Eventos
A asociación cultural deportiva Pequenos Pasos, de Landrove (Viveiro), organiza a sétima edición da Festa Labrega os días 11 e 12 de outubro, venres e sábado. O campo da festa estará no atrio de Landrove, onde se instalará unha gran carpa.
As actividades empezarán o venres ás 21:00 horas co prendido da chama olímpica. A partir das 21:30 repartirán boliños preñados gratis e ás 22:00 horas actuará Amigos do Folk.
O sábado os actos comezarán ás 13:00 horas con sesión vermú amenizada polo dúo Estrellas e os asistentes poderán degustar pinchos labregos de tortilla, que venderán a 4 euros para os socios do colectivo organizador da festa e a 5 euros para os que non pertencen á asociación. Ás 16:00 horas comezarán as sétimas Olimpíadas Rurais e ás 20:30 actuarán os grupos Espera que vou mexar e Hortensio. A partir das 21:...
leer másA vindeira fin de semana seguirán por Trabada e por Xove as rutas e visitas guiadas de outono da Mancomunidade: A Mariña. Plans con Corazón. Trátase dun proxecto promovido pola Mancomunidade, coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo, que busca dinamizar a actividade turística durante os meses de outubro e novembro.
A paisaxe fluvial e a etnografía de Trabada serán as protagonistas o vindeiro 12 de outubro. A visita será guiada por Carmen Delia. Os asistentes realizarán unha pequena visita para descubrir tradicións, a historia, o patrimonio natural e industrial de Trabada comezando polo Eo nun espectacular recuncho de Ría de Abres. Os participantes terán a posibilidade de coñecer a vía verde que vertebrou a comarca, ademais de ser parte do patrimonio industrial da Mariña, como é o caso da Sociedade Mineira de Vilaodriz....
leer másO Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, recibiu este martes en San Marcos á asociación veciñal Barrio de Cobas, de Monforte de Lemos, no marco do programa de viaxes gratuítas Coñece a túa provincia. Esta iniciativa da institución provincial ofrecerá rutas durante esta semana a máis de 180 veciños e veciñas de Monforte de Lemos, Foz, Pantón, Viveiro, Burela, Riotorto e Sober.
Tomé Roca deu a benvida aos monfortinos e monfortinas no Salón de Actos da sede da Deputación e explicou o impacto positivo que ten o Coñece a túa provincia no territorio: “Un programa que ideamos durante a pandemia para axudar aos sectores máis desfavorecidos, dinamizar a economía e dar a coñecer o patrimonio da provincia e que mantemos grazas a súa boa acollida”. O mandatario provincial compartiu un tempo con eles, explicando a historia do edificio e...
leer másCoa Festa da Horta o vindeiro 13 de outubro rematarán en Ribadeo os Mercados dos Domingos deste 2024
Haberá obradoiros para adultos e nen@s, exposicións, degustacións, tapas especiais nos bares da contorna da praza de abastos e música.
A concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz, dixo que “o vindeiro domingo, 13 de outubro, terá lugar a Festa da Horta, unha cita que servirá como colofón do Mercado dos Domingos deste ano. A xornada estará dedicada aos produtos de tempada e proximidade”.
A edil ribadense contou que “durante a festa o público poderá disfrutar de diferentes actividades como unha degustación de zume de mazá recén prensada ou visitar a carpa Experiencias de Calidade da man de AGACAL (Axencia Galega de Calidade Alimentaria) con degustacións de produto galego. Tamén haberá unha mostra de diferentes produtos da horta e a exposición Alimentos con Superpoderes, que sensibiliza dos beneficios da...
leer másA parroquia ribadense de Piñeira celebrará as festas do Santo Cristo esta fin de semana, desde o venres 11 ata o domingo 13 de outubro.
As actividades empezarán o venres ás 22:00 horas coa verbena amenizada por grupo Beatriz e América SL.
O sábado haberá verbena ás 22:00 horas, coas orquestras Capitol e New York, e espectáculo de fotos artificiais ás 00:00 horas.
