Música

Etiquetas:
08/05/2018

A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto das Letras Galegas o sábado 19 de maio ás 20:30 horas no Cine Teatro. Nesta actuación debutarán catro músicos.

O director da Banda ribadense, David Ballester, anuncia que “chegadas estas datas de maio a Banda Municipal de Música de Ribadeo vai facer o seu tradicional concerto dedicado ás Letras Galegas. Será o sábado 19 de maio ás oito e media da tarde no Cine Teatro”.

David Ballester subliña que “debido a que é o concerto das Letras Galegas nós imos enfocalo, como non podía ser doutra maneira, con música galega, de temática ou de compositores galegos como poden ser Xoán Montes, Juan Lois Diéguez, David Fiuza ou Reveriano Soutullo, interpretando diferentes tipos de música desde pasodobres a muiñeiras e  habaneras. Creo que vai ser un...

leer más
Etiquetas:
07/05/2018

A Concellería de Cultura presenta na programación para este mes de maio, que xa daba comezo este pasado fin de semana, a actuación o vindeiro venres, día 11, do grupo Mofa e Befa. O sábado a Coral Polifónica de Burela ofrecerá un concerto para conmemorar o seu XXX aniversario e o domingo chegará un novo rastrillo popular solidario e o festival de música e baile de Ledicia. O Concello celebrará o Día das Letras Galegas con varias actividades, entre as que destacan o concerto que ofrecerán Xavier Díaz & Adufeiras de Salitre ás 19:30 horas na Casa da Cultura.

O concelleiro de Cultura, José Díaz, anunciou que “tendremos este viernes la obra de teatro de Mofa e Befa que se llama Cránios privilexiados ou crítica da razón perralleira. Es una obra humorística. Mucha gente conoce a Mofa e Befa entonces suponemos que tendrá una buena respuesta....

leer más
Etiquetas:
07/05/2018

A aula de percusión da Escola Municipal de Música de Burela ofrecerá un concerto este mércores, día 9, ás 19:00 horas, nas instalacións da propia Escola. A entrada é libre e gratuíta.

O director da Escola, Xan Carballal, salienta que “se tocarán unha serie de pezas clásicas e modernas de distintos niveis, abarcando tanto cancións populares, francesas, inglesas, etc…, como de autores de prestixio, é o caso de Offenbach e Michael Jansen, entre outros”.

As pezas estarán interpretadas polos alumnos Mateo Medina Álvarez, Xabier Diz Expósito, Noel Cayón Meitín, Julia García Ramil, David Pita Pernas, Franklin Olaya Saavedra e Pedro Balseiro Santos.

 

03/05/2018

O Presidente, Darío Campos Conde, a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, e o Director e a Xefa de Persoal do Resurrection Fest, Iván Méndez e Iria Quelle, presentaron este xoves,no salón de actos do Pazo de San Marcos, a XIII edición do festival de música metal e rockmáis importante de España. Terá lugar do 11 ao 14 de xullo no municipio mariñán, co apoio principal da Deputación e do Concello de Viveiro.

O Goberno Provincial converte á Deputación na institución que máis colabora co Resurrection Festcunha achega de 130.000 euros. Pola súa parte, o Concello de Viveiro cede os terreos para a organización do festival e pon a disposición dos usuarios o cámping gratuíto en Covas (con servizos de baños, duchas e buses) e o Mirador de San Roque (que tamén conta cunha gran zona de aparcamento). Os organizadores conseguiron unha subvención...

leer más
Etiquetas:
03/05/2018

A asociación Amigos da Gaita organiza a VII edición do Festival Infantil o sábado, 5 de maio, en Ribadeo.

As actuacións, que terán lugar no Cine Teatro, darán comezo ás 17:30 horas.

Intervirán a Asociación Os D´Eiquí de Taboada, Os Gaiteiros de Adelán de Alfoz, a Asociación Xuvenil Entre Lusco e Fusco de Vilalba e os anfitrións, Amigos da Gaita de Ribadeo.

Colaboran coa asociación Amigos da Gaita Galega, o Concello de Ribadeo, Teatro Filantrópica e a Deputación de Lugo.

 

Etiquetas:
03/05/2018

A Concellería de Cultura de Foz organiza o VI Festival de Voces Xóvenes, que nesta edición terá lugar na igrexa parroquial focense. A primeira actuación será mañá, venres, ás 20:30 horas e correrá a cargo do Coro do Colexio Sagrado Corazón de Ribadeo.

O concelleiro de Cultura de Foz, Ánxel Paleo, anuncia que “este venres, día 4 de maio, dará comezo o sexto Festival de Voces Xóvenes A Capella. A novidade este ano é que se traslada á igrexa parroquial”.

Ánxel Paleo explica que “este venres dará comezo co Coro do Colexio Sagrado Corazón, de Ribadeo, ás oito e media. O venres 25 de maio, tamén ás oito e media, virá o Grupo Vocal Entrelas, da Coruña. Para pechar o festival o 1 de xuño ás nove da noite teremos o Coro da Escola de Música de Foz”.

O edil de Cultura en Foz salienta que “é un...

leer más
Etiquetas:
26/04/2018

Este sábado, 28 de abril, celébrase en Foz un concerto a cargo do grupo de música infantil A Banda dos Cueiros, que terá lugar na Sala Bahía ás 12:30 horas.

Este grupo fai música para pícaros e pícaras de 0 a 8 anos, e naceu ao abeiro de Espazo Lector en Gondomar.

A actuación está organizada pola ANPA da Escola de Música de Foz, en colaboración coa profesora de Música e Movemento da Escola. Os grupos de nenos e nenas que cursan esta asinatura van participar tamén no concerto, acompañando nun par de cancións á agrupación.

 

Etiquetas:
25/04/2018

Dentro das actividades programadas para este curso e incluídas nos actos conmemorativos do 20º aniversario da fundación da Escola Municipal de Música de Burela, a aula de chelo, formación básica, violas e coro infantil ofrecerán mañá, xoves 26 de abril, ás 19:00 horas na sede do centro un concerto de alumnos destas especialidades.

Anunciouno o director da escola de música, Xan Carballal, quen especificou que neste concerto interpretarán obras de Suzuky, Mozart e Mendelsohn, entre outros compositores.

Neste acto participarán 40 alumnos con idades comprendidas entre os catro e os 16 anos.

Etiquetas:
21/04/2018

A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo organiza unha nova quenda de actuacións nas que participarán diferentes especialidades. Esta actividade terá lugar entre os días 23 e 26 de abril ás 20:00 horas na propia Escola agás a do martes, día 24, de música tradicional, que será no Teatro.

A entrada ás mesmas é gratuíta.

O luns será a actuación da sección de guitarra, o martes de música tradicional, o mércores de clarinete e saxofón e o xoves de vento metal. 

 

15/04/2018

A edil de Cultura, Dolores García Caramés, e o concelleiro de Deportes, José Ramón Soto, presentaron xunto coa artista mariñá Lara o concerto que vai ofrecer a que fora recanteira no Luar o vindeiro sábado, 21 de abril, no Auditorio da Casa da Cultura. 

A cita será ás 20:00 horas e a entrada é libre.