Publicaciones
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo entregou 500 exemplares de “Cen historias máxicas pola Mariña encantada”, escrito por Antonio Reigosa e ilustrado por José Luis Neira Brochs, aos concellos da comarca nun acto celebrado esta mañá no Museo do Mar de San Cibrao.
O Servizo de Publicacións da área de Cultura colaborou na edición do libro, publicado por Libros Lar, coa adquisición dos exemplares que distribuíu entre os concellos para facelos chegar a bibliotecas, centros educativos e outros puntos de lectura e consulta nos distintos municipios.
“Ao apoiarmos esta edición e ao axudarmos a difundila no propio territorio, para o que lles pedimos aos concellos a súa colaboración; estamos a cumprir tanto na Deputación como nos concellos o noso labor de preservación e difusión do patrimonio neste caso intanxible e,...
leer másO Concello de Viveiro, xunto á área de Cultura da Deputación de Lugo, presenta o cómic conmemorativo do Bicentenario do Afundimento do Bergantín Palomo e da Fragata Magdalena en augas da Ría de Viveiro, un evento que fora celebrado no ano 2010.
O acto de presentación do cómic, realizado por Primitivo Marcos Ferreiro, terá lugar este sábado, 27 de marzo, ás 12:30 na Sala Multiusos da Casa do Concello, con aforo limitado.
A presentación do cómic contará coa participación da alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García; María Rosario San Isidro Franco, secretaria da Comisión do Bicentenario 1810-2010; Carlos Nuevo Cal, Cronista Oficial de Viveiro e coordinador da Comisión do Bicentenario 1810-2010; Primitivo Marcos Ferreiro, autor do cómic, e Tareixa Antía Ferreiro Tallón, vicepresidenta da Deputación de Lugo.
... leer másA Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, co apoio de Turismo de Galicia, publica unha guía do xeodestino como ferramenta para promover os principais atractivos e produtos do territorio en coherencia coa estratexia de promoción e dinamización que a Mancomunidade fai da comarca no seu conxunto e en base ao turismo slow e sostible. A publicación denomínase A Mariña Lucense ao descuberto.
O ente supramunicipal acaba de facer pública unha guía do xeodestino que xurde seguindo os pasos da súa renovada web para aportar valor engadido aos visitantes da Mariña Lucense. En formato revista, amosa pinceladas de todas as posibilidades que ofrece o destino -coa opción de afondar en diversos aspectos a través de códigos QR e enlaces- e busca favorecer a calidade da experiencia turística e a permanencia do turista no territorio. Xurde tamén coma...
leer másA Biblioteca de Ourol ofrece un novo servizo de WhatsApp para facilitar a comunicación entre os usuarios e usuarias e a propia biblioteca.
A través deste servizo poden enviar propostas de libros que consideren que a biblioteca debe adquirir, facer reservas, renovar os libros que teñen prestados ou calquera outra comunicación relacionada con este departamento.
O número é o 608.69.40.51
Este vindeiro sábado, 6 de marzo, ás 20:00 horas, no local da Casa da Xuventude de Mondoñedo, terá lugar a presentación da novela “A Solo no le gustaba su nombre", de Pepe Peinó.
Ademais do autor, estará, como vén sendo habitual, o lingüista Bernardo Penabade. Contarase tamén coa amenización musical a cargo de Alejandro Barreira, que interpretará tres temas acompañado da súa guitarra. O acto lévase a cabo coa colaboración do Concello de Mondoñedo.
O Concello de Barreiros editou un calendario de 2021, que está dedicado ao Entroido. Os veciñ@s poden recoller o seu exemplar nas oficinas municipais.
Desde o Concello explican que “no 25 aniversario dos nosos xigantes e cabezudos quixemos que o protagonismo do 2021 fora para o Entroido. Porque si, temos a seguridade de que, igual non no ano que entra, pero volveremos celebrar o Entroido e as rúas volverán á vida. E mentres tanto poderemos deleitarnos lembrando aquelas celebracións”.
O vindeiro venres, 8 de xaneiro, ás 20:00 horas no Pazo de Tovar, en Lourenzá, presentarase a novela de Pepe Peinó “A Solo no le gustaba su nombre”. No acto participarán o autor, xunto a Bernardo Penabade, lingüista, e Aida Río, cantante.
O aforo será limitado, como é obrigado nestas datas de pandemia, admitíndose ata un máximo de 40 persoas. Os interesados deben anotarse chamando ao número 619389997.
O vindeiro luns, 28 de decembro, ás 20:00 horas na Confitería-Cafetería Xoyma, de Foz, terá lugar a presentación da novela de Pepe Peinó "A Solo no le gustaba su nombre". Esta presentación ía levarse a cabo no pasado mes de marzo e tivera que ser suspendida co gallo da corentena provocada polo coroavirus. Despois de 8 meses de espera, dita presentación poderá celebrarse.
Falarán Pepe Peinó e o lingüista Bernardo Penabade e actuará a cantante Almudena Cuadrado.
No acto respectaranse todas as medidas de seguridade prescritas para estas épocas de pandemia.
A Delegación Municipal de Igualdade do Concello de Xove organizou, en colaboración co CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán, un proxecto socioeducativo consistente na elaboración do conto O bote das bolboretas, realizado polos nenos e nenas de 5º de Primaria, sobre a igualdade e a prevención da violencia de xénero.
Trátase dun traballo financiado con fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero a través da Secretaría Xeral da Igualdade da xunta de Galicia.
O alcalde, Demetrio Salgueiro, e a concelleira de Igualdade, Ana Abad, fixeron entrega dos exemplares do libro para o alumnado de Infantil e Primaria e para o profesorado do CEIP Pedro Caselles Rollán. Con posterioridade, tamén deixaron algúns exemplares no IES Illa de Sarón.
A FCAM segue coa campaña de promoción da comarca a nivel nacional. A Federación de Comercio A Mariña continúa sumando publicacións e nesta ocasión unha reportaxe na revista Auto Fácil convida a realizar unha visita polos museos da costa luguesa da man de Pedro Madera, xornalista, historiador e viaxeiro infatigable.
Para o presidente da FCAM, José Carlos Paleo, “a ruta dos museos a través desta comarca e pola provincia de Lugo son unha boa escusa para visitarnos”. E subliñou “a importancia que ten o turismo no comercio de proximidade, que encaixa na decisión de viaxar con todas as medidas de prevención neste momento”.
Pedro Madera propón en Auto Fácil unha visita ao Museo do Mar en San Ciprián, ao Museo da Basílica de San Martiño de Mondoñedo e ao Museo de Sargadelos, ademais doutros situados na cidade de Lugo...
leer más












