Teatro
Barreiros acolle o vindeiro domingo, 8 de xullo, unha actividade de promoción da lingua galega para a que contará coa presenza de Os Bolechas.
O centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, en San Cosme de Barreiros, será escenario do espectáculo O Amigo Monte, de Os Bolechas a partir das 12:30 horas.
A actividade está incluída no programa de animación lingüística FalaRedes da Xunta de Galicia. O Concello colabora con este acto.
O grupo teatral O Centiño de San Martiño, en Foz, estrea a súa terceira obra titulada El Guindilla. Será este sábado, 30 de xuño.
A representación terá lugar ás 21:00 horas na área recreativa de Ferreiravella, en San Martiño, que é o lugar de ensaio do grupo.
A asociación cultural O Centiño presenta El Guindilla como a obra máis picante endexamais escrita e dirixida por Pepe Peinó, que levará por diversos escenarios da provincia comezando pola semana do teatro de Foz, en agosto, e continuando polos circuítos de Buxiganga.
A Delegación de Cultura programa unha representación teatral para este domingo, 17 de xuño.
O grupo Andanzas representará a obra El caso de la mujer asesinadita, escrita por Miguel Mihura e Álvaro de la Iglesia. É unha comedia emocionante de intriga, pertencente á “alta comedia”, e na que os autores desmontan o mito do matrimonio burgués de épocas pasadas.
A representación, para todos os públicos, será ás 19:00 horas, no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.
O domingo, 10 de xuño, estará en Viveiro A Tropa do doutor Milagre-Cooperando facemos a viaxe.
Esta actividade desenvolverase na Praza Maior, a partires das 12:00 horas, e está incluída no programa Cooperativismo en Movemento 2018 da Xunta de Galicia.
A Tropa do doutor Milagre é un explosivo e curativo espectáculo de rúa para todos os públicos, no que non faltarán elixires, cataplasmas, cremas e pomadas listas nos seus floreados frascos. A Tropa fai unha chamada a asistir a esta cita: “veñan facerse cun dos nosos remedios curativos”.
En caso de mal tempo a actividade trasladarase ao Conservatorio Municipal.
A Concellería de Cultura presenta á compañía Caramuxo Teatro, dentro da programación cultural da Rede de Teatro e Auditorios de Galicia e de AGADIC. A actuación será mañá, 19 de maio, ás 18 horas no auditorio da Casa da Cultura, a entrada será de 3 euros e a idade recomendada será para público de 6 meses a 5 anos e familiares.
Caramuxo Teatro é unha compañía de teatro infantil e familiar nada na Coruña no ano 2003 dirixida por Juan Rodriguez e Laura Sarasola. Traballa ademáis, nunha liña especifica na creación de espectáculos para bebés. Caramuxo crea espectáculos poéticos e visuais axeitados para gozar en familia, tendo unha especial responsabilidade có público mais novo. Dende os inicios mistura diferentes técnicas, teatro de actor, títeres, danza… A liña de traballo parte duns textos elaborados a partir da experiencia no eido educativo...
leer másA Delegación de Cultura do Concello de Foz programa unha exposición de debuxos de Juan A. Mariño Domenech, que se inaugurará o día 14 de maio no CENIMA, e unha obra de teatro que se representará en Cordido o día 17.
O vindeiro luns, 14 de maio, inaugurarase a exposición de debuxo a cores con obras de Juan A. Mariño Domenech. Esta mostra permanecerá na sala de exposicións do CENIMA ata o día 6 de xuño. O horario de visita será de 10:00 a 14:00 horas de luns a venres.
O xoves 17, Día das Letras Galegas, o grupo de teatro A Adala Infantil presentará Mamasiña que medo! A representación terá lugar no centro social de Cordido, ás 19:00 horas. Organiza a Comunidade de Montes en Man Común da parroquia de Cordido coa colaboración do Concello de Foz. A obra conta a historia dunhas bruxiñas e un ogro grande e temido por...
leer másO auditorio municipal Hernán Naval de Ribadeo acollerá este domingo, 13 de maio, ás 17:30 horas unha actuación de Teatro Marionetas Trécola que representará a obra O agasallo de Anya, dentro da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios.
É a historia de Anya e Xiana, dúas nenas que viven separadas por catro mil quilómetros pero unidas por todo o demais, sentimentos, ilusións, proxectos, ansia de felicidade… Neste espectáculo as dúas protagonistas descubriranos as razóns polas que os mellores agasallos non se reciben, danse.
Trátase dunha obra baseada no conto orixinal de Sabela Núñez Singala que se representa con marionetas de distintas técnicas de manexo dentro dunha escenografía en continuo cambio.
A Concellería de Cultura programa para este venres, 4 de maio, unha representación teatral que correrá a cargo do Grupo de Teatro Andanzas, de Viveiro, que porá en escena a obra Las Entretenidas de Miguel Mihura.
A cita terá lugar mañá no auditorio da Casa da Cultura de Burela ás 21:00 horas. A entrada é libre e para todos os públicos.
A comedia de Miguel Mihura Las Entretenidas estreouse o 12 de setembro de 1962 no Teatro da Comedia de Madrid, e inclúese entre outros dos seus grandes éxitos como Tres sombreros de copa e Melocotón en almíbar.
Ademais este domingo, 6 de maio, a Casa da Cultura de Burela acollerá o Festival de Primavera organizado pola asociación Arume.
O evento dará comezo ás 18:30 horas e os grupos invitados serán Amado Lar e Osorio Gutiérrez. A...
leer másO concelleiro de Cultura, Farruco Graña, anima a asistir a estas citas.
O edil ribadense contou que “logo da presenza do grupo Ollomao en Rinlo, este pasado domingo, o ciclo Cultura nas parroquias fai unha pequena maratón por outros lugares esta fin de semana”.
Farruco Graña explicou que “dúas compañías representan tres espectáculos. Por unha banda, Rilo & Penadique, e pola outra uns vellos coñecidos en Ribadeo, Os sete magníficos máis 1. Dúas actrices nun caso e dous actores noutro irán a Couxela, Remourelle, Cinxe, Vilela, Vilaselán e ao Círculo Habanero da Devesa. A maiores, a sesión do domingo pola mañá terá lugar no hospital asilo de Ribadeo”.
Graña dixo que “se van poñer carteis nas parroquias e nos locais onde vai haber actos para que todo o mundo estea enterado”.
... leer másO grupo de teatro A Adala Infantil presenta a obra Mamasiña qué medo!, este sábado, 28 de abril, ás 19:30 horas, na Casa da Cultura de San Ciprián.
Conta a historia dunhas bruxiñas e un ogro moi particulares. Na aldea había un ogro grande e temido pero un día, non se sabe moi ben como, volveuse pequeniño. O morcego que vivía con el saíu a buscar axuda e atopou a unhas bruxiñas ás que lles pediu que fixesen ao ogro outra vez grande. Pero cando intentaron axudar ao ogro non saíu todo como esperaban e volveuse grande de corazón aínda que o seu tamaño seguía a ser pequeniño. Nestas aparece en escena un aposto vampiro do que se namora a bruxiña máis vella, o que fixo que todo o pobo apoiara ao ogro que deixou de ser temido e fíxose amigo das xentes do lugar.