Festa

Etiquetas:
21/09/2022

A parroquia de Cervo celebrará a Festa na Honra da Virxe das Dolores a vindeira fin de semana.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, e o membro da Comisión de Festas, Juan José Pardo, presentaron o evento este mediodía na Praza do Souto.

A cita comezará o sábado 24 coa sesión vermú a cargo de Louband Street Band, que repetirá na verbena pola noite seguida da disco móbil Conxuro.

Xa o domingo 25 haberá misa solemne ás 13:00 horas e a continuación terá lugar a procesión, seguida da sesión vermú que protagonizará Fol do Raxal. Repitirá a Disco Móbil Conxuro. 

O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza e visitantes, a que gocen destas dúas xornadas festivas na parroquia de Cervo.

 

Etiquetas:
14/09/2022

A laurentina Marina Oural Villapol será a pregoeira da trixésima edición da Festa da Faba de Lourenzá, que se celebrará do 30 de setembro ao 2 de outubro. A lectura do pregón está programada para o sábado 1 de outubro ás 12 horas na praza do Conde Santo.

Marina Oural Villapol (Lourenzá, 1968) é directora, docente e produtora. Filla e neta de labregas/os, de nena quería estudar coreografía. Técnico en Relacións Públicas, traballa no Coliseum de A Coruña para a Concellaría de Cultura e Deporte e crea o seu propio gabinete ATANA (A Coruña 1993-2009), producindo contextos para colectivos, concellos e Xunta de Galicia ao tempo que imparte aulas desta profesión en diferentes escolas. No 2009 disolve a vida na cidade e volve á aldea natal laurentina. Alí atópase de cheo coa psicóloga e cantora Ugia Pedreira; comezan dúo artístico ao tempo que co-...

leer más
Etiquetas:
07/09/2022

A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, e o concelleiro de Cultura e Festexos, Manuel Arango Ron, presentaron o cartel da XXX Festa da Faba, que se celebrará entre o 30 de setembro e 2 de outubro. O cartel escollido este ano polo Concello de Lourenzá é obra da deseñadora gráfica laurentina Codés Lillo Irimia.

Manuel Arango anuncia que “nos próximos días darase a coñecer o contido da programación desta edición, que volverá ter o formato tradicional despois de dous anos nos que non se puido celebrar por culpa da pandemia”.

 

Etiquetas:
25/08/2022

Foz celebrará a súa X Festa Normanda do 25 ao 28 de agosto, con mercado tódolos días, actividades lúdicas e musicais e moitas recreacións históricas.

As festas darán comezo o xoves, 25 de agosto, as 20:00 horas coa apertura do mercado. Xa o 26 ás 12:00 horas, farase a inauguración no Paseo da Ribeira do campamento normando, e durante a xornada haberá actividades e animación con recreación histórica. Pola tarde, as 20:00 horas, haberá música a cargo de Dj Cosme, e as 21:00 horas será o pregón oficial, que pronunciará Marcos Fernández, seguido da representación teatral da lenda de San Gonzalo e o nomeamento do focego maior. Por último as 23:00 horas terá lugar o concerto de Monolius Dop.

O 27 de agosto as actividades arrincan ás 11:00 horas coa apertura do mercado e as actividades no campamento. Ás 13:30 será a...

leer más
Etiquetas:
17/08/2022

O Concello de A Pontenova, coa colaboración de Amigos da Malla, organiza a VI Festa da Malla, que terá lugar o 27 de agosto ao carón do Pozo da Ola.

Esta festa da comezo as 12:00 horas coa malla, que será interrompida as 13:30 pola sesión vermú, amenizada polo Dúo Zafiro, e a comida. A malla continuará as 17:00 horas, cando tamén dan comezo unhas canoas para os nenos e as nenas no Pozo da Ola. As 20:30 horas volve coa música o Dúo Zafiro, que estarán tamén á noite para rematar a xornada, seguido por uns pinchos de bolos preñados e lacón.

Para acudir á comida xa mencionada, deberanse recoller os tíckets antes do 26 de agosto no Lar de Balbina ou Zapatería Orli. O prezo para adultos e de 20€ e para  nenos (ata os 12 anos) de 12€, e o menú consistirá en lacón, pasta, tenreira asada, postre e café.

