Música

Etiquetas:
29/11/2016
Xa está aberta a inscrición para participar no VI Concurso de Karaoke, que se celebrará en Xove o 23 de decembro.
 
Dentro do Programa de Nadal deste ano, un dos seus pratos fortes en Xove vai ser o Concurso de Karaoke, que este ano celebra a súa sexta edición, o 23 de decembro, a partir das 21:30 horas
 
Este Concurso presenta tres categorías: PEQUES para menores de 12 anos; IUNIOR de 12 anos ou máis e menores de 18; VETERANOS para  maiores de 18 anos. As BASES, FICHA DE INSCRICIÓN e a RELACIÓN DE CANCIÓNS para participar pódense consultar nas Oficinas Xerais do Concello, no Departamento de Cultura o una Web do Concello. Tamén  podemos enviar toda esta documentación por email (Bases, Ficha de Inscrición e Relación de Cancións), se así nolo solicitan.
 
A inscrición neste Concurso é de carácter totalmente gratuita. Pois ben, a inscrición xa está aberta. A mesma pódese facer de varias maneiras, ben presencialemente nas oficinas do Concello...
leer más
Etiquetas:
23/11/2016
Do 2 ao 10 de decembro celébrase o V Festival Jazz & Blues de Ribadeo. Haberá tres concertos de balde e tres de pago.
 
O auditorio municipal Hernán Naval acollerá do 2 ao 10 de decembro o V Festival Jazz & Blues de Ribadeo. Os seis concertos serán ás 20:30 horas. O evento foi presentado esta tarde no salón de plenos do Concello ribadense con asistencia do concelleiro de Cultura, Farruco Graña, da responsable da Área de Economía da Deputación de Lugo, Mayra García, do artista Celso Dourado (un dos patrocinadores do evento) e do presidente da asociación cultural Jazz Eo, Rafael Monteavaro (organizador desta cita). 
 
O edil de Cultura dixo: “para o Concello de Ribadeo é un pracer asistir hoxe no seu salón de plenos á presentación desta quinta edición do festival de jazz e blues de Ribadeo. É unha presentación ben concorrida porque pouco a pouco vanse logrando máis apoios á iniciativa cultural: é un pracer...
leer más
23/11/2016
A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrece o 26 de novembro o concerto de Santa Cilla no auditorio Hernán Naval. David Ballester e Rubén Solloso dirixirán a actuación.
 
A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá este sábado, 26 de novembro, o seu tradicional Concerto de Santa Cilla. Terá lugar no Auditorio Hernán Naval e dará comezo ás 20:30 horas. David Ballester dirixirá unha parte da actuación e Rubén Solloso, a outra
 
O director titular da Banda ribadense, David Ballester, anunciou que “este sábado, 26 de novembro, ás oito e media da tarde vai ter lugar o tradicional concerto de Santa Cilla da Banda Municipal de Música de Ribadeo. Este ano ímolo facer no auditorio Hernán Naval por mor de que na rúa onde está o Teatro hai obras e por iso tivemos que cambiar de localización”.
 
David Ballester explicou que “como todos os anos por este concerto, sempre hai algún músico da Banda que vai interpretar algunha obra en solista e este...
leer más
23/11/2016
Todo está listo en Burela para a celebración o 25 de novembro do "Concerto da Fraternidade", que reunirá arredor de 150 músicos de Viveiro, Xove, Mondoñedo, Burela e Lugo.
 
Este venres, 25 de novembro, ás 20.30 horas terá lugar no auditorio da Casa da Cultura de Burela a última representación do Concerto da Fraternidade.
 
Xan Carballal explica que “froito da colaboración entre o Conservatorio de Viveiro e as Escolas Municipais de Música de Xove, Burela e Mondoñedo, estes concertos comezaron a súa andaina na primavera deste ano nas localidades de Mondoñedo e Xove con gran éxito de público. A temática versa sobre todo na resposta do home ante os retos históricos e que seguen estando de actualidade como son: guerra, pobreza, solidarizade, ecoloxía, éxodo, esperanza, fe, diversidade”. 
 
O director deste concerto e da Escola de Música de Burela sinala que...
leer más
Etiquetas:
22/11/2016
O centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, de Barreiros, será escenario o 27 de novembro do concerto "Lyricas en Galicia".
 
O centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro será escenario este domingo, 27 de novembro, a partir das 18:00 horas da actuación de Lyricas, unha formación musical que compoñen Julia María Dopico (pianista) e Diana Somkhieva (soprano). A primeira é profesora superior de piano e linguaxe musical e a segunda profesora superior de canto. 
 
