Festa
A parroquia de Vilaouruz, no concello de A Pontenova, celebrará a Festa da Pascua o sábado 30 de marzo.
A partir das 14:00 horas haberá sesión vermú e ás 20:00 horas empezará una sesión de tarde noite amenizada pola orquestra Stereo Music Show.
A asociación Amigos da Maruxaina convoca o concurso para o cartel da festa da Maruxaina 2024, que se celebrará o 10 de agosto en San Cibrao (Cervo).
Poderán participar todas as persoas que o desexen, agás os membros da directiva da Asociación Amigos da Maruxaina. Cada concursante poderá presentar un máximo de dúas obras, sendo condición indispensable que sexan inéditas Deberán incluír o seguinte texto: “MARUXAINA. SAN CIPRIÁN. 10 AGOSTO 2024. DECLARADA DE INTERESE TURÍSTICO GALEGO”. O tamaño do orixinal será A-4 (21 x 29,7 centímetros), sempre en posición vertical, en branco e negro e non hai normas para o tipo de letra empregada.
Os carteis presentaranse en tamaño orixinal, sen firma do autor ou autora, e baixo un lema ou pseudónimo que figurará escrito na parte posterior do cartel, e acompañado dun sobre...
leer másO concello de Cervo celebrará este vindeiro sábado 24 de febreiro a Festa do Mexillón, que vai pola XXX edición.
Ao longo da xornada os 9 locais participantes ofrecerán unha ampla degustación de tapas que terán no mexillón o seu denominador común. Participarán O Noso Lar, Las Titas, A Bodega de Ana, O Faro, Aquelarre, Maruxaina, O Trasgo, Habana e o bar El Puerto.
A festa estará amenizada á noitiña, desde as 22:30 horas, pola orquestra Zona Zero e pola Disco Móbil Revoluxxion.
A cita foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, a tenente al alcalde, Mali Méndez, e por unha repesentación dos locais participantes.
Tal e como anotou a alcaldesa “este tipo de festas gastronómicas contribúen a darlle vida á nosa vila e sempre son un reclamo para atraer...
leer másA Vicaría para la Caridad da Diocese Mondoñedo-Ferrol convoca, un ano máis, a participar na Festa Diocesana da Misericordia 2024, prevista para o sábado 9 de marzo en Mondoñedo, que será presidida polo bispo, Fernando García Cadiñanos.
Haberá unha parte moi destacada dedicada aos máis pequenos, coa participación do grupo Valiván, que é unha empresa familiar dedicada a producir audiovisuais infantís de contido cristián. Tamén dedicarán un espazo para as familias (oración e confesión comunitaria). E para os mozos realizarase unha dinámica especial de oración e de encontro con Jesucristo.
A organización anuncia que “ao igual que noutros encontros diocesanos, desde cada zona facilitarase o desprazamento en autobús. A proposta é que, individualmente ou en grupo, levemos a comida para compartir. Pero as persoas para as...
leer másO Concello de Cervo organiza unha festa infantil de Entroido na carpa instalada na Praza dos Campos, de San Cibrao, para o luns 12 de febreiro a partir das 17:00 horas.
Haberá talleres, inchables, xogos e chocolate con churros.
A organización anima aos participantes a acudir disfrazados.
Alfoz celebra unha festa de Entroido o luns 12 de febreiro no pavillón municipal. Está organizada pola Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo, que conta coa colaboración do Concello.
Estará amenizada pola discomóvil Eventec e haberá novos premios na categoría de comparsas e charangas.
A organización anuncia: “o luns 12 de febreiro tedes unha cita no pavillón de Alfoz. Ás 19:30 horas abrimos inscricións e ás 21:00 comeza o desfile. Non o podes perder! Se queres participar nel, podes consultar as bases no seguinte enlace:
https://drive.google.com/.../1QARtsK9WX7xE2xvocTi.../view... Contaremos con bocadillos quentes, para quen queira encher o bandullo!”.
Miles de persoas seguiron o sorteo da XIII Festa do Comercio, de Acisa Ribadeo, celebrado na noite de onte nas carpas situadas na Avenida Rosalía de Castro. En xogo estaban 6.000 euros en vales de premios para gastar nos negocios locais asociados ao colectivo empresarial ribadense.
-O 1º premio, de 2.500 euros foi para Naroa Penedo Rodríguez
-O 2º premio, de 1.500 euros correspondeulle a Isabel Aguado Yáñez
-O 3º premio, de 1.000 euros foi para Rosa Mª Díaz López
-O 4º premio, de 500 euros correspondeulle a Luis Vieira Crespo
-O 5º premio, de 250 euros foi para Miguel Ángel Cima Álvarez
-E o premio non presencial, de 250 euros, foi para o número 158.296 (entregado en la Farmacia Álvarez Lebredo)
A noite arrincou co sorteo do premio non presencial, no que entraron as 170.000...
leer másEste sábado, 13 de xaneiro, terá lugar a XIII Festa do Comercio de Acisa Ribadeo, que repartirá 6.000 euros premios. O sorteo será nas carpas instaladas na Avenida Rosalía de Castro.
Desde Acisa a súa presidenta, Carmen Cruzado, explicou que “chega unha data moi importante para Acisa, chega un ano mais tras o Nadal o sorteo presencial da Festa do Comercio, que se realiza coas rifas entregadas durante toda esta campaña comercial de Nadal en Ribadeo, que deu comezo o pasado 1 de decembro. O sorteo comezará ás 20:30 horas, pero a urna estará instalada dende as 17:00 horas para que todos os veciños e veciñas poidan depositar as súas rifas nela con tempo e non ter que facer cola a última hora”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, explicou que “como todos os anos haberá cadeiras para que a xente mais maior poida seguir o...
leer másA parroquia focega de Santa Cilla celebrará a oitava edición da súa Festa dos Callos este sábado, 13 de xaneiro, a partir das 21:00 horas no local social, con calefacción. Está organizada pola Asociación Santa Cecilia coa colaboración do Concello de Foz.
Haberá cea con empanada, callos, sobremesa, bebidas (viño, gasosa e auga), pan e café. O prezo por persoa é de 25 euros, pero para os nenos e nenas de ata 12 anos é gratis.
O baile estará amenizado por DJ Disco SLS.
As prazas son limitadas e poden facerse as reservas a través dos teléfonos 670.50.91.69 (Pepe), 622.41.04.90 (Pacucho) ou 661.70.24.06 (Ánxel Paleo)
No local dos Colexios Vellos de San Miguel de Reinante (Barreiros) celebrarase a III Festa do Caldo, organizada pola Comisión de Festas San Rosendo, o sábado 27 de xaneiro a partir das 21:00 horas.
O menú consistirá en caldo e compago, auga e viño, postre e café. O aforo é limitado e os tickets para participar están a venda en locais de San Miguel de Reinante ata o 23 de xaneiro.
A organización anuncia: “este ano temos novidades, a sobremesa e o café pasan a estar incluídos no prezo do menú, que será de 20 euros para os adultos e de 10 euros para as pícaras e pícaros ata os 12 anos incluídos. Coma sempre, tedes as entradas á venda nos establecementos de San Miguel que colaboran connosco habitualmente. Esta edición estará amenizada polo Dúo Estrellas; animádevos que de seguro que habemos de pasar unha noite...
leer más