Música
A Escola Municipal de Música de Xove xa comezou a súa actividade neste curso no que conta cun total de 47 alumnos, sete máis que o ano pasado.
Dentro das novidades para este ano está a creación dunha Aula de Adultos e Musicoterapia. Trátase de “música para manterse xove”, a música como prevención, a música para exercitar a memoria, potenciar as habilidades motrices, etc… O prazo de inscrición para participar nesta aula remata o día 31 deste mes de outubro, e a inscrición é gratuíta.
Outra das novidades que presenta este ano a Escola Municipal de Música de Xove é a incorporación de clases de jazz co fin de formar posteriormente un grupo de jazz.
A Asociación Cultural Saíñas de Xove inicia este venres, 6 de outubro, as clases de baile, música e canto que ten programadas para este curso 2017/2018
As modalidades que se impartirán son baile tradicional, gaita, percusión, pandeireta e cantareiros/as.
As novas inscricións poden facerse o venres a partires das 18:30 horas na aula multideportiva.
Este domingo, día 1 de outubro, ás 19:00 horas no Cine Teatro de Ribadeo haberá un concerto da Banda Municipal de Betanzos, con entrada de balde. Está organizado pola asociación Amadores da Música coa colaboración do Concello ribadense. Por outra parte a Banda Municipal de Música de Ribadeo tamén actuará este domingo, día 1 de outubro, nas festas de San Miguel de Reinante.
O director da Banda ribadense, David Ballester, anunciou hoxe que “este domingo no Cine Teatro ás sete da tarde terá lugar un concerto da Banda Municipal de Música de Betanzos. Este concerto está enmarcado no intercambio que facemos con eles, xa que a Banda de Ribadeo acudiu hai uns anos a Betanzos a facer un concerto no festival de bandas desa vila. Debido a non posibilidade de acudir a Banda de Betanzos cando que temos aquí o festival de bandas decidimos trasladar o...
leer másO grupo Camerata Nuestro Tiempo, formado por 11 músicos excepcionais da Orquestra Sinfónica de Galicia, traerá a Burela este venres, 29 de setembro a Vivaldi e a Piazzolla.
O concerto As 8 estacións renderá homenaxe a Antonio Vivaldi e a Astor Piazzolla no Auditorio Municipal. As entradas anticipadas están á venda por 8 euros na biblioteca. E o mesmo día do concerto poderán adquirirse na billeteira por 10 euros.
Desde a Concellería de Cultura animan a asistir a este espectáculo musical, que dará comezo ás 21 horas.
O Coro da Mariña abre nestes meses de outono nova matrícula para inclusión de voces da Mariña de do Occidente Astur. Se gustas de cantar en grupo sen ningún estilo en concreto pode ser este quizás o teu lugar. Precísanse persoas con certo ouvido musical a nivel harmónico e acostumadas a cantar sexa de maneira profesional ou amateur, precísanse persoas que entendan o grande acto de xenerosidade e respecto que é cantar en comunidade con outros-as. Precísanse persoas de calquera idade e condición.
Os ensaios do coro lévanse a cabo na Escola Vella de Rinlo os venres as sete da tarde e ata as nove. O repertorio é de inspiración mariñeira, é dicir, todas aquelas cancións ben sexan de pop, rock, tradicional, jazz...que sexan do gosto das persoas do coro e que teñan o mar como telón de fondo.
Os arranxos vocais son...
leer másCentro Comercial Histórico de Viveiro e o Concello de Viveiro organizan o Concerto Benéfico INTERNACIONAL solidario cas víctimas do xenocidio en West Papua.
Tratase dunha iniciativa que, partindo de Australia, pretende concienciar ó mundo sobre o que está ocurrindo en Papua Occidental, onde se está practicando un auténtico xenocidio á poboación indíxena.
Os días 6, 7 e 8 de outubro realizaranse concertos en varias sedes por todo o mundo (Sidney, Melbourne, New York, San Francisco, Londres…) e Viveiro tamén será unha grazas á mediación de Chris Masuak, membro del Hall of Fame da música Rock australiana. Serán concertos simultáneos que se anunciarán de forma común para tódalas sedes en diversos medios de comunicación por todo o mundo e nunha única páxina web (www....
leer másO grupo Medina Azahara actuará o sábado 21 de outubro na Praza da Catedral de Mondoñedo dentro da programación das Feiras e Festas das San Lucas 2017, que se celebrarán na cidade entre o 17 e o 22 de outubro. A partir das 23:00 horas, o mítico grupo, mundialmente coñecido e que levou o seu rock andaluz a diferentes sitios do mundo; traerá ata a localidade mindoniense o seu último álbum de estudio, Paraíso Prohibido.
Deste xeito, o presidente da Asociación As San Lucas, Miguel Souto, avanza novo contido do programa das Festas e Feiras das San Lucas para esta anualidade. Neste senso, Souto engadiu que ademais da man de Medina Azahara, a música chegará ata a localidade a través das mellores orquestras de Galicia. No Campo da Alameda da cidade; o día 17, actuarán Panorama e Grupo Beatriz; o 18, Palladium e Satélites; o 19, New York e Miramar;...
leer más¡Y el momento ha llegado! Por fin podemos presentaros nuestra aftermovie oficial de la última edición, y con ella, las fechas para el Resurrection Fest Estrella Galicia 2018, que serán el 11, 12, 13 y 14 de julio. Como siempre, con este vídeo queremos recoger el espíritu de lo que se vive en el festival, esa experiencia única disfrutando de los amigos, de la música y de Viveiro. Esperamos que os guste tanto como a nosotros y os emocionen los recuerdos.
Ya vamos por el capítulo 13 en esta aventura llamada Resurrection Fest Estrella Galicia, como siempre todo un reto, pero podéis estar seguros de que una vez más tendremos un buen cartel, variado y especializado en todos los estilos de rock, metal, punk y hardcore, con nuestros escenarios temáticos por bandera, y en uno de los mejores recintos y localizaciones de toda Europa, creando una...
leer másO Casino de Mondoñedo acolle este sábado, 16 de setembro, un concerto a cargo de Vapor da arte.
Este grupo, creado no Conservatorio Profesional de Música de Viveiro hai pouco máis de catro anos, ofrecerá un repertorio composto de grandes éxitos das décadas dos 70 e os 80 co que percorrerá diversos estilos que van dende o jazz ata o rock pasando pola bossa nova, o funk, o bolero e o pop.
O concerto dará comezo ás 20:00 horas e o prezo da entrada para os non soci@s é 3 de euros.
Dende o 1 ata o 29 de setembro, ámbolos dous días incluídos, vai estar aberta nas oficinas do Concello a Preinscrición para o Curso 2017-2018 na Escola Municipal de Música de Xove. Tódolos alumnos/as que queiran preinscribirse deberán pasar polo Rexistro Municipal en horario normal de oficinas a formalizar a súa preinscrición.
Para realizar a mesma, hai que rexistrar unha ficha (con tódolos datos cubertos) no Rexistro Municipal do Concello; esta ficha pódese obter no mesmo rexistro.
A primeira semana de outubro fárase público no tablón de anuncios do Concello o listado de novos admitidos/as na Escola Municipal de Música para o curso 2.017/18.
Unha vez que o alumno/a sexa admitido, para a formalizar a súa matrícula deberá entregar no Rexistro Municipal o comprobante de ter feito a...
leer más