Barreiros

Etiquetas:
19/08/2015
Último concerto do verán no Cámping Gaivota, en Barreiros, o 21 de agosto.
 
O cámping Gaivota de Barreiros pecha o ciclo de concertos que acompañan ás queimas dos venres durante o verán cun concerto de Carta de Ajuste, un grupo pouco convencional que visita o espazo por segunda vez.
"Teremos un grupo realmente pintoresco, Carta de Ajuste. É un grupo de fusión musical. Optaron por un esquema realmente complexo, no que mesturan bandas sonoras de películas, composicións relativas a anuncios televisivos e,  á súa vez, con versións de factura propia. Xeran un ambiente realmente pintoresco e mesmo con trazos surrealistas. É a segunda vez que pasan por aquí. Conectaron tan ben coa xente que decidimos ir rematando estas queimadas no cámping coa música deste grupo”, apunta Celso Dourado, xestor do Cámping e promotor dos concertos que se desenvolveron no...
leer más
17/08/2015
O Praias de Barreiros FS e o Prone Lugo FS disputarán un partido benéfico o vindeiro 22 de agosto. O obxectivo é recadar fondos para a Asociación Debra.
 
O sábado, 22 de agosto, o Praias de Barreiros FS disputará un partido benéfico contra o Prone Lugo FS para recadar fondos a favor da Asociación Debra, que axuda a afectados pola doenza coñecida como “pel de mariposa”, pouco frecuente e incurable. O seu rasgo máis característico é a extrema fraxilidade da pel, de forma que ao máis mínimo roce lles provoca ampolas e feridas. A entrada única, para nenos e adultos, será de 2 euros e a cita é as 20 horas no Pavillón Municipal de Barreiros. 
O evento organízao a Rede de Voluntariado Local coa colaboración do Concello de Barreiros, o Praias de Barreiros FS e o Prone Lugo FS. 
 
14/08/2015
O Eido Dourado pecha este domingo, 16 de agosto, en Barreiros o seu ciclo "Concertos ao Solpor" co jazz galego de Sumrrá.
 
O ciclo Concertos ao Solpor, que durante o verán organiza O Eido Dourado nas noites dos domingos, remata o día 16 coa actuación de Sumrrá, unha formación de jazz que nos últimos tempos acadou numerosos premios e participou en prestixiosos festivais ao longo do mundo.
Celso Dourado, promotor dos concertos no espazo veciño á praia da Pasada,  destaca que o trío Sumrrá “foi premio Martin Códax da Música no 2014 e foi considerado o mellor grupo de jazz e músicas improvisadas. Está formado polos músicos Manuel Gutiérrez ao piano, Xacobe Martínez Antelo ao contrabaixo, e Lar Legido na batería. Este trío está considerado o máis innovador dentro da escena española. Dío Cándido Querol, que é un dos grandes críticos de jazz”.
O artista...
leer más
Etiquetas:
12/08/2015
A música de raíz de Habelas Hainas amenizará a queimada do venres, 14 de agosto, no Cámping Gaivota, en Barreiros.
 
O folk en feminino de Habelas Hainas porá música á queimada que este venres, 14 de agosto, organiza o Cámping Gaivota de Barreiros. É unha das propostas musicais de agosto nas instalacións xestionadas por Celso Dourado, e comezará ás once da noite. 
Dourado conta a historia deste grupo que xa actuou noutras ocasións no lugar: “é un grupo nacido no 2010 e as primeiras actuacións que fixeron foron precisamente no Cámping Gaivota.  Xúntanse catro rapazas para crear un proxecto, Habelas Hainas, e a súa grande versatilidade vai un pouco alén de ser multiinstrumentistas, xa que cada unha delas toca distintos instrumentos. Explorar outros eidos artísticos e, dalgunha maneira,  pódese dicir que as súas interpretacións rozan o poético e o teatral. Fan dos seus espectáculos algo...
leer más
Etiquetas:
12/08/2015
A XX Festa da Tortilla de Celeiro de Mariñaos celebrarase os días 14 e 15 de agosto. Haberá torrezmada, chourizada, moita música e o tradicional baile do faroliño.
 
Un ano máis, as festas de San Caetano da parroquia barreirense de Celeiro de Mariñaos acollen a Festa da Tortilla, que nesta edición chega aos 20 anos de historia.  O evento celebrarase o venres 14 e o sábado 15.
A festa comeza o día 14 ás 9 da noite cunha torrezmada e chourizada amenizada polo grupo de música tradicional Os do Pilón, de Arzúa. Actuarán tamén esa noite Os Parentes, grupo de música popular de Sober e o grupo Agua Marina, de Viveiro, encargados da verbena.
O sábado 15 ás 12 da mañá presentaranse as tortillas para o concurso. Ás 13 horas oficiarase na capela a misa coa procesión e despois será a sesión vermú a cargo da Charanga Compostela. Pola tarde será a quenda dos xogos tradicionais e do espectáculo infantil A...
leer más
06/08/2015
En Barreiros o Cámping Gaivota acollerá o 7 de agosto o concerto de Gelem Gelem e o 9 de agosto actuará Falúa no Eido Dourado.
 