E o domingo celebrarase ás 13:00 horas misa solemne cantada pola Coral Polifónica de Ribadeo. Despois haberá procesión co Cuarteto Illa Pancha e sesión vermú a cargo de Los Adrianos, con degustación de xamón cocido e empanadas de balde.
A organización, que corre a cargo da Asociación de Festas do Santo Cristo de Piñeira, destaca que disporán de carpa.
A Espiñeira, no concello de Foz, celebrará as festas na honra da Virxe do Pilar os días 11 e 12 de outubro, venres e sábado.
As actividades comezarán o venres ás 22:30 horas cunha verbena amenizada polo dúo Sensación e a orquestra Cinema.
E o sábado ás 13:00 horas haberá misa solemne e despois procesión e sesión vermú coa orquestra Solara, que tamén actuará na verbena xunto ao dúo Belinda.
A organización anuncia que disporán de carpa.
O día 26 de outubro, sábado, ás 21:30 horas no pavillón de San Cosme de Barreiros terá lugar unha cea baile organizada pola comparsa Habelas Hainas.
“Comida, música, agasallos... e sobre todo moita festa. Dádelle a voz de alarma a un dos integrantes da comparsa ou poñédevos en contacto (antes do día 21 de outubro) para a reserva das entradas nos seguintes teléfonos: 666.820.228 ou 647.086.991”, anuncia a comparsa Habelas Hainas.
O conselleiro do Mar da Xunta de Galicia, Alfonso Villares, e maila xefa territorial da Consellería do Mar, Mariña Gueimunde, recibiron este venres na delegación da consellería en Celeiro ao xerente da Fundación Expomar, José Manuel González ‘Brais’, e ao concelleiro de Mar do Concello de Burela, Ramiro Fernández.
Na reunión, xa acordada con miras á vixésima edición da feira monográfica náutico-pesqueira, que terá lugar no porto de Burela en maio de 2025, os representantes da Fundación Expomar tamén detallaron á Consellería as súas próximas actividades previstas.
A acción máis achegada será a segunda edición do “Día do Orgullo Mariñeiro”, que se iniciou con grande éxito o ano pasado e que a mediados de decembro de novo combinará a divulgación nas escolas, a exaltación da cultura mariñeira e a gastronomía do mar...
leer másViveiro acolle diversas actividades desde o día 4 ata o 20 de outubro con motivo dos Días da Rede Euroepa de Celebracións da Semana Santa e Pascua.
O programa desta edición, que se celebra con carácter anual, inclúe máis de medio centenar de actividades que se desenvolven, durante as datas citadas, en quince dos municipios adheridos á Rede Europea. No caso de Viveiro, haberá unha exposición de imaxes da Semana Santa, un concerto de música procesional, visitas e xornadas de portas abertas a igrexas, e o encontro infantil ‘Colorea a túa Semana Santa’.
A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, destaca que “esta iniciativa permite coñecer, fóra da súa época de celebración, o patrimonio cultural e histórico vinculado á Semana Santa con actividades para todas as idades”. Este programa permite ademais, fóra da época de...
leer másMañá arrincan en Ribadeo as XIX Xornadas Mar por Medio. Ata o domingo haberá conferencias, mesa redonda, exposicións, documental e actuacións musicais.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, explicou que “esta fin de semana terán lugar en Ribadeo as Xornadas Mar por Medio na súa edición número 19. Comezarán ás 10:15 horas do venres co acto inaugural presidido polo conselleiro de Cultura, José López Campos. A continuación, a conferencia inaugural será impartida por don Francisco José Prieto Fernández, arcebispo de Santiago de Compostela, co título Os Camiños de Santiago e a Igrexa. Esta conferencia está enmarcada no título xenérico Os Camiños de Santiago, itinerarios de espiritualidade, tradición e cultura”.
A edil ribadense seguiu a relatar que “outras ponencias versarán sobre as asociacións xacobeas, as...
leer más