Eventos
Acisa Ribadeo regalará flores pola rúa o vindeiro domingo, 4 de maio, a todas as persoas que queiran sorprender ás súas nais esa xornada. E ti que lle regalas a mamá? é o slogan da campaña do día da nai da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos, que sorteará unha experiencia para dúas persoas a escoller entre diferentes destinos; unha visita guiada a Bodegas Docampo en Ribadavia con noite e aloxamento para dúas persoas no seu hotel Pazo Carballo; e unha cea para dúas persoas no restaurante A Horta de San Roque.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, lembra que “aquelas persoas que fagan as súas compras nos comercios asociados ata o 4 de maio reciben papeletas para participar no sorteo dos tres premios que poñemos en xogo: unha experiencia para dúas persoas a escoller entre diferentes destinos; unha visita guiada a...
leer másA parroquia ribadense de Ove celebrará a festa de Santa Cruz e o terceiro evento gastronómico dedicado á bola de roxós esta fin de semana, sábado 3 e domingo 4 de maio.
As actividades comezarán o sábado ás 14:00 horas con sesión vermú amenizada polo dúo Belinda. Ás 15:00 horas haberá comida popular, para a cal o prazo de venta de tickets remata o venres 2 de maio. Despois de comer empezará a festa e verbena coa orquestra Principal e o dúo Belinda.
E o domingo ás 13:00 horas celebrarase misa solemne na igrexa parroquial de Ove e procesión para subir a Virxe ata Santa Cruz, acompañada pola música do grupo de gaitas Cuarteto Illa Pancha. E ás 14:00 horas comezará unha sesión vermú co trío Nuevo Ritmo.
Os organizadores do festexo destacan que haberá servizo de bar, amplo aparcamento e campo...
leer másExpomar cumpre este ano a súa 20 edición abríndose especialmente a novos sectores, como o turismo pesqueiro e as novas tecnoloxías, e onde a oferta gastronómica tamén gaña protagonismo dentro do seu programa de actividades.
Precisamente o sábado 10 de maio ao mediodía a feira acollerá o espectacular ronqueo dun gran exemplar de peixe espada de máis de 100 quilos de peso patrocinado por Interfish-España, que participará en Expomar 2025 da man da Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela, un dos socios desta interprofesional pesqueira que comparte o compromiso de promover iniciativas encamiñadas a concienciar sobre unha pesca sostible e saudable.
Interfish-España ofrecerá en Burela a mesma posta en escena que nas últimas edicións de Conxemar en Vigo e do Salón Gourmets en Madrid, realizado coa...
leer másA parroquia de Xudán, no concello da Pontenova, celebrará a festa Hijas de María este sábado, día 3 de maio.
As actividades comezarán ás 13:00 con misa solemne e despois procesión, sesión vermú e comida. Actuará Tania Cabarcos, do grupo Fénix, e tamén haberá xogos e exhibición de zumba.
O colectivo Xinetes de Remourelle (Ribadeo) organiza a décimo segunda edición da súa ruta cabalar que se celebrará este sábado, día 3 de maio.
A saída do percorrido a cabalo está prevista para as 10:00 horas, haberá pinchos no medio da ruta e ás 14:30 horas comezará a comida. Haberá colchonetas, futbolín, sorteos, agasallos e actuación dun DJ.
A asociación Os Sendeiros, de Foz, fará o día 11 de maio, domingo, unha ruta no municipio de Trabada para celebrar o Día do Sendeirista Galego. A saída desde Foz será ás 08:00 horas e ás 08:15 horas desde Ferreira do Valadouro.
O prezo desta actividade, incluído o xantar, é de 25 euros para socios federados.
O prazo para anotarse remata este xoves, 1 de maio, e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.
Para participar nesta ruta, que é de dificultade media, a organización recomenda levar equipo de sendeirismo.
A Aula Universitaria da UNED de Foz pechará o seu curso académico cunha actividade aberta á comunidade educativa e ao público en xeral: unha ruta interpretativa sobre as plantas silvestres da primavera. Terá lugar o día 15 de maio, xoves, ás 17:00 horas con saída da Igrexa de San Acisclo, e será guiada por Pedro Rolle, natural do Valadouro e experto en biodiversidade, quen tamén é o autor do caderno presentado na Casa da Cultura recentemente Flores de primavera do Valadouro, que servirá de guía neste roteiro, ademais de estar enmarcado na liña formativa que Rolle vén de impartir tamén nas aulas da UNED de Foz, sobre plantas medicinais.
“A ruta, de baixa dificultade e cunha distancia aproximada de 2 quilómetros, está deseñada para ofrecer unha experiencia educativa na natureza. Durante o percorrido os participantes terán a...
leer másA Xunta colabora coa XXVIII Concentración de Motos que se celebrará no Valadouro entre os días 1 e 4 de maio, organizada polo Moto Clube Valadouro. O delegado territorial en Lugo, Javier Arias, xunto ao presidente do colectivo promotor, Simón Rubal, e o alcalde do municipio mariñano, José Manuel Lamela, presentaron os detalles do evento, que conta xa con máis de 500 inscritos.
A programación comezará cos concertos dos grupos Keepers e Malditos Pendejos nas noites do xoves e venres, respectivamente.
As actividades moteiras propiamente ditas iniciaranse o sábado cunha ruta libre en horario de mañá, con saída dende a piscina, e as exhibicións acrobáticas a cargo de Cuadrado Stunt. A xornada completarase con actuacións musicais, xuntanzas de confraternidade para os participantes e xogos infantís.
... leer másO Ribadeo Fútbol Club celebrará a súa II Fiesta Ochentera este venres, día 2 de maio, desde as 23:00 horas na discoteca Rosa Lar. Actuarán o grupo Sintético Fantástico e DJ´S de los 80.
O prezo da entrada é de 5 euros e entre os asistentes sortearase unha cea para dúas persoas no restaurante San Miguel, de Ribadeo.
“Tras o éxito da pasada edición, repetimos unha cita que chegou para quedarse”, anuncia o Ribadeo FC.
O Concello de Cervo anuncia que, con motivo do Día do Xubilado que se celebrará este xoves, día 1 de maio, nunha carpa instalada na Praza dos Campos, o mercado semanal de San Ciprián trasladase a este mércores, 30 de abril.
No Día do Xubilado haberá “unha completa programación, na que non faltará a boa comida, música e baile entre amigos/as e veciños/as. Con servizo de bus”, destaca o Concello de Cervo.
As actividades do XXXIX Día do Xubilado comezarán ás 12:30 horas con misa cantada pola Coral Terra Mar, de San Cipirián, na igrexa Parroquial de Lieiro.
As demais actividades desenvolveranse na carpa instalada na Praza dos Campos: ás 13:30 horas haberá sesión vermú amenizada pola Orquestra Fuego; ás 14:30 horas empezará o xantar; e para rematar haberá baile coa orquestra Fuego. Ademais...
leer más












