Eventos
A Asociación de Veciños de Santiago de Adelán, en colaboración coa Deputación de Lugo e do Concello de Alfoz, organiza as Festas na honra de San Ramón os días 31 de agosto e 1 de setembro de 2024.
O sábado, 31 de agosto, as celebracións comezarán ás 13.00 horas cunha misa solemne, seguida da tradicional procesión. A continuación haberá sesión vermú amenizada polo Dúo Sensación. Ás 14.30 horas terá lugar a comida popular, e pola noite, a verbena contará co Dúo Sensación e a Disco Móbil Pataquiña para animar a todos os asistentes.
O domingo, 1 de setembro, haberá os actos relixiosos ás 13.00 horas, cunha nova misa solemne, procesión e sesión vermú. Pola noite, ás 21.30 horas a verbena estará amenizada pola Orquestra Escaparate.
O Concello de Alfoz anuncia que este sábado, día 31 de agosto, celebrarase de 18 a 20 horas unha festa de fin de tempada na piscina municipal de Alfoz. O evento contará con música e tobogán inchable “para o desfrute da veciñanza”.
“Xunto a esta actividade tamén se dará por finalizado o programa de Ludiverán e as Noites de Campamento 2024, poñendo punto e final ás actividades estivais organizadas polo Concello. Estas actividades foron todo un éxito, como demostra a alta participación e o entusiasmo mostrado por veciñas e veciños en cada unha delas”, explica o Concello de Alfoz.
Ademais o Concello de Alfoz anuncia que a vindeira semana publicarase a oferta de actividades para a apertura do CEIP, que incluirá os programas de Madrugadores, Ocio e Estudo e clases de Inglés polas tardes. Tamén se abrirá a inscrición...
leer másCordido, en Foz, celebrará as tradicionais Festas da Peregrina, que terán lugar os días 31 de agosto, 1 e 7 de setembro de 2024.
As festividades comezarán este sábado, 31 de agosto, cunha misa solemne ás 13:30 horas na igrexa parroquial, coa participación do Coro Virxe da Peregrina de Cordido. Despois da misa, terá lugar unha procesión acompañada por un grupo de gaitas. A xornada continuará coa tradicional sesión vermú, a cargo da Orquestra Escaparate, que tamén será a encargada de amenizar a verbena xunto co Grupo Tormenta.
O domingo, 1 de setembro, a celebración prosegue con misa solemne ás 13:30 horas, tamén na igrexa parroquial, coa actuación do Coro Virxe da Peregrina de Cordido. Ao remate da misa, a procesión estará acompañada pola Orquestra Compostela, que tamén será a protagonista da sesión vermú e da...
leer másO Club Clásicos Viveiro convoca a todos os amantes dos vehículos clásicos para unha cita o vindeiro 14 de setembro en Viveiro. A partir das 10:00 da mañá, no aparcamento Os Castelos, celebrarase a II Xuntanza de Vehículos Clásicos. Será unha xornada única onde os asistentes poderán gozar de rutas, sesión vermú con animación, comida, sorteos e moita diversión.
As reservas para o xantar pódense realizar chamando aos números 699 249 738 ou 650 652 073, coa data límite de inscrición ata 10 de setembro. Para pechar o día, a partir das 20:30 haberá Festa da Cervexa e da Empanada.
Esgotadas as prazas para a segunda xeoruta en barco ao Fuciño do Porco, que organiza a Mancomunidade de Concellos da Mariña ao abeiro do Plan de Sostibilidade Turística. Esta viaxe terá lugar o 21 de setembro.
A primeira foi o pasado domingo, 25 de agosto. Os participantes puideron embarcarse nunha lancha a través da ría de Viveiro ata este peculiar lugar, pasando por fermosas praias e cantís. Esta nova xeoruta permitiu coñecer dun xeito diferente a xeoloxía da ría de Viveiro; en especial, puideron observar a gran diferenza de rochas entre ambas marxes, así como a orixe da ría en relación coa falla de Viveiro.
As persoas que puideron gozar desta espectacular xeoruta chegaron procedentes de Madrid, Ribadeo, Foz, Mondoñedo e O Vicedo.
Aínda quedan prazas libres para as outras actividades...
leer másA Delegación de Deportes do Concello do Valadouro organiza unha festa para clausurar a tempada de verán da piscina municipal. Será este sábado, 31 de agosto de 16:00 a 18:00 horas con entrada libre.
No evento os participantes poderán gozar de tobogán acuático e de animación musical con DJ.
O Concello de Trabada celebra o verán cunha festa acuática con inchables, que terá lugar, un ano máis, na ría de Abres. Será este sábado, día 31 de agosto, entre as 15:00 e as 18:00 horas.
O Concello de Trabada explica que é “unha actividade para todos os públicos que está enmarcada na celebración da xira campestre organizada ese mesmo día pola Comisión de Festas de Santiago de Abres”.
Ferreira do Valadouro celebra as Festas do 8, que terán lugar o 6, 7, 8 e 9 de setembro e que prometen ser unha cita inesquecible.
O venres, 6 de setembro, a partir das 23:00 horas, darán comezo as festas co pregón a cargo de Ángeles Romero, seguido dunha gran verbena amenizada polo Grupo Puzzle.
O sábado 7 a festa continúa a partir das 14:30 horas cunha sesión vermú na que actuará o Grupo Fusión Latina. Ás 23:30 horas, a diversión proseguirá coa gran verbena a cargo da Orquestra Foliada, que animará a noite.
O domingo, 8 de setembro, ás 12:00 horas, terá lugar a tradicional misa solemne. Entre as 13:00 e as 14:00 horas os asistentes poderán gozar da actuación da Asociación Cultural Amado Lar. A sesión vermú estará amenizada polo Grupo Montreal, e a partir das 23:30 horas a verbena...
leer másO Concello de Xove e a asociación de festexos Montevelle presentaron o programa oficial das Festas do San Bartolo e da Virxe do Carme, que terán lugar entre o xoves 29 de agosto e o luns 2 de setembro. Estes festexos contarán cunha ampla variedade de actividades para todas as idades.
O xoves, 29 de agosto, ás 20:30 horas darase inicio ás festas cun pregón no Salón de Actos a cargo de Lolita Barro, mestra en Xove durante moitos anos.
O venres, 30 de agosto, a partir das 20:00 horas celebrarase unha Sardiñada Popular animada pola Charanga NBA. Os tíckets estarán dispoñibles a 3 €. Pola noite, gran verbena coa actuación da orquestra Solara e o grupo América.
O sábado, 31 de agosto, pola mañá, pasarrúas coa Banda Naval de Viveiro e os cabezudos da Asociación Cultural Saíñas. Ás 13:00 horas...
leer másBurela celebrará do martes 27 de agosto ao venres 30 a súa Festa do Verán. Será na Praza do Concello, con entrada de balde, e nela haberá deslizadores acuáticos e moito máis.
O horario do martes será de 16:30 a 20:00 e nos días restantes de 11:30 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 horas.