Barreiros
O Eido Dourado pechará as súas portas este verán o vindeiro domingo, 27 de agosto. O artista barreirense Celso Dourado fai unha valoración moi positiva desta tempada na que promoveu unha ducia de concertos tanto nos xardíns do Eido como no cámping Gaivota. Celso Dourado anuncia que cara a vindeira tempada posiblemente se limitará o acceso aos concertos a 150 persoas para que todas poidan gozar comodamente destas citas ao solpor.
Celso Dourado anunciou que “o vindeiro domingo, día 27, pechamos a novena tempada do Eido Dourado. Acostumamos a pechala cara a finais de agosto, pero este ano por circunstancias de calendario decidimos adiantalo ao vindeiro domingo”.
Dourado relatou que “este verán desenroláronse cun grande éxito os laboratorios creativos, que están conducidos pola artista e profesora Lucía Vila. Tivemos...
leer másA polifacética artista galega Mónica de Nut actuará o vindeiro domingo, 20 de agosto, nos xardíns do Eido Dourado en Barreiros. Será o broche de ouro aos concertos do ciclo Sons no Solpor que se viñeron celebrando durante este verán. A actuación comezará sobre as dez da noite e a entrada é gratuíta.
O artista barreirense Celso Dourado comentou que “este domingo imos poñer fin ao ciclo musical Sons no Solpor que celebramos os domingos durante os meses de xullo e agosto, e ímolo facer coa que eu considero posiblemente a cantante máis vangardista que temos no panorama do canto en Galicia, con Monica de Nut”.
Celso Dourado subliñou que “Mónica de Nut é unha cantante tremendamente polifacética. Podemos dicir que canta ópera, jazz, músicas de raíz e sobre todo música experimental. Ten unha experiencia grande na...
leer másO ciclo de concertos Sons no solpor no Eido Dourado, en BarreIros, continúa este domingo, 13 de agosto, coa actuación do grupo Odaiko Percusión. Dará comezo ás 22:00 horas e Celso Dourado convida a asistir para presenciar este concerto dun grupo moi coñecido en Galicia.
O artista barreirense explicou que “neste caso trátase case máis que dunha actuación dun verdadeiro espectáculo de percusión, estamos a falar dun grupo de percusionistas moi coñecido en Galicia que se chama Odaiko Percusión”.
Celso Dourado contou que “este grupo está formado habitualmente por catro compoñentes, son uns grandes expertos no emprego de todo tipo de instrumentos que orixinan un son moi especial. Fan un espectáculo que combina todo tipo de instrumentación máis ben relativa á percusión contemporánea, incluso con elementos de nova...
leer másO tango chega este domingo, día 6, ao Eido Dourado, en Barreiros, dentro do ciclo de concertos Sons no solpor. O grupo Tanto Tango actuará a partires das dez da noite nos xardíns deste espazo dedicado ao arte.
O promotor desta iniciativa, Celso Dourado, sinala que “continuamos co ciclo musical Sons no solpor e este domingo, a partires das dez, toca unha formación podemos dicir que son músicos que se uniron para este tipo de tratamento do tango. Levan como nome Tanto Tango”.
Dourado explicou que “a cabeza visible é Iria Lis que xa estivo en distintas salas sobre todo da Coruña e de Santiago, está composto por músicos cunha ampla traxectoria. Por exemplo no contrabaixo está o mestre Quique Alvarado, que ten tocado con xente como Alberto Cortez, Paquito D´Rivera, o jazzista Jorge Pardo e un longo etc, na guitarra...
leer másO Concello acolleu a presentación esta mañá do XXXVI Festival Folclórico do Emigrante, que terá lugar o vindeiro sábado, 5 de agosto, en San Miguel de Reinante. No acto participaron o alcalde, Alfonso Fuente, e o director da asociación folclórica O Arco da Vella (organizadora do evento), Enrique Penabad, acompañados de varios membros deste colectivo.
Os actos desta tradicional cita xa darán comezo mañá, venres, coa VII Foliada de Música, na que participarán gaiteiros e pandereiteiras e na que haberá empanada, bolos preñados, cervexa, etc… Iso será ás 21:30 horas na pista do Souto.
