como é o caso do Forte de San Damián.

A concelleira de Turismo, Marta Saiz, explicou que “poñemos en marcha esta visita ao Forte de San Damián aproveitando a celebración do 400 aniversario da súa creación. Terá lugar todos os luns a partir do 1 de xullo. E co afán de poñer en valor o Camiño de Santiago e o Santuario de Nosa Señora das Virtudes retómanse as visitas a esta capela, que alberga un dos conxuntos de pinturas murais tardomedievais máis importantes de Galicia. Ésta poderase visitar os domingos ás 11:30 da mañá”.

A edil ribadense contou que “a estes percorridos que toman protagonismo, súmanse as xa coñecidas visitas guiadas polo...

leer más
Etiquetas:
20/06/2024

O que se pretende é a través de percorridos, temáticas e localizacións diferentes tanto interior como de costa, amosar a súa riqueza cultural, ambiental, xeolóxica,etc…
Contaremos coas seguintes propostas, unha delas nova con respecto ás anteriores edicións, todas elas para realizar nos meses de xullo e agosto.

-De Flor en Flor. A vida dunha colmea. A través deste percorrido ponse en valor a importancia das abellas, xa non só coma produtoras do noso mel, se non tamén o valor queteñen para o noso ecosistema. A xerarquización interna que teñen na súa colmea e a identificación dos mesmos.

-O Fráxil fogar da Pillara das Dunas.Un percorrido para amosar o fráxil fogar deste paxariño e como todos podemos botar unha man para que poida seguir entre nós. Tamén faremos especial fincapé na importancia do coidado do...

leer más
20/06/2024

O Mercado Renacentista de Viveiro terá lugar do 4 ao 7 de xullo de 2024. O Concello de Viveiro informa sobre os trámites relacionados coa feira, como o préstamo de mesas e cadeiras, solicitudes de postos de artesanía e de colocación de mesas para ceas e comidas na rúa.

Trátase dunha programación que ten como obxectivo ambientar a vila con actividades culturais e musicais. A alcaldesa María Loureiro anima “a participar nesta xa tradicional festa, que é unha das citas máis destacadas do verán viveirense”.

Con respecto á celebración de comidas e ceas na rúa durante a xornada do sábado, atendendo á gran demanda de material dos últimos anos, o préstamo de mesas e cadeiras será unicamente para particulares.

Para o préstamo de material, é preciso que se presente unha solicitude por escrito no...

leer más
20/06/2024

A vila de Foz celebra a festa do San Xoán na rúa Corporacións este domingo, 23 de xuño, cun evento organizado polo colectivo Peña Pé do Molete.

As actividades empezarán ás 13:00 horas co pregón a cargo de Carlos O Pelolo e despois sesión vermú con DJ´s Moletes e a Louband Streetband. Ás 19:00 horas actuarán “as nenas de O Feitizo” e pola noite haberá churrascada, “baile das meigas”, a cargo de O Feitizo ás 23:45 horas e acenderase a fogueira ás 00:00 horas.

 

Etiquetas:
20/06/2024

A parroquia ribadense de Ove celebra a súas festas de San Xoán os día 23 e 24 de xuño, domingo e luns.

As actividades empezarán o domingo ás 20:30 horas con sardiñada e pancetada. A partir das 22:00 horas haberá verbena coa orquestra Costa Dorada e a disco móbil Conxuro e acenderase a tradicional fogueira de San Xoán.

O luns 24 ás 13:00 horas celebrarase misa solemne seguida de procesión, acompañada polo grupo de gaitas Illa Pancha. E rematará a festa con sesión vermú amenizada pola disco móbil Conxuro.

 

20/06/2024

A Asociación Cultural Irmandade Augas Santas organiza a décimo primeira edición do Festival Histórico Augas Santas en Santo Estevo do Ermo (Barreiros) este sábado, 22 de xuño.

Celebrarase a festa gastronómica do porquiño e año ó espeto, para a cea degustaranse sardiñas asadas e ademais haberá ruta a cabalo, mercado de artesanía, misa na honra de Santo Estevo, actuación de O Arco da Vella, vodas celtas e queimada con conxuro, entre outras actividades.