Festa
Burela celebrará este venres por segundo ano consecutivo a noite do San Xoan Castrexo con unha festa organizada pola Asociación Burela Castrexa, que tamén se encarga dos actos conmemorativos da “X Festa Castrexa”.
A noite de San Xoan celebrarase con unha parrillada popular a carón da praza do Concello, con sardiñada e churrascada ao prezo de 10 euros cada ración. A venda anticipada dos tickets remata este mércores 21 de xuño ao prezo reducido de 8 euros cada ración, e pódense adquirir en Gráficas Arfe, Perruquería Campón, Suministros Rol e Óptica Afflelou Burela.
A programación do venres de San Xoán comeza ás 20:30h co concerto gratuíto de “A Banda da Loba” na praza do Concello, e rematará de madrugada coa actuación da Orquesta Origen e de Dj Litainer.
Para amenizar a cea celebrarase unha...
leer másA cuarta edición da Festa Campesiña de Lourenzá celebrarase no Campo dos Bolos o día 24 deste mes, sábado. Está organizada polo Concello coa colaboración de asociacións do municipio e haberá premios para as mellores caracterizacións.
As actividades empezarán ás 11 da mañá coa apertura dos stands de artesanía e alimentación. Ás 13:00 horas haberá sesión vermú amenizada polo trío Zafiro. Ás 14:00 horas comezará o xantar campesiño, organizado pola Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Lourenzá (ACIAL), no que servirán empanadas, tortillas, ovos fritidos e torreznos, entre outros produtos. Ás 19:00 horas actuará o grupo Acordeóns da Mariña e ás 21:00 horas o fin de festa correrá a cargo do trío Zafiro.
Durante a xornada haberá actuacións da Asociación Osorio Gutiérrez e de Gaitas de Tovar. E...
leer másA primeira fin de semana de xuño celébrase na Ponte de Arante (Ribadeo) a Festa das Cruces, de Interese Turístico Galego.
O sábado, 3 de xuño, ás 20:00 horas terá lugar a conferencia titulada A conflitiva construción do santuario da Ponte fai 500 anos, un litixio local resolto en Roma. Correrá a cargo de Alberto Paraje Méndez, arquitecto técnico e secretario da Asociación de Estudos Históricos de Galicia, e rematará o acto coa actuación da Coral Polifónica de Ribadeo.
O domingo, 4 de xuño, ás 12:00 horas celebrarase a bendición dos campos, procesión, bandeo do pendón e reverencia das Cruces. Estará amenizado polo Grupo de Gaitas de Tovar e de seguido terá lugar a misa solemne. Ás 13:30 horas celebrarase a sesión vermú e ás 15:00 horas dará comezo a III Comida Romaxe das Cruces. As reservas pódense facer nos...
leer másEn Xove o 20 de maio, sábado, celebrarase a Festa das Flores Fillas de María, que organizan o Concello de Xove e a Asociación de Festejos Montevelle.
O programa de actividades empezará ás 10:00 horas coa apertura do mercado tradicional. ÁS 11:30 horas haberá pasarrúas coa A.C. Saíñas e a charanga NBA, ademais de demostracións de oficios tradicionais. Ás 13:00 horas terá lugar a misa con ofrenda floral á Virxe e despois sesión vermú amenizada polo grupo Kalima 3.0, que tamén actuará na verbena, que comezará ás 22:00 horas, xunto coa discoteca móbil Conxuro.
Pola tarde, a partir das 17:00 horas, haberá inchables, Láser combat, actuación do mago Kiko Carrolo e da percusión africana Paz and Thorsten, ademais dun obradoiro de cerámica.
A XXI Festa do Berberecho celebrarase no peirao de Foz este sábado, 15 de abril, pero previamente, o xoves 13, ás 20:00 horas no Cenima haberá unha charla de Xesús do Breogán sobre toponimia desde a Ría de Foz ata Cu do Castro.
