Música
O ciclo de música Sons no solpor do Eido Dourado continuará este domingo, día 23, coa actuación do grupo galego Gelria. Nese concerto, que terá lugar nos xardíns do Eido Dourado a carón da praia da Pasada en Barreiros, será presentado o último traballo deste grupo titulado Cantos de poeta.
O artista Celso Dourado explicou que “este domingo toca un grupo para min excepcional, chamado a facer moito no futuro. É un trío aínda que esta vez creo que van vir catro, cunha formación académica moi importante e unha voz espectacular. É un grupo moi novo e creo que vai ser un día especial”.
O promotor do Eido Dourado contou que “Gelria é un grupo de música galega creado no 2014. Está formado pola catalá Elena Tarrats na voz, Federico Mosquera nos teclados e Mario Cortizo na percusión. Pese a xuventude actuaron xa en sitios...
leer másA Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá dous concertos a vindeira semana. O primeiro deles será o vindeiro martes 25 de xullo, Día da Patria, ás 20:30 horas no parque de San Francisco. Ademais o sábado 29 de xullo terá lugar o festival no que a Banda de Ribadeo actuará xunto ás formacións de Arca e de Luarca, ás 19:00 horas, tamén no parque de San Francisco.
O presidente da asociación Amadores da Música, Chema Suárez, anuncia que “o concerto do Día da Patria Galega imos facelo no parque de San Francisco ás oito e media de tarde, se temos sorte e non chove, porque senón temos a alternativa de irnos para o Cine Teatro”.
Chema Suárez explica que “será un concerto para celebrar este día especial no que levamos anos participando e a temática vai ser fundamentalmente de temas de compositores galegos, aparte vai...
leer másA Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, e o Concelleiro de Cultura de Ribadeo, Xosé Farruco Graña Rama, presentaron este luns nos xardíns do Pazo de San Marcos, o I Festival Tradicional de Ribadeo Seráns Musicais,que organiza a Asociación Cultural Ronqueta e que terá lugar o vindeiro 23 de xullo no parque de San Francisco, de dito municipio. O Goberno da Deputación financia integramente con 8.000 euros este certame musical.
García Porto destacou que “dende o Executivo Provincialcolaboramos con esta primeira edición do festival co obxectivo de impulsar a música e o baile tradicional galego, ao tempo que dinamizamos a economía e o turismo da Mariña, pois espérase que participen centos de persoas. Esta iniciativa enmárcase na aposta do Goberno da Deputación coa cultura na nosa provincia, pois achegamos gratuitamente a...
leer másO concelleiro de Cultura, Farruco Graña, manifestou na presentación realizada este mediodía que “para levar ben estes días ao longo de todo o verán, temos unha nutrida programación con diversidade de actos, aínda que tamén é certo pola época do ano que é, que nos chama a saír á rúa, a música vai ter un lugar especial”.
O edil quixo “destacar para os nenos e as nenas as actividades englobadas dentro do programa Cultura no Camiño, así teremos Troula Animación con Uxía Lambona e a Banda Molona o 20 de xullo, o 4 de agosto chegará Migallas Teatro, o 26 de agosto estará Pistacatro co espectáculo Francesca Martello, o 2 de setembro Fantoches Baj con Velocíclopes, e o 16 de setembro dentro do programa Buxiganga Lume Escénico con A hora das cerdeiras. Son cinco actuacións pensadas nos nenos e nenas que aproveitando as tardes de verán e o bo tempo...
leer másEste domingo, 16 de xullo, arrinca no Eido Dourado o ciclo de concertos denominado Sons no solpor coa actuación do grupo vigués Ghaveta que fai música tradicional galega personalizada. Será a partir das 22:00 horas a carón da praia de A Pasada. Este ciclo prolongarase ata o 20 de agosto e Celso Dourado convida a asistir a estes concertos nos xardíns deste espazo dedicado ao arte.
Celso Dourado anunciou que “este domingo, a partir das dez da noite, arranca no Eido o ciclo musical Sons no solpor. Este domingo vai iniciar os concertos un grupo da provincia de Pontevedra, radicado en Vigo, que se chama Ghaveta”.