 

Etiquetas:
11/08/2022

O vindeiro domingo, 14 de agosto, celebrarase a IV Festa do Ovo Frito, co obxectivo de recadar fondos para o Celta Barreiros. Será a partir das 19:30 horas no campo de fútbol do Cascabeiro, onde haberá cea e verbena. 

O presidente do Celta Barreiros, José Manuel García Cela, explica a celebración: “levamos varios anos facéndoa, esta é a cuarta edición porque estivo suspendida dous anos pola pandemia que houbo, entón este ano retomámola outra vez. Consiste en recadar algún fondo para o equipo de fútbol, que se necesita todo porque hai moitos equipos, hai pouca afección e as televisións levaron a toda a xente que viña ao fútbol polas tardes”.

O prezo da cea é de 10 euros, con venta anticipada os tíckets poden adquirirse a 8 euros no centro social de Barreiros ou contactando cos membros da organización. García Cela...

leer más
11/08/2022

En San Cipirán celebrarase o 13 de agosto a Maruxaina, unha festa declarada de interese turístico galego que está baseada nunha antiga lenda protagonizada pola Maruxaina.

O sábado terán lugar os actos principais, pero xa o venres, 12 de agosto, se poderá desfrutar da festividade. Comezará as 19:00 horas co gran chupinazo na prazoleta, ao quel sigue a concentración de Maruxain@s onde haberá unha degustación de empanadas galegas e bolos preñaos. O último do día será as o nomeamento d@ Maruxain@ de honra, a cargo da Asociación Amigos da Maruxaina, ás 21:00 horas.

O 13 de agosto tamén comezará co gran chupinazo, haberá un pasarrúas con charangas e gaiteiros, seguido dunha xuntanza na Prazoleta as 12:00 horas para comezar un paseo pola vila, amenizado por as charangas Os Atrevidos, Santa Compaña, TNT e Rolling Band...

leer más
29/07/2022

O Concello de Cervo celebrará a XXXV Festa da Maruxaina o sábado 13 de agosto. A cita foi presentada polos concelleiros de Deportes, de Medio Ambiente, e de Servizos Sociais, David Rodríguez, Mali Méndez e Pilar Armada, respectivamente, e por unha representación das asociacións A Anxuela e Amigos da Maruxaina, que organizan a festa.
 
Ese día 13 serán os actos centrais, pero xa o venres terá lugar a Pre-Maruxaina co gran chupinazo ás 19:00 horas, seguido da concentración de Maruxainos e Maruxainas na Praza dos Campos, onde haberá degustación de empanadas típicas galegas e bolos preñados. Ás 21:00 horas está previsto o nomeamento do/a Maruxaino/a de Honra 2022, a cargo da Asociación Amigos da Maruxaina.

Xa o sábado, 13 de agosto, será o día grande, que estará animado desde primeira hora polo ritmo de diferentes charangas e...

leer más
Etiquetas:
19/07/2022

O vindeiro 30 de xullo celébrase a XVII Festa do Percebe de Rinlo, que está coorganizada polo Concello e pola Confraría de Pescadores de Ribadeo. 

O alcalde, Fernando Suárez, declarou: “énchenos de orgullo poder volver presentar esta festa, esta XVII Festa do Percebe, dunha parroquia que quere poñer en valor un dos máis prezados produtos que nos dá o mar así como o duro traballo que fan este colectivo de percebeiras e percebeiros de Rinlo e de Ribadeo”.

O rexedor indicou que “desde o Concello coorganizamos coma todos os anos esta festa xunto ca Confraría de Pescadores de Ribadeo e para iso pretendemos ofrecer o mellor das nosas capacidades para que esta festa volva ser un foco de atracción de xentes de aquí e de acolá para gozar dun día de festa na nosa parroquia mariñeira de Rinlo como vai ser o sábado 30 de...

leer más
Etiquetas:
01/07/2022

Membros do Comité Organizador (Asociación de Festexos A Medorra) xunto co alcalde e a concelleira de cultura fixeron a presentación da IX Festa do Percebe de Xove, que despois do impás da pandemia, volve o 23 de xullo. 

Sen dúbida, unha tradicional cita gastronómica na Mariña que fará as delicias dos xovenses e de todas as persoas que nos visiten por esas datas.

A IX Festa do Percebe dará comezo ás 12 da mañá na Praza do Concello. A xornada estará amenizada pola charanga Os Charangos e por unha disco móvil. 

O Concello de Xove colabora coa organización deste evento gastronómico.