Festa

Etiquetas:
26/03/2025

Mondoñedo celebra a Festa da Árbore desde o ano 1569 e a edición deste 2025 terá lugar na Praza do Concello este sábado, día 29 de marzo.

As actividades comezarán ás 12:00 horas con xogos populares e tradicionais. Ás 13:15 horas haberá plantación de árbores e recital de poemas con acompañamento musical. E ás 13:30 horas entregaranse os premios do XIII Concurso da Árbore e os debuxos participantes no certame exporanse durante a festa.

Este evento está organizado pola asociación cultural O Pasatempo coa colaboración do Concello de Mondoñedo.

16/03/2025

A parroquia de Celeiro de Mariñaos, no concello de Barreiros, celebrará a terceira edición da Festa do Veciño o día 5 de abril, sábado.

Haberá cea a partir das 21:30 horas e para participar as entradas véndense anticipadamente en Bar Xunqueira (Vilamar) e Casa Lozano (Celeiro) ata o 30 de marzo.

Despois da cea o baile estará amenizado por José Manuel, de Abanico.

Este evento está organizado pola Asociación de Veciños de Celeiro de Mariñaos, que destaca que para a celebración desta festa disporán de carpa.

Etiquetas:
04/03/2025

O Vicedo celebrará unha festa de Entroido este sábado, día 8 de marzo.

As actividades empezarán ás 13:30 horas cunha sesión vermú dobre na que actuarán o dúo Alba y Selu e Discomovil Eventec. Desde as 17:30 horas haberá festa infantil con colchonetas e merendola ás 20:30 horas. Para as 21:30 horas está programado un desfile infantil e ás 22:30 horas comezará verbena amenizada polo dúo Alba y Selu e Discomovil Eventec. E ás 00:30 horas terá lugar o desfile adultos, no que se sorteará unha cesta e haberá premios para os mellores grupos, parellas e disfraces individuais.

Este evento está organizado pola Comisión de Festas de Santo Estevo 2025.

Etiquetas:
02/03/2025

Será a partir das 21:30 horas. Haberá degustación de xamón cocido, chourizos e produtos típicos do Entroido. E non faltarán os premios aos mellores disfraces: individual, parellas e grupos, e especiais a menores de 8 anos, de 9 a 12 anos e de 13 a 16. 

A Festa contará coa animación do Dúo Boreal.

O evento está organizado pola asociación de mulleres de San Román do Val.  

Etiquetas:
13/02/2025

Foz acollerá o décimo aniversario da Festa dos Pepes o día 22 de marzo, sábado.

As actividades comezarán ás 13:45 horas cunha recepción do alcalde a tódolos participantes diante da Casa do Concello de Foz. Ás 14:00 farán unha foto de familia e despois haberá un ruta polos bares de Foz. E ás 15:00 horas empezará a comida de confraternidade no restaurante As Brasas.

O prezo é de 40 euros e as reservas poden facerse a través dos teléfonos 628.429.737 (Cobos) ou 609.983.695 (Vila).

Etiquetas:
09/02/2025

O Concello de Cervo celebrará o sábado 22 de febreiro a Festa do Mexillón, que vai pola XXXI edición. Ao longo da xornada os dez locais participantes ofrecerán unha ampla degustación de tapas que terán o mexillón como protagonista.

Participarán os establecementos O Noso Lar, A Bodega de Ana, O Faro, A Penúltima, Bar Maruxaina, O Trasgo, Habana, bar El Puerto, A´Brasame Poliño e O Encontro.

A cita foi presentada pola rexedora municipal de Cervo, Dolores García Caramés, e por unha representación dos locais participantes. A alcaldesa puxo de manifesto que esta festa “é sempre un gran reclamo para atraer visitantes, e para animar a vila, a través dun produto que simboliza tamén a nosa conexión co mar”.

A rexedora convidou a veciños e visitantes a participar nesta festa que “é unha mostra do...

leer más
Etiquetas:
13/01/2025

Centos de persoas asistiron o pasado sábado en Ribadeo á XIV Festa do Comercio de Acisa. A carpa da avenida Rosalía de Castro e a propia rúa quedaron pequenas para acoller a toda a xente que non quixo perder esta tradicional cita coa que se pon o broche de ouro ao Nadal na vila ribadense. 

O acto contou coas intervencións do alcalde, Dani Vega, do director xeral de Comercio da Xunta, Gabriel Alén, e da presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, que agradeceu a fidelidade aos negocios locais demostrada nas 180.000 rifas repartidas desde o pasado 5 de decembro para este importante sorteo, co que culminou tamén o ano da celebración do 35 aniversario de Acisa Ribadeo. 

O premio non presencial, dotado con 250 euros en vales de compra, foi para Macu de Ribadeo (nº 110.704, entregado en Adele) 
O colgante exclusivo de...

leer más
Etiquetas:
13/01/2025

A parroquia ribadense de Covelas celebrará a súa festa na honra de San Vicente o día 25 de xaneiro, sábado.

As actividades comezarán ás 13:00 horas con misa solemne e seguidamente haberá sesión vermú amenizada polo cantante Jaime Paredes. Ás 15:00 horas empezará a comida e despois volverá a música con Jaime Paredes, pero tamén haberá bingo, xogos, sorteos e demais sorpresas.

Para reservar os tickets da comida pode facerse a través dos teléfonos 606.407.224, 686.428.248 ou 676.825.905. O prazo remata o domingo 19 de xaneiro.

Etiquetas:
10/01/2025

Este sábado, 11 de xaneiro, terá lugar a XIV Festa do Comercio de Acisa Ribadeo, que repartirá 6.000 euros premios, unha viaxe a Mallorca para dúas persoas e dúas xoias de alto valor. O sorteo será nas carpas instaladas na Avenida Rosalía de Castro. 

Desde Acisa a súa presidenta, Carmen Cruzado, explicou que “chega unha data moi importante para Acisa, chega un ano mais tras o Nadal o sorteo presencial da Festa do Comercio, que se realiza coas rifas entregadas durante toda esta campaña comercial, que deu comezo o pasado 5 de decembro. O sorteo comezará ás 20:30 horas, pero a urna estará instalada dende as 17:00 horas para que todos os veciños e veciñas poidan depositar as súas rifas nela con tempo e non ter que facer cola a última hora”.

Cruzado Iglesias lembrou que “foron 180.000 as rifas repartidas entre todos os...

leer más
Etiquetas:
30/12/2024

Burela celebrará unha Festa de Fin de Ano na madrugada deste mércores, día 1 de xaneiro.

O Concello de Burela convida á veciñanza a súa Festa de Fin de Ano na Praza da Mariña: “celebraremos a chegada do 2025 de 0:30 a 5:30 horas, en compañía da música do dúo D'Vicio. Haberá carpa e a barra do bar estará xestionada polos socios e socias de ACIA Burela”.