E o sábado a partir das 22:00 horas celebrarase o XXXVI Festival Folclórico do Emigrante coa participación de Grupo de Danzas de Colombia, Dance Ensemble de Polonia e O Arco da Vella de San Miguel. Será no campo de fútbol. Os...
leer másO cámping Gaivota, en Barreiros acolle este venres, 4 de agosto, un novo concerto dentro das súas Queimadas Proletarias. O grupo de folk tabernario Tis Che Tein actuará a partires das 23:00 horas.
O promotor destas actividades, Celso Dourado, sinalou que “é unha nova cita, unha máis, e esta vez vainos acompañar Tis Che Tein. É un grupo de Santiago formado nos bares a altas horas da noite, beben do folk, beben do celta, e case todos os seus compoñentes forman parte doutros grupos. Os máis coñecidos posiblemente sexan Os de Abaixo. A maior parte deste grupo forma parte tamén de Os de abaixo”.
Dourado explicou que “é un tipo de música moi coidada, moi elaborada. Estamos falando de xente cunha grande formación que leva moitos anos tocando pese á súa xuventude. É habitual velos nas rúas de Santiago tanto no Gramola,...
leer másEste venres, 4 de agosto, haberá teatro en Barreiros. O grupo Migallas Teatro representará Pan de millo: vai ser boa!. Trátase dunha montaxe de cancións combinadas con accións dramáticas.
A representación, incluída no programa Cultura no Camiño 2017 da Xunta de Galicia, terá lugar no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro ás 12:00 horas. Colabora o Concello de Barreiros, a través da Delegación de Cultura e da Oficina de Información Xuvenil.
O Eido Dourado, en Barreiros, segue acollendo diversas actividades ao longo deste verán. O vindeiro 3 de agosto terá lugar unha sesión de Chikung para a saúde. Para participar non se precisa experiencia previa. Os asistentes realizarán movementos armónicos e suaves, acompañados dunha respiración axeitada e consciente para o benestar persoal. O Chikung axuda a fortalecer o corpo físico, mental e emocional.
A sesión desenvolverase de 19:00 a 20:30 horas no Eido Dourado. E será impartido por unha profesora titulada.
Ademais o Eido Dourado segue a organizar os laboratorios creativos, que imparte Lucía Vila, artista mariñá e profesora de educación plástica. Desenvólvense os mércores en horario de sete a oito da tarde ata o vindeiro 16 de agosto. A experiencia está a resultar un éxito neste segundo ano.
O grupo de música folk Xógara inicia este domingo, 30 de xullo, a súa xira por Galicia co concerto que ofrecerá nos xardíns do Eido Dourado, en Barreiros. A actuación enmárcase no ciclo Sons no solpor que ten lugar nas noites dos domingos á caída do sol.
O promotor do Eido, Celso Dourado, anuncia que “este domingo, dentro do que é a programación de Sons no solpor é dicir coa caída do sol, temos unha aposta firme, unha aposta que eu particularmente tiña moitas ganas de vela, e trátase do estreo en Galicia da xira de Xógara”.
O artista barreirense subliña que “Xógara é unha banda, podemos dicir anglo-galega-galesa, e este día 30 de xullo nos xardíns do Eido Dourado vaise estrear aquí na nosa terra. Xógara é un grupo esencialmente instrumental que bebe da música celta. Nace en Oxford da mao de tres músicos...
leer másO club de fútbol Celta Barreiros organiza unha festa que se celebrará este venres, 28 de xullo, pola tarde noite. O Concello colabora.
Segundo explica o concelleiro José Manuel Gómez Puente "trátase da primeira edición da festa dos ovos fritos e realízase para fomentar a unión dos xogadores e os socios do club, E ao mesmo tempo co obxectivo de pasalo ben con todos os veciños, amigos e veraneantes que nos queiran acompañar".
O edil barreirense anima a todo o mundo a participar "porque o imos pasar moi ben". A cea consistirá en ovos fritos con patacas e chourizo, pan e bebida por so 5 euros.
A I Festa O Cascabeiro terá lugar no campo de fútbol do Celta Barreiros, que ten o mesmo nome que o evento, O Cascabeiro. Ademais haberá música en directo con Chis.












