Eventos

15/04/2025

O Moto Clube Valadouro prepara unha nova edición da súa concentración moteira, que do xoves 1 ao domingo 4 de maio celebrará a vixésimo oitava edición, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

O deputado provincial de Mocidade, Daniel García, participou na presentación do programa, que mestura actividades específicas como exhibicións acrobáticas -o sábado pola tarde- e rutas libres e turísticas pola contorna -sábado e domingo pola mañá- cunha ampla
axenda lúdica para público de todas as idades, que encherá de actividade Ferreira durante as catro xornadas.

A organización agarda completar as 530 prazas dispoñibles, repetindo o éxito de convocatoria doutros anos. A falta de case dúas semanas para pechar as inscricións son preto de 350 as persoas inscritas, chegadas non só de Galicia senón tamén do resto do Estado ou de Portugal....

leer más
Etiquetas:
15/04/2025

Dúas son as propostas de Acia Foz-CCA para estes días: 16, 17 e 19 de abril terá lugar unha nova edición do Comercio na Rúa Fóra Stocks; e do 17 o 19 a gastronomía será a protagonista coas Santas Tapas.

Trinta e tres negocios participarán os días 16, 17 e 19 de abril no Comercio na Rúa. Durante as xornadas Fóra Stocks os establecementos comerciais adheridos a esta campaña sacarán os seus artigos á rúa e ofrecerán descontos especiais. 

Nesta nova edición de Fóra Stocks participan: 5 Lobiños, Alain Afflelou Foz, Arrullos, Briz Peluquería y Estética, Calzados Pirde, Cenor Belianorte, Chinela Nenos, Chuvia, Decoraciones Pura, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hedra, Hola Ola, Isla, Joyería Iria Rodríguez, Koquetas, Lencería Esther, Librería A Rapadoira, Librería Bahía, Living Sport, Longarela, Lourdes Moda Íntima, Mercería...

leer más
Etiquetas:
15/04/2025

O Concello de Viveiro anuncia que esta semana o mercado que habitualmente se celebra os xoves na Praza Maior terá lugar de maneira excepcional este mércores, día 16 de abril, debido a celebración da Semana Santa.

O Concello convida a veciños e visitantes achegarse ao mercado e agradece a colaboración de vendedores e cidadanía. 

15/04/2025

Navallo de Vilarmide, no concello da Pontenova, celebrará a festa na honra a San Benito este sábado, día 19 de abril.

A partir das 13:30 horas haberá misa, procesión e sesión vermú amenizada polo dúo Ángel América, que tamén actuará na verbena, desde as 23:00 horas.

O recinto da festa estará cuberto.

15/04/2025

A Academia Xacobea e o Concello de Ribadeo están a preparar as XX Xornadas Mar por Medio, que se desenvolverán no vindeiro mes de setembro na vila. Con este evento colaboran a Xunta de Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Oviedo.

A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, explicou que “as xornadas reivindicarán o Camiño de Santiago como encontro de culturas, como unión dos pobos, comezando por Galicia e Asturias, seguindo por España e Reino Unido”. A edil ribadense contou tamén que “a programación, que está en fase de elaboración, incluirá conferencias, mesas redondas, concertos e como novidade un roteiro cultural”.

En Santiago de Compostela tivo lugar unha xuntanza de traballo na que participaron o presidente da Academia Xacobea, Marcelino Agís; o presidente de honra da Academia...

leer más
Etiquetas:
15/04/2025

O Concello de Burela anuncia que a décimo quinta edición do Encontro de Palilleiras celebrarase o sábado 17 de maio e explica que será “unha xornada para poñer en valor o traballo artesanal das palilleiras, con demostracións, visitas culturais, boa gastronomía... e moito máis”.

O programa de actividades inclúe: ás 10:30 horas, recepción de palilleiras; de 10:30 a 13:30, demostración de traballos; ás 11:30 será a inauguración; ás 12:00, degustación de empanada de pescada, visita ao Monte Castelo e á igrexa da Vila do Medio; de 14 a 16 horas, comida; ás 16:00, demostración de traballos; ás 17:30, sorteo de agasallos; e ás 19 horas, despedida. A xornada estará amenizada por Arume, globoflexia e pintacaras.

Etiquetas:
14/04/2025

A Área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo recibiu máis de 150 solicitudes para participar no programa Da Escola á Granxa, que ofrece actividades de formación en granxas e proxectos de emprendemento no rural de distintos puntos da provincia.

Un cifra, xa superior á das últimas anualidades, que agardan incrementar ata o vindeiro 21 de abril, cando remata o prazo. O deputado de Rural Daniel García aproveitou os últimos días de vixencia da convocatoria para animar as anpas que aínda non o fixeron a sumarse ao programa, co que se financian as actividades e o desprazamento con achegas de ata 1.000 euros  -100 anos máis que o ano pasado-.

Daniel García destacou “a ampla oferta educativa do programa, no que participan granxas de todas as comarcas  con actividades  produtivas moi diversas,  nas que as nenas...

leer más
Etiquetas:
14/04/2025

A asociación Mulleres e Homes do Rural organiza na Pontenova unha procesión e unha cea o Xoves Santo, 17 de abril.

Ese día haberá misa ás 19:00 horas e procesión ás 19:30, acompañada pola Banda de Cornetas e Tambores da Asociación de Mulleres e Homes do Rural.

E a partir das 22:00 horas terá lugar no Local das Asociacións unha cea. Para participar hai que recoller previamente os tickets en Asesoría Esther ou na Cafetería do Tanatorio, ata este martes, 15 de abril.

13/04/2025

A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza un percorrido pola Ruta dos Miradoiros do Navia, no municipio asturiano de Boal, para o día 26 de abril, sábado. A distancia a percorrer son 11 quilómetros, de Castrillón a Boal, e a dificultade é baixa. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán nun restaurante.

A saída será ás 07:30 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do xoves 24 de abril. O prezo é de 40 euros para os socios do colectivo organizador e de 45 euros para os que non o son.

13/04/2025

O Teatro das Cortes, que está no lugar de Xestoso, na parroquia de Cabanas (O Vicedo) organiza unha xornada en lembranza ao artista Xosé Vizoso, recentemente falecido. Será o día 19 de abril, sábado.

As actividades comezarán ás 18:00 horas coa proxección da curtametraxe documental titulada Lembrando a Vizoso, de Arraianos producións e tamén haberá un coloquio titulado Xosé Vizoso e Sargadelos, co director do documental, Aser Álvarez

Ademais ás 19:30 horas o colectivo cultural Ollomao, de Barreiros, representará a obra de teatro O traballo de Andrea. Ao remate haberá unha conversa co director e o elenco do espectáculo.

A entrada é de balde para esta xornada organizada pola asociación cultural Volta e Dálle.