O título do concerto é Lyricas en Galicia. Os que asistan poderán gozar dunha selección de composicións interpretadas por estas dúas mulleres, entre as que destacan Negra Sombra, Lela, Lonxe da terriña, Os teus ollos…
 
Desde a Concellería de Cultura e desde a Oficina Municipal de Información Xuvenil invitan a acudir a este concerto “especial e...
leer más
Etiquetas:
21/11/2016
El V Festival de Jazz & Blues Ribadeo 2016 se celebrará del 2 al 10 de diciembre. Los conciertos serán en el auditorio Hernán Naval. Las entradas están ya a la venta.
 
La V edición del Festival se celebrará entre el 2 y el 10 de diciembre próximos, con conciertos a las 20,30 horas en el Auditorio Municipal “Hernán Naval”. Habrá un total de cinco conciertos que engloban a siete bandas de jazz y blues, de ellos dos gratuitos y tres de pago. El programa de conciertos es el siguiente:
 
Viernes 2 diciembre
Alejandro Vargas Trio, Prisco & Cherry. Concierto gratuito
 
Sábado 3 diciembre
Michael Olivera Group. Entrada: 10 euros 
... leer más
18/11/2016
Un cento de alumn@ da EMMeD de Ribadeo participarán o 22 de novembro no concerto de Santa Cecilia.
 
A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo celebra o vindeiro martes, 22 de novembro, ás 20:00 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval, o seu tradicional concerto na honra de Santa Cecilia, patroa dos músicos.
 
Polo escenario pasarán arredor dun cento de alumnas e alumnos da Escola que interpretarán obras que van desde Händel ata Gershwin. Agrupacións de vento, tecla, percusión, gaita, danza, entre outros, dan forma ao programa deste concerto, aberto ao público e gratuíto.
 
Esta actuación é a previa do gran festival de Nadal que a Escola celebrará o 17 de decembro no Auditorio Municipal Hernán Naval e no que participarán máis de 300 alumnas e alumnos aproximadamente.
 
Etiquetas:
16/11/2016
Están xa á venda anticipada as entradas para o musical "Michael Jackson's Legacy", que está en Burela a mediados de decembro.
 
Mañá, xoves, comeza a venda anticipada de entradas para o musical Michael Jackson´s Legacy que estará en Burela o día 16 de decembro, dentro da programación da Concellería de Cultura ata final de ano. O prezo das entradas en anticipada será de 10 euros e de 12 euros en taquilla o día do espectáculo.
 
O concelleiro de Cultura, José Díaz, anunciou que “a partir de mañana jueves salen a la venta las entradas para el musical Michael Jackson´s Legacy. Durante los días que llevamos de esta semana ya está llamando gente al Concello preguntando por este evento por cuándo salían a la venta las entradas”.
 
O edil socialista confirma que “será mañana a partir de las nueve de la mañana de este jueves, 17 de noviembre, tanto en la Biblioteca Municipal como en la Casa da Xuventude...
leer más
10/11/2016
El 12 de noviembre el Cine Teatro, de Ribadeo, acogerá el Concierto de Santa Cecilia, que organiza la Coral Polifónica y que correrá a cargo del coro Orfeao da Casa da Misericordia de Gouveia (Portugal).
 
La Coral Polifónica de Ribadeo organiza para este sábado, 12 de noviembre, un concierto dentro de los actos de celebración de la Patrona de la Música, Santa Cecilia.
El concierto correrá a cargo del coro Orfeao da Casa da Misericordia de Gouveia (Portugal). La Coral Polifónica de Ribadeo acompañará a este grupo cantando dos piezas a modo de presentación.
Esta actuación será el sábado a las 20:15 horas en el Cine Teatro de Ribadeo.
La Coral Polifónica ribadense invita a vecinos y visitantes a disfrutar de este nuevo concierto coral.
 
Etiquetas:
03/11/2016
Teatro nas parroquias, concertos e charlas médicas son algunhas das propostas culturais do Concello de Foz para o mes de novembro.
 
A Concellería de Cultura focense ven de presentar a programación para este mes de novembro, que inclúe varias representacións de teatro nas parroquias, concertos e charlas médicas, entre outras actividades.
 
A concelleira Silvia Blach detallou que “o venres 4 no Cenima ás 21:00 horas imos ter un concerto de metais a cargo do Conservatorio de As Pontes, polo grupo que ven de intercambio coa Escola de Música de Foz para que ese día teñamos un concerto marabilloso ao que invitamos a todo o mundo a que asista dentro dese ciclo do mes da música que temos todos os meses de novembro no concello de Foz”.
 
Silvia Blach continúa sinalando que “o sábado, día 5, no centro social A Saira, de Nois, teremos a partir das 20:00 horas teatro nas parroquias...
leer más