Festa
Centos de persoas asistiron en Ribadeo á XV Festa do Comercio de Acisa. A carpa da avenida Rosalía de Castro e a propia rúa quedaron pequenas para acoller a toda a xente que non quixo perder esta tradicional cita coa que se pon o broche de ouro ao Nadal na vila ribadense.
O acto contou coas intervencións do alcalde, Dani Vega, do director xeral de Comercio da Xunta, Gabriel Alén, e da presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, que agradeceu a fidelidade nos negocios locais demostrada coas 180.000 rifas repartidas desde o pasado 5 de decembro para este importante sorteo, que repartiu 5.000 euros en vales de compra e unha viaxe a Menorca para dúas persoas.
O premio non presencial, dotado con 250 euros en vales de compra, foi para o 98.907, entregado en Ágora. A persoa afortunada ten ata o 30 de xaneiro para reclamar o...
leer másBurela celebrará unha festa de fin de ano na madrugada deste xoves, día 1 de xaneiro.
Está organizada polo Concello de Burela, que anuncia: “na noite de fin de ano despediremos o 2025 ao grande. De 00:30 a 05:30 bailaremos con Conxuro Discomóvil, que traerá os mellores éxitos de onte e de hoxe que recibamos o 2026 con festa e moita música. Ven á carpa da praza da Mariña para vivir un comezo de ano inesquecible en Burela!”.
O Club Baloncesto Celtas e o Club Deportivo Foz organizan unha festa de fin de ano que se celebrará na Sala Bahía. A apertura de portas será ás 01:00 horas do día 1 de xaneiro e a música correrá a cargo do grupo Los Coleguitas de Venezuela e do DJ Take Sound.
O custo das entradas é de 12 euros anticipada e 15 euros na taquilla; inclúe a entrada á festa, unha consumición, un vaso reutilizable, unha bolsa de cotillón e un número para un sorteo que farán esa noite.
A parroquia mindoniense de Masma celebra as festas na honra a San Andrés e a Inmaculada Concepción este sábado, día 29 de novembro.
As actividades comezarán ás 13:00 horas con misa solemne e procesión. Ás 14:00 horas haberá sesión vermú a cargo do dúo Élite e ás 15:00 horas empezará un xantar popular.
Desde as 18:00 horas haberá sesión de tarde amenizada polo dúo Élite e ás 21:00 horas comezarán a verbena co dúo Élite e o grupo La Tremenda.
A organización anuncia que haberá sorteos entre os asistentes ao xantar, servizo de bar, baños, recinto cuberto con carpa e calefacción e amplos aparcamentos.
O Departamento de Deportes do Concello de Xove organiza a Festa do Deporte para o día 10 de outubro, venres, desde as 20:00 horas no Pavillón Municipal.
“O vindeiro 10 de outubro terá lugar unha xornada de convivencia cos nosos deportistas, recoñecendo o seu esforzo, superación e compromiso. Será un día para compartir, celebrar e apoiar o deporte local”, anuncia o Concello de Xove.
O Concello de Cervo, en colaboración coa Asociación Virxe dos Dolores, organiza unha nova edición das tradicionais festas na honra á Virxe das Dores, que se celebrarán durante esta fin de semana, os sábado 27 e domingo 28 de setembro, na parroquia de Cervo.
O programa foi presentado esta semana pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, acompañada polo concelleiro de Medio Rural, Adrián Arias, e por Federico, membro da Asociación Virxe dos Dolores, entidade organizadora do evento. Durante a presentación, destacaron a importancia de conservar e apoiar as festas tradicionais do municipio, que “forman parte do patrimonio cultural e social da veciñanza”. A alcaldesa subliñou que se trata dunha cita “moi especial para moitas familias da parroquia, un punto de encontro no que se combina a devoción coa música e o ambiente festivo”.
... leer másCubelas, no municipio de Ribadeo, celebrará a festa na honra á Virxe das dores o sábado 20 de setembro, con cuarta comida de produtos da horta e gandería do rural de Ribadeo.
As actividades comezarán ás 13:00 horas con misa solemne e procesión; a continuación haberá sesión vermú co dúo Ángel América. Ás 15:00 horas empezará o xantar e para participar pódese reservar ata o 15 de setembro. E a partir das 19 horas haberá sesión de tarde co dúo Ángel América e o grupo Máster.
Augaxosa, en Riotorto, volverá vestirse de festa os días 12, 13 e 14 de setembro para celebrar as tradicionais Feiras e Festas de San Roque, cun programa que combina música, gastronomía, feira de gando e actividades culturais.
O venres 12 de setembro a festa comezará ás 21:30 horas cunha gran pulpada popular servida pola coñecida Pulpería Suso de Lugo, que incluirá tamén xamón cocido, churrasco, postre e café. A continuación, terá lugar unha espectacular verbena coa orquestra Gran Parada e DJ Bombardero, garantindo unha noite de diversión.
O sábado 13 de setembro estará dedicado á feira de gando e á mostra de razas autóctonas, con apertura ás 9:30 horas e premios en metálico para os gandeiros participantes. Ademais, desde as 10:30 horas poderá visitarse a mostra de animais autóctonos, e ás 11:00 horas haberá...
leer másO Concello de Burela presentou a súa tradicional Festa Fin de Verán, unha programación lúdica que se celebrará na Praza do Concello entre os días 23 e 26 de agosto. A iniciativa incluirá inchables e atraccións acuáticas, dirixidas ao público infantil e xuvenil con acceso gratuíto.
As actividades comezarán o sábado 23 de agosto, en horario de 16:00 a 19:30 horas. Os días 24, 25 e 26 de agosto a programación ampliarase con sesións de mañá e tarde, que terán lugar de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas.
O Concello de Burela explica que o obxectivo do evento é “ofrecer un espazo de ocio familiar e pechar a tempada estival cunha proposta aberta a toda a veciñanza e visitantes”.
A tradición e a festa únense de novo na IX Festa da Malla da Pontenova, que se celebrará o 23 de agosto.
A xornada arrincará ás 12:00 horas co comezo da malla tradicional, unha recreación que permite revivir un dos labores máis característicos do rural galego.
Ás 13:30 horas, celebrarase a sesión vermú, amenizada por JJ Compota (ex compoñente da orquestra París de Noia) e María García Caamaño (ex vocalista da orquestra Filadelfia). Seguidamente, ás 14:30 horas, terá lugar a gran comida popular, co menú composto por empanada, xamón cocido, churrasco, chourizos criollos e roxos, bebida, sobremesa e café. O prezo para os adultos é de 20 euros e para os nenos de ata 12 anos só custará 12 euros. Os tíckets poden recollerse ata o 22 de agosto en Zapatería Orli, Librería Eugenia e Pada.
Pola...
leer más