O artista barreirense explicou que “é un grupo de música tradicional galega cunha orixe na zona de Vigo. É un cuarteto que naceu máis ou menos polo 2013. Despois de varios anos de concertos no 2015 publicaron...
leer másA Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, o Alcalde de Ourol, José Luis Pajón Camba, e a Vicepresidenta da Asociación Cultural Aturuxeiros de Bravos, Sabela Ramil Rivera, presentaron no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, o VI Festival Aturuxo, que terá lugar os días 28 e 29 de xullo na parroquia de Santiago de Bravos, no municipio mariñán. A cita musical que organiza a Asociación Cultural Aturuxeiros de Bravos, conta coa colaboración do Goberno da Deputación, a través do Musiqueando, coa actuación do grupo A.C.M. Arume de Burela, e cunha achega económica de 2.000 euros do Concello de Ourol.
García Porto destacou que “colaboramos con esta cita cultural e musical para dinamizar e dar a coñecer un Concello como o de Ourol, con pouca poboación e moi envellecida, ao tempo que impulsamos a economía e o turismo neste...
leer másO Deputado de Turismo Eduardo Vidal Baamonde, e o Alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, presentaron este luns, no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, a V edición do Festival Cultural “Coa nosa fala”,que se celebrao mércores 12 de xullo no Campo da Cabana de Foz.Este festival naceu para contribuír a promocionar á musica feita en Galicia por músicos galegos. O Goberno da Deputación colabora cun achega económica de 3.000 euros para a celebración desta actividade no Concello de Foz, sendo a única administración impulsora, xunto co Concello, desta iniciativa.
Vidal Baamonde destacou que “dende o Executivo Provincial colaboramos con esta iniciativa, que nesta edición ten como obxectivo homenaxear o traballo incansable do músico mariñán, Arcadio Mon, falecido o ano pasado. Mon ademais dun gran compositor, foi o fundador da Escola Municipal e...
leer másUnha festa de DJ´s o 4 de agosto e un tributo a El Último de la Fila o día 5serán os pratos fortes da Feira do Bonito, que se celebrará a primeira fin de semana de agosto en Ribadeo. Así o deu a coñecer o concelleiro de Cultura, José Díaz.
O edil burelés contou: “queremos confirmar dos actuaciones musicales que vamos a tener durante la feria del bonito de este año, que se celebrará los días 4 y 5 agosto. En los últimos dos años desde el Concello estamos apostando porque esta fiesta sea de interés nacional, buscando conseguir ese objetivo. Y para ello evidentemente tenemos que organizar de forma paralela a la feria diferentes eventos que ayuden a lograr esto. Uno de ellos es el certamen internacional de pintura Amarte, que creemos que puede ayudar muchísimo a conseguir este objetivo. Y además las actuaciones musicales, que sean de cierta...
leer másO 8 de xullo na igrexa de Santa María de Lieiro en Cervo terá lugar unha actuación de corais ás 21:00 horas.
Intervirán a Coral Polifónica de Chantada, a Coral Coyantina-Valencia de Don Juan de León, e a Coral Polifónica do CIT de San Ciprián.
A actividade está organizada pola comisión de festas de San Ciprián e a Coral Polifónica do CIT de San Ciprián. Colabora o Concello de Cervo.
A Escola Municipal de Música de Burela organiza dous concertos como remate do VIII Curso Interdisciplinar de Música que se desenvolve desde o pasado luns e ata o venres, día 7.
O primeiro dos concertos celebrarase o xoves, 6 de xullo, ás 20:00 horas no Auditorio, e nel participarán o grupo de banda e o grupo de orquestra.
O segundo concerto terá lugar o venres, 7 de xullo, ás 20:00 no Auditorio, e será unha adaptación da ópera Os tres patacóns. Esta actuación correrá a cargo dos participantes no taller infantil, o grupo de coro, membros das seccións de corda e vento da Escola Municipal de Música de Burela, e do grupo de jazz.
No VIII Curso Interdisciplinar de Música participan arredor dun centenar de nen@s e xoves distribuídos nos diferentes talleres. No obradoiro infantil hai 30 nen@s...
leer más