Eventos

20/02/2025

A asociación cultural e deportiva As Minas, da Pontenova, pon en marcha unha nova iniciativa, denominada Actividades en familia, que comezará o día 25 de febreiro, martes, de 17:30 a 18:30 horas, na Casa da Cultura.

A organización explica que é “unha iniciativa orientada a un traballo conxunto entre todas as familias. A finalidade é que cada semana unha familia organice a actividade que decida levar a cabo”.  

É unha actividade dirixida a familias con crianzas entre 0-5 anos.

A inscrición debe facerse a través do número de teléfono 626.098.702 antes do 21 de febreiro.

Etiquetas:
20/02/2025

O Concello de Viveiro publicou as bases para inscribirse no concurso de disfraces e no desfile de Entroido que terá lugar o martes 4 de marzo. Especifican as normas reguladoras de participación, así como as axudas económicas e premios que se outorgarán aos participantes no desfile e concurso de disfraces. Establécense diferentes categorías de adultos -carrozas (cun mínimo de catro participantes), comparsas, grupos, parellas e individual- e infantís, con individuais, parellas e grupos.

O prazo de inscrición para o desfile é do 20 ao 28 de febreiro no rexistro ou na sede electrónica do Concello de Viveiro.

O xurado estará composto por un mínimo de tres membros designados pola organización do concurso e valorará o vestiario e orixinalidade dos disfraces, así como a posta en escena.

Etiquetas:
20/02/2025

Os focenses Ana Pena e David Val organizan este domingo 23 unha visita novidosa no municipio de Foz.

A mañá comezará cun paseo guiado polo río Centiño da man da guía turística Ana Pena (Guía tu día) no que se falará de historia, fauna e flora. Deseguido visitarase as Casiñas A Comarca, un poboado Hobbit feito a man polo seu ártifice David Val, que conta que "vivín toda a miña vida no campo e iso permitiume coñecerme ben. Sempre me guiei polo meu instinto e iso levoume por camiños singulares, como dar a volta ao mundo en bicicleta en solitario, escribir un libro contándoo ou agora emprender a creación dun poboado Hobbit". 

"O lugar é unha marabilla, todo está feito a man e con moito mimo, empregando diversos materiais naturais e recuperando oficios. Un punto de encontro de oficios e saberes de proximidade que está...

leer más
Etiquetas:
19/02/2025

O Concello de Mondoñedo, coa colaboración da Federación Galega de Espeleoloxía, pon novamente en marcha a campaña de visitas guiadas á Cova do Rei Cintolo na campaña 2025. No presente ano comezan o día 1 de marzo, sendo visitas de fin de semana: venres, sábados e domingos, ofrecendo un grupo pola mañá (11 horas) e outro pola tarde (16 horas); ampliándose esta oferta durante a Semana Santa, na que se ofrecen visitas todos os días.

A partir do mes de abril as visitas serán en fins de semana e festivos ata o verán, no que xa serán todos os días da semana e engadirase un grupo máis na oferta, o das 18:30 horas.

As visitas turísticas lévanse a cabo na galería central da cova sobre un percorrido de 300 metros, que supón unha visita dentro da cavidade de 1 hora e 15minutos aproximadamente. Pídese para poder facer as...

leer más
Etiquetas:
18/02/2025

A concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz, dixo: “feliz estou de anunciar que xa temos comisión de Carnaval en Ribadeo. Está formada por persoas, de sobra coñecidas no noso pobo, amantes do Carnaval e moi participativas na vida asociativa de Ribadeo”. 

A edil ribadense tivo palabras de agradecemento para este grupo de persoas que integran a comisión do Entroido: “desde o Concello agradecemos moitísimo a súa implicación, aínda que xa eran colaborares de toda a vida, animáronse a dar este paso tan importante para o Entroido ribadense”. 

Saiz contou que “xuntos estivemos traballando na programación deste Entroido e xuntos seguiremos traballando para os vindeiros Entroidos. Ribadeo ten moitísima actividade e un grande número de citas festivas que precisan de persoas que se impliquen na súa organización. Desde o...

leer más
Etiquetas:
17/02/2025

Foz celebrará o Xoves de Comadres o día 27 de febreiro cunha cea na Sala Bahía ás 21:30 horas. O evento está organizado polas asociacións Afammer e de Amas de Casa.

O prezo para as socias dos colectivos organizadores é de 25 euros e as que non o son terán que pagar 28 euros. O prazo para anotarse está aberto ata o día 25 de febreiro.

17/02/2025

O Concello de Cervo, en colaboración coas diferentes asociación de mulleres do municipio -Asociación de Mulleres de San Ciprián, Amas de Casa Alborada, Mulleres Rurais As Espalladoras e Mulleres en Igualdade- programa diferentes actos con motivo do Día Internacional da Muller, que foron consensuados nun encontro que mantiveron a alcaldesa, Dolores García Caramés, e a concelleira de Muller e Igualdade, Pilar Armada, coas representantes destes colectivos, na Casa da Cultura. O sábado, 8 de marzo, está prevista unha andaina que partirá do Faro da Atalaia ata a Casa do Mar, ás 17:00 horas, e a continuación as persoas participantes poderán compartir un café e tamén desfrutar dunha exhibición de danza oriental. Xa o domingo 9 de marzo, ás 15:00 horas, está previsto o tradicional xantar no restaurante O Noso Lar. As interesadas poden mercar os seus tickets no propio...

leer más
Etiquetas:
17/02/2025

O Concello de Burela celebrará, este venres 21 de febreiro, a vida e a obra de Rosalía de Castro, con motivo da conmemoración do seu aniversario o 23 de febreiro.

O acto terá lugar a partir das 11:00 no auditorio da Casa da Cultura de Burela, coa participación dos centros educativos públicos do municipio.

Para comezar, a cativada da Escola Municipal de Música de Burela e dos colexios CEIPP Vista Alegre e o CEIPP Virxe do Carme interpretará cancións que musican textos da célebre escritora galega co fío condutor da súa vida.

Logo será a quenda dos centros de secundaria, na que os rapaces e rapazas dos IES Perdouro e do IES Monte Castelo lerán diversos textos de Rosalía, así como un manifesto a prol da lingua galega.

Pola tarde celebrarase unha maratón de lectura de...

leer más
Etiquetas:
16/02/2025

O desfile de Entroido de Mondoñedo celebrarase o Sábado de Piñata, día 8 de marzo, e repartiranse 5.000 euros en premios.

O desfile sairá do Campo dos Paxariños, ás 17:30 horas, e percorrerá a avenida San Lucas e as rúas Bispo Sarmiento, Andrés Baamonde e Progreso para finalizar na Praza da Catedral.

Os participantes poderán anotarse no correo electrónico entroidomindoniense@gmail.com ou nos teléfonos 982.52.40.03 (inscricións) e 982.50.71.77 (información). O prazo máximo para inscribirse será ata as 23:59 horas do venres 7 de marzo.

Os dorsais deberán ser recollidos entre as 16 e 17 horas do sábado, no edificio municipal do Campo dos Paxariños (antiga oficina de Emprego) e serán adheridos ao disfrace nun lugar visible. Ás 17 horas os...

leer más
Etiquetas:
16/02/2025

A Comunidade de Montes de Cangas de Foz organiza unha comida de cocido galego para o día 22 de febreiro, sábado.

As actividades comezarán ás 12:30 horas, con misa na igrexa parroquial. A comida será no Centro Social desde as 14:00 horas e o evento estará amenizado coa música do dúo Principal.