O Cámping Gaivota e o espazo Eido Dourado acollerán este venres e  este domingo dous concertos. O de Gelem Gelem celebrarase no Gaivota a partir das 11 da noite do venres, 7 de agosto,  xunto á tradicional queimada, e o de Falúa, proxecto da cantante Sara de Sousa, terá lugar no Eido Dourado dentro do ciclo Concertos do Solpor dos domingos de verán. Será o 9 de agosto ás dez da noite. 
Celso Dourado, xestor dos dous espazos, explica o programa, que no caso dos Concertos ao Solpor “é xa a 4º concerto deste verán e comeza sobre as 22 horas do domingo . “Nesta proposta imos presentar a Falúa, que é o nome do grupo coa que se presenta aquí na Mariña Sara de Sousa. Dela podemos dicir que é unha das voces, xunto a Xiana Lastra, da nova canción galega. É unha renovadora da...
leer más
Etiquetas:
04/08/2015
Volve a Barreiros "Ponlle as pilas ao teu bocata". Será o 12 de agosto ás 11:30 horas no pavillón municipal. É necesario inscribirse.
 
O Concello de Barreiros ten aberto ata este venres, 7 de agosto, o prazo de inscrición na actividade Ponlle as pilas ao teu bocata, que busca promover as virtudes das conservas de produtos do mar e aos seus beneficios nutritivos. Os interesados poden anotarse na oficina de Turismo do Concello. 
A actividade está organizada polo Concello en colaboración coas Consellerías de Medio Rural e Mar, Cultura, Educación e Sanidade, así como por Anfaco-Cecopesca e levarase a cabo o 12 de agosto ás 11.30 horas no pavillón municipal de San Cosme de Barreiros.
A campaña vai dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos e afondará nos seus coñecementos sobre o mundo do mar, das conservas e das súas posibilidades alimenticias, pero tamén contempla...
leer más
Etiquetas:
29/07/2015
O XXXIV Festival Folclórico do Emigrante celebrarase o 1 de agosto en San Miguel de Reinante. Actuarán O Arco da Vella e grupos de Indonesia e de Serbia.
 
O Festival Folclórico do Emigrante chega á súa 34ª edición o próximo 1 de agosto, data da cita deste ano dun encontro que xunta a música e as tradicións locais con outras foráneas. 
Este ano o cartel do Festival, organizado pola Asociación Folclórica O Arco da Vella de San Miguel de Reinante e no que colaboran o Concello de Barreiros e a Deputación de Lugo, ten programadas as visitas da Agrupación Kriba Budaya, de Indonesia, e da Academic Akud Mika Mitrovic, de Belgrado (Serbia). De moito máis preto chega o Grupo Folclórico la Rosa del Azafrán, procedente de Consuegra, en Toledo, e os anfitrións, a agrupación O Arco da Vella, de San Miguel de Reinante. As actuacións terán lugar a partir das 22 horas no campo de fútbol de As Valgas de San Miguel e, en caso de choiva, no...
leer más
29/07/2015
O Eido Dourado, en Barreiros, acolle este domingo, 2 de agosto, a presentación do disco "Compromiscuo" de Vadim Yukhnevich e Abraham Cupeiro.
 
O Eido Dourado ofrecerá este domingo, 2 de agosto, un novo concerto dentro da súa programación estival. Trátase da presentación do disco Compromiscuo, un traballo conxunto dos músicos Vadim Yukhnevich e Abraham Cupeiro. A cita terá lugar ás dez da noite e a entrada será gratuíta.
 
Celso Dourado, impulsor deste espazo cultural, recalcou a calidade desta nova aposta musical:  “no Eido Dourado sempre procuramos traer aquelas propostas que aporten algo ao panorama actual. Neste caso presentase o disco Compromiscuo, que corresponde a dous grandísimos músicos, o bielorruso Vadim Yukhnevich e o galego Abraham Cupeiro. Fan unha mestura realmente moi interesante de ritmos de orixe balcánica da Europa do Leste cunha fonda tradición celta....
leer más
Etiquetas:
24/07/2015
O concurso internacional de castelos na area de Barreiros celébrase este sábado, 25 de xullo, na praia de Arealonga. Será ás cinco da tarde.
 
O concurso internacional de castelos na area chega a unha nova edición este sábado, 25 de xullo. O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, presentou a xa tradicional competición, que se celebrará a partir das 17 horas na praia de Arealonga, en Reinante. O concurso está organizado polo propio Concello e nel colaboran a Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo.
Todo está preparado xa no areal para a chegada dos participantes: “estivemos estes días acondicionando a praia de Arealonga, quitando pedras, porque se non case os castelos se poderían construír con pedras, máis que con area. Creo que é unha cita obrigada, é un concurso internacional onde hai moita participación, onde os nenos gozan conxuntamente cos pais ou cos amigos facendo esas figuras na area, e que cada ano mellora...
leer más