Eventos
O Concello de Cervo anima a veciños e visitantes a participar este sábado, día 29 de xuño, nas festas da Senra, na honra á Virxe do Carme e San Pedro. A cita foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés; polo edil da Zona Rural, Adrián Arias; e por membros da Asoc. Cultural e Recreativa O Raxal, como entidade organizadora.
A programación é a seguinte: haberá misa na honra de San Pedro e a Virxe do Carme ás 13:30 horas, cantada polo Coro Parroquial de Cervo, seguida de procesión con Fol de Raxal e Cordenaia, de Airiños do Xunco. A continuación, o grupo Máster protagonizará a sesión vermú. Á noite, a partir das 22:30 horas, haberá verbena de novo amenizada polo grupo Máster, seguida da Disco Móbil Conxuro.
O Concello de Cervo anima a veciños e visitantes a participar nesta festa, que “dá o punto de partida...
leer másA parroquia ribadense de Arante celebrará as súas festas na honra de San Pedro esta fin de semana, o venres 28 e o sábado 29.
As actividades empezarán o venres con churrascada gratis e verbena amenizada polo grupo América SL.
E o sábado haberá misa solemne ás 13:00 horas seguida de sesión vermú amenizada por Jorge El Latino, que tamén actuará na verbena xunto a Antonio Barros.
Viveiro celebrará as festas de San Pedro este venres e sábado, días 28 e 29 de xuño.
As actividades comezarán o venres ás 20:30 horas cunha churrascada e despois haberá verbena amenizada polo grupo Fénix e o dúo Dilema.
E o sábado celebrarase misa solemne ás 13:00 horas e a continuación terá lugar a procesión e sesión vermú dobre coa orquestra Estelamar e o dúo D´Vicio, que tamén actuarán na verbena.
A Deputación de Lugo arrancou este mércores a cuarta edición do programa de viaxes gratuítas Coñece a túa provincia,do que se beneficiarán preto de 2.000 persoas de 80 asociacións e colectivos lucenses. Nesta cuarta tempada os usuarios e usuarias viaxarán en dúas quendas que permitirán coñecer a provincia en verán, dende hoxe e ata o 19 de xullo, e en outono, de setembro a outubro.
Entre esta semana e o de xullo viaxarán máis de 250 persoas de 11 colectivos da provincia, que percorrerán o patrimonio natural, histórico, gastronómico e cultural de 9 concellos lucenses. A primeira entidade beneficiaria, a asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais Distrito da Milagrosa, visita no día de hoxe o Museo do Ferrocarril, o conxunto monumental de San Vicente do Pino, e o Centro do Viño da Ribeira Sacra.A ruta partiu do Mazo de Santa Comba...
leer másA parroquia de Mor, no concello de Alfoz, celebrará as festas na honra de San Pedro os días 29 e 30 de xuño, sábado e domingo.
As actividades comezarán o sábado ás 13:00 con misa solemne seguida de procesión. A continuación haberá sesión vermú a cargo do grupo Kalima 3.0, que tamén actuará na verbena, xunto co dúo Belinda.
E o domingo celebrarase misa solemne ás 13:00 horas e despois haberá sesión vermú co dúo Belinda.
Estas festas están organizadas pola asociación veciñal de Mor coa colaboración do Concello de Alfoz.
Cangas de Foz celebrará as festas do Carme e San Pedro os días 29 e 30 de xuño, sábado e domingo.
As actividades empezarán este sábado ás 12:30 horas con misa solemne na honra da Virxe do Carme, cantada polo coro Os Castros, de Cangas, e procesión. Despois haberá sesión vemú co grupo Platinum e a partir das 21:00 horas, sardiñada. A verbena comezará ás 22:30 horas e será amenizada polo grupo Platinum, a orquestra Fania Blanco Show e macro disco co DJ Litainer.
E o domingo ás 12:30 horas celebrarase misa solemne na honra de San Pedro, cantada polo grupo Mar Aberto, de Foz, e procesión. Despois haberá sesión vermú a cargo da orquestra D´Noche, que tamén actuará na verbena, a partir das 21:00 horas, xunto á orquestra Los Players.
A localidade de Saldoira, na Pontenova, celebrará as festas de San Pedro da Ribeira esta fin de semana, concretamente o venres 28 e o sábado 29 de xuño.
As actividades empezarán o venres ás 22:00 horas cunha churrascada e despois haberá verbena co grupo Lume.
E o sábado ás 13:30 horas celebrarase misa solemne cantada por Monse Fernández e procesión. A continuación haberá sesión vermú amenizada por Colimbo, que tamén actuará na verbena xunto á orquestra Galilea.
A parroquia ribadense de Rinlo celebrará as festas na honra a San Pedro este venres, 28 de xuño, e o sábado 29.
As actividades empezarán o venres ás 21:00 horas cunha cea popular e a continuación haberá verbena coa orquestra Salsarena.
E o sábado celebrarase misa solemne ás 12:30 horas e despois haberá procesión e sesión vermú, coa orquestra Salsarena, que tamén actuará na verbena xunto co dúo Epo-K.
Este ano o Concello de Ribadeo conmemorará o 28 de xuño, Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+, con dúas iniciativas destacadas que buscan sensibilizar á poboación e celebrar a diversidade.
A concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo, explica que “para sensibilizar e promover unha mensaxe de inclusión, o Concello preparou uns soportes que se distribuirán a todos os establecementos de Ribadeo. Estes soportes levarán unha mensaxe clara: A diversidade enriquécenos sen importar quen sexas e a quen ames. Nesta mensaxe estará o teléfono do servizo Arco da Vella, identificado co número 028, que loita contra a violencia e a LGTBIfobia. En letras grandes e visibles, mostrarase o lema Ribadeo Orgullosa”.
A edil ribadense conta que “ademais ás 21:00 horas no Parque San Francisco, presentarase Feitas ao Sisel: Espectáculo...
leer másTrabada celebrará a festividade de San Pedro coa tradicional fogueira o venres 28 de xuño na Praza do Concello a partir das 21:00 horas.
Este evento está organizado pola asociación cultural O Picato, que anuncia: “estaremos na Praza do Concello a partir das 9 da noite e contaremos con comida e con servizo de barra. Amenizaranos o DJ do pobo The Sound Project e para os máis pequechos teremos unha colchoneta totalmente gratis. O longo da noite faremos a tradicional queimada e daremos a proba a todos aqueles que o desexen. Se o tempo non colabora cambiaremos de lugar e iremos para o pavillón municipal de Trabada”.