O sábado 15 as actividades comezarán ás 11:00 horas coa actuación dos grupos tradicionais A Subela e o Feitizo. Desde ás 11:30 horas haberá un programa especial de Radio Foz desde a carpa instalada no peirao, que se abrirá ás 12:00 para o pregón, que correrá a cargo do xornalista e escritor Martín Fernández Vizoso. Despois actuará o grupo Mar Aberto e ás 13:00 horas empezará unha degustación de berberechos e mexillóns. A partir das 20:00 horas a degustación trasládase aos locais de hostalería de Foz, nos que ofrecerán berberechos en varias preparacións.
Ademais a partir das 23:30 horas...
leer másA praza do Concello de Trabada acollerá a cuarta edición da Festa Gastronómica da Enfariñada o día 7 de maio, domingo, a partir das 12:00 horas.
Ademais de degustación da enfariñada, haberá mercado de produtos locais de proximidade e as actuacións musicais de Cuarteto Seimeiro, Airiños da Freba e Luar na Lubre.
“Unha proposta gastrocultural que, abofé, hai que subliñar no calendario”, din os organizadores do evento, que promove o Concello de Trabada coa colaboración da Deputación de Lugo.
O Concello de Cervo acollerá o vindeiro sábado 8 de abril a Gran Festa das Xeracións, organizada polo club de trail local A Fume de Carozo, creado a principios deste ano, coa colaboración do Concello de Cervo.
A cita, que terá lugar na carpa instalada na Praza dos Campos, en San Ciprián, foi presentada polo rexedor, Alfonso Villares, pola edil de Cultura, Dolores García Caramés, e polos membros de A Fume de Carozo, Pepín, Beto e Alejandra.
A Fume de Carozo creouse como club en xaneiro deste ano, formado por un grupo de amigos aos que os une a paixón polo deporte ao aire libre, co obxectivo de “desfrutar xuntos da natureza pero tamén de compartir experiencia e pasar bos anacos entre amigos”, precisan. Así xurdiu esta Festa das Xeracións -apuntan-, como un complemento ás xuntanzas deportivas “coa intención de...
leer másO 6 de abril, día de Xoves Santo, a partir das sete da tarde celebrarase a XIX edición da Festa do Polbo en 8 establecementos hostaleiros de Xove: Bar Pepe, Cafetería A Roda, Pulpería Bar Cociña, O Cabaliño, A Fuga, O Refugio, Onde Sempre e La Cívica. O prezo de cada ración de polbo é de 14 euros.
Este evento gastronómico, que será amenizado polo grupo de gaitas da Asociación Cultural Saiñas, conta coa colaboración e o patrocinio do Concello de Xove.
A parroquia de Bravos, no concello de Ourol, celebra a súa tradicional Festa da Tortilla este sábado, 25 de marzo, como cada ano por estas datas.
Está organizada pola asociación de veciños Irmáns Vilar Ponte e será no seu local social a partir das 21:00 horas.
Haberá degustación de tortilla e de raxo de balde, ademais de baile amenizado polo dúo Estrellas.
A XXX edición da Festa do Ourizo terá lugar o sábado 25 de marzo, en San Ciprián. Para ese día están programadas diferentes actividades que terán ao equinodermo como protagonista.
A cita foi presentada alcalde, Alfonso Villares, o edil de Turismo, David Rodríguez, polas concelleiras de Cultura e Medio Ambiente, Dolores García Caramés e Mali Méndez, respectivamente, e por representantes da hostalería local que participan neste evento declarado de Interese Turístico Galego.
Como en anteriores edicións, tamén se celebrará un concurso gastronómico que está aberto aos locais da hostalería de San Ciprián que participan na festa: O Noso Lar, As Titas, O Faro, A Bodega, Maruxaina e Aquelarre. O concurso será mañá, 17 de marzo, na Casa da Cultura. Os participantes deberán entregar as súas propostas –dúas como máximo- ás...
leer más