Música
O Concello de Viveiro, a través da concellería de Cultura, organiza os días 17, 18 e 19 de decembro tres concertos que darán inicio á programación de Nadal deste ano. Estas citas musicais son un adianto da oferta cultural de Nadal, na que o Concello de Viveiro prepara os últimos detalles.
O venres 17 de decembro, ás 20:30 horas, a Igrexa das Concepcionistas acollerá o concerto do coro do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro.
O sábado 18 de decembro ás 20:30 horas, de novo a Igrexa das Concepcionistas recibirá outra cita musical. Neste caso será o Concerto de Panxoliñas 2021, a cargo da Coral Polifónica Alborada de Viveiro.
Ambos eventos neste espazo contarán coa colaboración das Relixiosas Concepcionistas de Viveiro. Os dous concertos serán de balde ata completar aforo, sen...
leer másA Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo porá fin a este primeiro trimestre cunha actuación diferente debido á situación sanitaria actual.
Desde a EMMeD explican que “se decidiu, por precaución e responsabilidade, non celebrar o tradicional Festival de Nadal de xeito presencial. A sabendas de que este festival, xunto co de fin de curso, son os que máis éxito teñen tanto entre o alumnado coma entre o público, publicarase o día 21 de decembro tanto na páxina web da EMMeD coma nas redes sociais, un festival virtual que diferentes especialidades gravarán ao longo desta semana”.
Desde a Escola “queremos agradecer a toda a comunidade educativa o comportamento exemplar no centro, cumprindo estritamente todas as normas indicadas nos protocolos. Así mesmo, resaltar unha vez máis, o apoio incondicional que...
leer másErikas e Peluxías e a asociación A Tribo da Travesía organizan, coa colaboración do Concello de Ribadeo, un obradoiro de percusión africana que se celebrará o vindeiro xoves, 16 de decembro, de 19:30 a 21:30 horas, na escola vella de Rinlo.
As persoas interesadas poden anotarse por whatsapp no 649 808 993. As prazas son limitadas. Para participar non é preciso levar instrumento nin ter coñecementos previos.
Ás 21:30 horas soarán os ritmos africanos nos tambores de Thorsten e Paz.
Do 4 ao 11 de decembro terá lugar en Ribadeo o VII Festival de Jazz & Blues. Polo escenario do Auditorio Municipal pasarán Marlango, Austin Slack e Alfredo García Quintet. O evento foi presentado no Concello de Ribadeo.
A concelleira de Cultura, Pilar Otero, dixo: “é un pracer para nós poder anunciar unha nova edición do Festival de Jazz & Blues de Ribadeo. Nestes tempos tan inseguros por causa da pandemia volvemos dicir que o da cultura é un ámbito que se revelou seguro, pois desde o principio se cumpriron estritamente as medidas vixentes. Asistir a actos culturais foi e segue a ser unha maneira de volver ter normalidade, de seguir socializando con amigos e veciñanza e tamén de contribuír a que o sector económico que xira arredor dos espectáculos poida manter os postos de traballo”.
A edil ribadense...
leer másO Concello de Cervo programa para este domingo, 28 de novembro, o concerto que ofrecerá a Orquestra de Corda do Conservatorio de Viveiro. A actuación terá lugar na Praza dos Campos de San Ciprián ás 13:30 horas.
Este concerto inclúese no ciclo A Caixa de Música que o Concello de Cervo inauguraba o pasado mes de outubro e que se desenvolverá, en diferentes puntos do concello, con varias actuacións de música clásica e de bandas ao longo dos vindeiros meses. Este ciclo pretende ser un programa dirixido a toda a familia polo que os concertos celebraranse en fins de semana e festivos á hora do mediodía.
Entre os días 4 e 11 de decembro celébrase en Ribadeo a sétima edición do Festival de Jazz & Blues de Ribadeo. As actuacións terán lugar no Auditorio Municipal Hernán Naval ás 20:00 horas. As entradas numeradas están á venda en https://www.gameoverpro.es.
O sábado, 4 de decembro, o festival dará comezo co concerto que ofrecerá Marlango. Este grupo, con claras influencias de jazz e blues, xurde a finais dos 90 en Madrid e está formado por Leonor Watling e Alejandro Pelayo, que agora presentan o seu novo traballo, realizado durante o confinamento, titulado La Cruda.
O 8 de decembro o festival continuará coa actuación de Austin Slack, músico británico que con tan só 21 anos, ten tocado en máis de 1.400 concertos e colaborado con bandas como Maná e Love of Lesbian,...
leer másA Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo celebra o mércores, 24 de novembro, ás 20:00 horas no Auditorio Hernán Naval o seu tradicional concerto na honra de Santa Cecilia, patroa dos músicos. Esta será a primeira actividade que realiza neste curso escolar.
Polo escenario pasarán alumnas e alumnos da Escola que interpretarán obras que van desde Piazzolla ata música popular galega. Agrupacións de vento, tecla, danza, entre outros, dan forma ao programa deste concerto, aberto ao público e gratuíto.
Esta actuación é a previa do gran festival de Nadal que a Escola celebrará o vindeiro 18 de decembro no Auditorio Municipal Hernán Naval e no que participará a maioría do alumnado do centro.
O Concello de Cervo organiza o concerto de Los Alcántara que se celebrará este sábado, 20 de novembro. A actuación terá lugar na praza do Souto, ás 21:00 horas.
Este concerto forma parte do ciclo O Son do Nordeste que levará, ata o vindeiro mes de decembro, varias actuacións de grupos con diferentes estilos de música en distintos emprazamentos do concello.
Los Alcántara ofrecen versións de cancións españolas das décadas dos 60 e os 70.
Este domingo, 21 de novembro, ás 17:00 horas, actuarán nas Anzas as Pandereteiras da Asociación Amigos da Gaita, continuando co ciclo Cultura nas Parroquias.
Tamén o domingo ás 20:00 horas no Auditorio Hernán Naval, ofrecerá un concerto De Botóns cunha selección de repertorio tradicional galego e das comarcas da contorna adaptadas e arranxadas para o instrumento chamado de botóns, que era como se lle chamaba ao acordeón diatónico en moitas zonas de Galicia. Ademais engádese un apartado de fotografías históricas de acordeonistas cun empeño singular por parte dos autores de rescatar fotos onde aparecesen mulleres tocando un instrumento tradicionalmente vinculado ao home. Despois de cinco anos dun traballo de recompilación de fontes orais e escritas, Carlos Quintá e Pedro Pascual presentan esta antoloxía de repertorio que xurde tanto dos...
leer másA Banda de Música O Landro, de Viveiro, ofrecerá un concerto este sábado, 20 de novembro. A actuación terá lugar no Teatro Pastor Díaz, ás 20:30 horas.
Este concerto, baixo a dirección de Carlos Tirimaos, celébrase na honra de Santa Icía.
A reserva de entradas pódese facer, de luns a xoves, no teléfono 982 560 162, en horario de 9:00 a 14:00 horas; ademais no correo electrónico rbg.cultura@viveiro.es e en taquilla desde unha hora antes da función. A entrada é de balde.
Organiza este evento a Banda de Música O Landro coa colaboración da Concellería de Educación de Viveiro.












