Eventos
A localidade de Vilela, no concello de Ribadeo, celebrará un magosto con concurso de tortillas de pataca o día 2 de novembro, sábado.
A partir das 20:00 horas haberá degustación de castañas, torrezmos e as tortillas que se presenten ao concurso. A participación é aberta a todos os veciños de Vilela e haberá premios sorpresa para ó primeiro, segundo e terceiro posto.
Para asistir ao magosto a organización prega inscrición previa. O prezo é de 5 euros por persoa.
A Xunta de Galicia apoia a cuarta edición da Feira do Cabalo que se celebrará este domingo en Lourenzá, organizada polo Concello. O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación da cita, que “reivindica a tradición cabalar desta zona -afirmou-, ao tempo que se converte en reclamo turístico e contribúe á dinamización económica local”.
Na feira, que comezará ás 9.00 horas, venderase gando equino e asnal. Ao longo da xornada sucederanse tamén competicións, como probas aparexadas de andadura serrada e chapeada ou concurso morfofuncional de poldros.
No acto de presentación participaron entre outros, a alcaldesa, Rocío López, e o tenente de alcalde, Javier Huertas.
Este sábado, día 26 de outubro, o departamento de Medio Ambiente do Concello de Foz organiza, coa colaboración da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), unha xornada de inspección da saúde do río Centiño.
“Englobada dentro do Proxecto Ríos, o sábado 26 en xornada de 10:30 a 13:30 horas, o departamento de Medio Ambiente organiza unha actividade que permite coñecer o estado de saúde dos nosos ríos, neste caso, do río Centiño. O Proxecto Ríos é unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos nosos ríos, coordinado por ADEGA. Fundaméntase na realización de inspeccións do estado dos ríos galegos por parte de persoas ou grupos voluntarios a nivel local, co obxectivo final de facerse responsábeis da vixianza (adopción) do río que pasa polo seu municipio ou localidade. O Proxecto Ríos en Foz...
leer másO Concello de Cervo anuncia que este venres, día 25 de outubro, hai “unha divertida actividade para desfrutar coas crianzas, dentro do programa Ler Conta Moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia”. Titúlase Fraga dos Mouros. O Bosque Itinerante e será ás 19:30 horas no salón de actos da Casa do Concello.
“Unha moura e un trasno deben salvar o bosque. Coa participación dos nenos, atravesarán probas e descubrirán a mitoloxía e a natureza galegas entre xogos, contos, cancións en vivo e malabares”, explica o Concello de Cervo.
A Concellaría de Promoción Económica, Iniciativa Empresarial, Turismo e Comercio organiza o XIX Mercado de Nadal, que terá lugar do 30 de novembro ao 8 de decembro de 2024. O prazo de inscrición para participar está aberto ata o 8 de novembro.
A edil de Comercio, Marta Saiz, manifestou que “xa estamos ás portas do Nadal e unha das citas referentes desas datas en Ribadeo é o seu singular e tradicional Mercado de Nadal, un mercado que ten moi boa acollida polo público, sendo xa un referente na zona. E por iso é un espazo perfecto para que os profesionais da artesanía, o deseño e a gastronomía dean a coñecer o seu traballo e talento creativo e innovador”.
A concelleira ribadense explicou que “nesta edición o Mercado levarase a cabo nas inmediacións do Parque San Francisco, onde se colocarán 25 casetas nas que se...
leer másO Concello de Barreiros celebra o Día da Biblioteca con actividades desde este xoves, día 24 de outubro, ata o sábado 26.
“Este xoves, 24 de outubro, conmemórase o Día das Bibliotecas, unha data especial para recoñecer o valor destes espazos como fontes de acceso á cultura, á información e ao coñecemento para todas e todos. Desde o Concello de Barreiros queremos celebralo cun obsequio moi especial! Todas as persoas que vos acheguedes ás bibliotecas de San Cosme ou San Xusto os días 24 e 25 de outubro recibiredes un marcapáxinas
O sábado 26 de outubro ás 19:00 horas agárdavos unha actividade para toda a familia nos Colexios Vellos de San Miguel. Mircrominia Títeres presentará Alma de Cartón, unha actuación que está enmarcada no circuíto de teatro profesional da Vicepresidencia da Deputación de Lugo”, anuncia o Concello de Barreiros....
A asociación veciñal San Román do Vicedo organiza un obradoiro de cabazas para o Samaín. Será este domingo, día 27 de outubro, ás 17:00 horas na Escola do Vilar. Os participantes poderán degustar chocolate ou café e biscoito.
“Este domingo 27 de outubro ás 17:00 horas trae a túa cabaza de Samaín á escola do Vilar, en San Román do Val, e o noso mestre tallador, o fillo do ferreiro, axudarache a tallala co deseño que ti elixas. E despois de pintada resume de cabaza. Será terrorífica. Aforo limitado e lembra anotarte por WhatsApp no 658.85.65.73 antes deste xoves”, anuncia a organización desta actividade.
Máis de 170 veciños e veciñas de oito entidades da provincia de Lugo participan esta semana no programa Coñece a túa provincia que impulsa a Deputación de Lugo. Os viaxeiros dos colectivos participantes veñen dos concellos do Corgo, Barreiros, Riotorto, Alfoz, Lugo, O Vicedo e Meira. Os grupos coñecerán o patrimonio natural e cultural dunha ducia de municipios lucenses a través de distintos itinerarios.
Os veciños de Piñeiro-Quetesende Laxe Blanca, do Corgo, son os primeiros este martes en viaxar ata A Mariña para coñecer o municipio doVicedo, onde fixeron unha visita ás pontes do río Sor e unha ruta polas praias vicedenses. Ese mesmo día, o colectivo veciñal de Celeiros de Mariñaos, de Barreiros, que foron recibidos no Pazo de San Marcos polo Deputado de Promoción Económica e Social, PabloRivera Capón, fixo o itinerario de Portomarín e...
leer másO Vicedo celebrará un desfile para celebrar o Samaín o día 31 de outubro, xoves. Será a partir das 19:30 horas na Casa da Cultura.
Está organizada pola APA e o Concello do Vicedo, que anuncian: “para manter o espírito do Samaín do Vicedo desfilaremos cunha saba branca ou camiseta branca moi longa. Cada participante debe traer a cabaza para desfilar. Ao final haberá chocolatada na Casa da Cultura para os asistentes. Esperamos moita asistencia e diversión, mentres metemos uns sustos polo pobo adiante”.
Cervo e Foz serán as seguintes paradas das rutas e visitas guiadas de outono da Mancomunidade: A Mariña. Plans con Corazón os días 26 e 27 de outubro.
Noela Feal será a encargada de guiar aos participantes a través da parroquia de Lieiro, en Cervo, onde se unen o liño e o mar. Os asistentes coñecerán a relevancia histórica na produción de liño, a orixe do seu nome, así como o proceso completo da súa elaboración e achegaranse ata o Museo do Mar, onde profundarán nesta temática. Será o vindeiro sábado, 26 de outubro.
Xa o domingo Ana Pena guiará a visita Sabor a mar por Foz, cuxa historia está intimamente ligada ao mar. Os participantes recibirán información sobre a importancia do seu porto, así coma dos astaleiros e fábricas de conservas. Ademais, a través dun paseo costeiro, poderán descubrir algunhas praias e...
leer más