Eventos
O Valadouro celebrará a festa da Santa Cruz desde o día 25 ata o 27 de abril.
As actividades comezarán o venres 25 a partir das 22:00 horas cunha cea popular. Ao remate haberá verbena amenizada por Grupo Fénix e Discomóvil Conxuro.
O sábado celebrarase misa solemne ás 13:00 horas e despois procesión e sesión vermú a cargo da orquestra Salsarena, que tamén amenizará a verbena xunto á Discomóvil Conxuro.
E o domingo haberá misa solemne ás 13:00 horas e a continuación procesión e sesión vermú a cargo de Os Parentes.
A organización dos festexos anuncia que haberá carpa e inchables para os nenos/as.
O sábado 26 de abril chega de novo a Festa do Berberecho de Foz, que o Concello organiza en colaboración co IES de Foz.
O programa deste ano comeza o venres 25 de abril ás 19 horas no salón de actos do Cenima coa charla de Xesús do Breogán titulado O enigma encriptado da Virxe do Carme de Foz e o pesqueiro Jesús Nazareno; e ao rematar inaugurarase unha exposición de pintura da artista ucraína Sofía Andrushebko. Ás 20.30 horas na Casa da Cultura poderase ver a obra de teatro As alumnas, que tamén conmemorará o Día do Libro.
O sábado 26 de abril na carpa do peirao de Foz ás 12 horas será o pregón da festa a cargo do conselleiro do Mar, Alfonso Villares Bermúdez, e a continuación haberá as actuacións musicais dos grupos folclóricos O Feitizo e A Subela e sesión vermú co dúo Primera Línea. A partir...
leer másO colectivo que agrupa aos veciños e veciñas de Burela que adornan as rúas con alfombras florais para a procesión na honra á patroa dos mariñeiros, a Virxe do Carme, organiza un cocktail baile para recadar fondos. Será o día 26 de abril, sábado, ás 22:00 horas no Hotel Nordés.
Os organizadores do evento anuncian que haberá “comida, música con DJ, sorteos e bailoteo”; e animan a recoller o ticket no Hotel Nordés para pasar “unha xornada divertida con sorteos e sorpresas”.
O prezo é de 35 euros por persoa, dos cales 5 son de donativo para a alfombra floral.
A Cadeira, no concello de Trabada, celebrará os días 25 e 26 de abril a Romería de San Marcos, con feira anual de gando cabalar.
As actividades comezarán o venres 25 ás 13:30 horas con misa solemne e procesión. A continuación haberá sesión vermú a cargo da orquestra Salsarena, que tamén actuará na festa verbena, a partir das 20 horas, xunto ao grupo Los Adrianos.
E o sábado 26 ás 13:30 horas haberá misa solemne e procesión; despois terá lugar a sesión vermú co grupo Da Silva, que tamén actuará na festa verbena, a partir das 20 horas, xunto coa disco móbil The Sound Project, que estrea novo escenario.
O Concello de Alfoz anuncia: “o vindeiro 26 de abril temos unha tarde chea de diversión, contos e sorrisos na Casa da Cultura de Alfoz, pensada para os máis pequenos e as súas familias”.
De 16:30 a 19:30 horas haberá Xogos no Día do Libro, que consistirá en “actividades variadas para gozar dunha tarde moi entretida”. E ás 19:30 horas, espectáculo Un libro baixo a almofada, da man de Caxoto, “ideal para público infantil e familiar”.
Son actividades para nenos e nenas de 3 a 12 anos, completamente de balde. Para asistir non fai falla inscrición.
A Área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora un ano máis coas Feiras e Festas das Quendas, que se celebran do 30 de abril ao 4 de maio en Mondoñedo.
A área dirixida por Daniel García colabora coa Asociación As San Lucas, organizadora da feira, nas actividades ligadas á gandeiría, como a Gran Feira Tradicional de Gando Cabalar e Razas Autóctonas na que participan gandeirías da comarca e doutros puntos de Galiza.
O recinto tamén acollerá unha exposición de razas autóctonas, con exemplares de porco celta, ovella e cabra galega e cabalos de Pura Raza Galega. Ademais, durante a xornada celebrarse un certame morfolóxico de cabalos de Pura Raza Galega.
Daniel García felicitou á organización por “seguir impulsando unha feira que pon en valor a tradición gandeira do concello e...
leer másA asociación Os Sendeiros, de Foz, fará o domingo 4 de maio a ruta Miño-Eo, no municipio de Meira. A saída desde Foz será ás 06:30 horas e ás 06:45 horas desde Ferreira do Valadouro.
Os prezos desta actividade, incluído o xantar, son: 35 euros para socios federados, 40 euros para socios non federados e 45 euros para socios temporais.
O prazo para anotarse remata o 26 de abril e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.
Para participar nesta ruta, que é de dificultade media, a organización recomenda levar equipo de sendeirismo.
La Asociación de Pensionistas e Xubilados U.D.P. Val de Miranda, de A Pontenova, organiza una excursión al Pazo de Mariñán, que está en Bergondo, y a Sada, ambos municipios coruñeses. Será el sábado 26 de abril.
La salida será desde la plaza de Os Fornos, de A Pontenova, a las 8:00 de la mañana y el regreso está previsto para última hora de la tarde. El precio por persona es de 45 euros e incluye visita al pazo, comida y autobús.
Las plazas son limitadas y el último día para anotarse es el lunes 21 de abril.
Trabadela, no concello de Trabada, celebrará as festas na honra a San Xosé esta fin de semana: o sábado 19 e o domingo 20 de abril.
As actividades comezarán o sábado ás 13:00 horas con sesión vermú amenizada polo grupo Lume, que tamén actuará na verbena, a partir das 22:00 horas, xunto á orquestra Acordes.
E o domingo haberá misa solemne ás 13:00 horas e a continuación, sesión vermú co grupo La Tremenda, que tamén actuará na sesión de tarde, a partir das 20:00 horas.
O recinto da festa estará cuberto con carpa.
O Moto Clube Valadouro prepara unha nova edición da súa concentración moteira, que do xoves 1 ao domingo 4 de maio celebrará a vixésimo oitava edición, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
O deputado provincial de Mocidade, Daniel García, participou na presentación do programa, que mestura actividades específicas como exhibicións acrobáticas -o sábado pola tarde- e rutas libres e turísticas pola contorna -sábado e domingo pola mañá- cunha ampla
axenda lúdica para público de todas as idades, que encherá de actividade Ferreira durante as catro xornadas.
A organización agarda completar as 530 prazas dispoñibles, repetindo o éxito de convocatoria doutros anos. A falta de case dúas semanas para pechar as inscricións son preto de 350 as persoas inscritas, chegadas non só de Galicia senón tamén do resto do Estado ou de Portugal....
leer más












