Música
Hoxe, 28 de abril, ás nove da noite terá lugar a presentación do Vendaval Fest. Será cun concerto na Praza da Fontenova onde actuarán Comandante Lobo e The Nineties.
Trátase dun evento de presentación e colaborativo coa venta de camisetas e tarxetas de lotería do Vendaval Fest.
Seguirá a música na Casa da Cultura do Vicedo o 5 de maio ás 20 horas coa actuación da Orquestra de Corda do Conservatorio Profesional de Viveiro, que será acompañada polo Coro de Nenos e Nenas do CEIP do Vicedo.
A cita está organizada polo Concello do Vicedo, que conta coa colaboración das entidades participantes.
Volve a música á Casa da Cultura do Vicedo. Esta vez cunha actuación do grupo de Acordeonistas da Mariña que presentarán cancións moi coñecidas polo público e acompañadas pola correspondente percusión.
Será o sábado 29 de abril ás 20:30 horas na Casa da Cultura. Desde o Concello convidan a asistir: "Animádevos a disfrutar da música en directo”.
O Concello de Viveiro, en colaboración co conservatorio profesional de musica Viveiro ofertan durante o mes de maio cursos gratuítos de diferentes especialidades para facilitar un primeiro achegamento á música aos máis pequenos.
Impartirase un curso de Iniciación Musical dirixida a nenos/as nados/as no ano 2016 con actividades que favorezan a percepción e a expresión musical dos máis cativos dunha maneira lúdica.
Para formalizar a inscrición ábrese o prazo o próximo luns día 24 ata o día 26. As prazas son limitadas.
Pola súa banda, convócase tamén o curso de Iniciación ao Instrumento de: Clarinete, Frauta Traveseira, Gaita, Guitarra, Saxofón, Trompeta e Violonchelo dirixido a nenos/as de entre 8 e 14 anos. Así mesmo, impartirase o curso de canto para nenos e nenas a partir dos 12 anos....
leer másEsta fin de semana seguirá o ciclo Cultura nas Parroquias coas tres actuacións que ofrecerán As Cegas de Ouselle en Cinxe, Vilaframil e Piñeira.
A concelleira de Cultura, Pilar Otero, dixo que “en Ribadeo están programados para estes días tres concertos dentro do ciclo Cultura nas Parroquias, no que levamos traballando moitos anos”.
A edil ribadense explicou que “a formación As Cegas de Ouselle é a escollida para amenizar estas tardes da fin de semana. Este trío nacido no 2020 presenta unha viaxe musical e visual polo mundo das persoas cegas que tocaban nas feiras do pasado século. Trátase dunha mirada actual sobre as pezas da tradición galega con especial achegamento ás músicas portuguesas. Antón Castro, que pon a voz a toca a zanfona e voz, Aldara Palmeiro, violín e voz e Miguel Lustres, acordeón e voz, ...
leer másEste próximo sábado, 22 de abril, Roi Casal, estreará a súa nova xira #AmbosMundos no municipio de Cervo.
Será cun concerto gratuíto na Praza dos Campos, de San Ciprián, que dará comezo ás 22:30 horas.
Trátase dun espectáculo familiar, que dará comezo ás 18:00 horas no Teatro Pastor Díaz. A duración será de 50 minutos.
“A música das buguinas” é un concerto didáctico dramatizado. A través da historia de Roque, un neno que vive en Moeche, os asistentes irán descubrindo a música tradicional, os seus instrumentos máis característicos así como a vestimenta e a importancia de que un pobo cante. Cunha formación de gaita, acordeón, guitarra, distintas percusións e instrumentos de vento, iremos cantando, narrando e acompañando a historia de Roque, un neno que descubre a música escoitando o mundo que o rodea e a felicidade que medra nas persoas que gozan con ela. Pero Roque ten que ir á escola da Vila e alí, semella que a ninguén lle interesa a música... ate que decide organizar un baile; os sons das Buguinas!!
O Concello de Viveiro acolleu a presentación do concerto de Amigos do Folk e Brétema, unha iniciativa que se levará a cabo o domingo día 23 coa intención de achegar a música ás parroquias.
O Centro Social de Vieiro será o escenario, a partir das 18:00 horas, desta actividade organizada por Jesús Chao Da Silva, coa colaboración do Concello de Viveiro, a Asociación do alumnado Adulto do Conservatorio e o propio Conservatorio Profesional de Música de Viveiro.
“Dende o Concello consideramos que a promoción da cultura en xeral, e da música en particular, é una prioridade dentro dos servizos que debemos ofrecer á nosa veciñanza”, asegura a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.
“O Conservatorio de Música realiza un traballo exemplar dende hai moitos anos, por iso quixemos colaborar una vez...
leer másO Concello renderá homenaxe ao músico ribadense Xavier Miró nun acto que terá lugar o vindeiro 15 de abril no auditorio Hernán Naval a partires das 20:00 horas. O evento foi presentado no salón de plenos polos concelleiros de Cultura e Desenvolvemento Local, Pilar Otero e Pablo Vizoso, e polas artistas Ugía Pedreira e Marina Oural, encargadas da súa posta en escena.
A edil ribadense dixo: “desde a Concellería de Cultura de Ribadeo queremos informar que estamos a organizar a homenaxe do músico e óptico ribadense, Xavier Miró. Para iso contamos coa colaboración da Oficina Galega de Outros Asuntos do Movemento. Este evento reunirá a diferentes persoas vinculadas á iniciativa e a 120 músicos da Mariña versionando, con diferentes xéneros, os seus singles dos anos 70”.
A compositora Ugía Pedreira contou que “Xavier...
leer másA axenda cultural do segundo trimestre deste 2023 arrinca estes días coa segunda semana do proxecto Píllara: o 6 de abril haberá unha acción colectiva na rúa coa actriz María Roja e o sábado no teatro proxectarase a película Panteras. As propostas deste trimestre, que presentou a concelleira de Cultura, Pilar Otero, inclúen danza, teatro, actividades para as crianzas, Cultura nas Parroquias e tamén música. A cantante Sés presentará o seu novo disco en Ribadeo o 6 de maio.
A edil ribadense manifestou: “desde a Concellaría de Cultura queremos informar dos eventos que conforman a axenda cultural neste segundo trimestre do ano. Estamos agora mesmo inmersas na segunda semana do proxecto Píllara, que como levamos difundido amplamente nestes días atrás, é unha reflexión a través da arte sobre a situación do cambio climático e na que o...
leer más