Festa
O Concello de Riotorto organiza a Festa Celta, que se celebrará o 3 de agosto. Esta cita promete ser unha xornada chea de actividades e entretemento para todas as idades.
Ás 14:30 comezará o servizo de comida, cun delicioso menú que inclúe pulpo, churrasco, empanada e tarta de Riotorto, todo servido pola Pulpería Suso. Ao longo da tarde sucederanse diversas actividades de animación para amenizar a xornada. Ás 21:00 horas darán comezo as actuación musicais coa participación de BI Outeiro Gaiteiros-Tradigalu, Tanto Nos Ten e Gaiteiros de Riotorto. Por último, ás 00:30 horas gran queimada popular para todos os alí presentes.
A Festa Celta de Riotorto é unha ocasión ideal para gozar da gastronomía, a música e a cultura galega nun ambiente festivo e acolledor.
O día 23 de xuño, domingo, San Ciprián será o escenario dunha gran festa de San Xoán da man de A Rebolaxe, coa colaboración do Concello de Cervo.
O evento, que terá lugar no aparcadoiro do estanco na Praia do Torno, foi presentado pola alcaldesa, Dolores García Caramés, o edil de Zona Rural, Adrián Arias, e unha representación do grupo A Rebolaxe, no auditorio da Casa da Cultura, onde realizan os seus ensaios.
A cita arrincará ás 13:00 horas cunha sesión vermú a cargo de Mi Rollo es el Rock, durante a que se servirán hamburguesas á grella.
A partir das 18:00 horas haberá xogos populares e desde as 19:30 horas ofrecerán bocadillos de touciño, chourizo e salchicha acompañados polo son das gaitas.
Ás doce da noite acenderase o tradicional lume de San Xoán.
... leer másO lugar do Valiño, na parroquia mindoniense dos Remedios, celebrará a súa festa na honra a San Antonio de Padua este sábado, 15 de xuño.
As actividades empezarán ás 12 do mediodía con misa e despois haberá procesión e sesión vermú, co dúo Crazy, que tamén amenizará a verbena xunto ao grupo Fusión Latina.
A parroquia do Cadramón, no Valadouro, celebrará a súa festa na honra de Santa Filomena este sábado, día 15 de xuño.
As actividades empezarán ás 12:30 horas con misa solemne na capela, seguida de procesión e sesión vermú co dúo Estrellas. Despois haberá un xantar popular e como sobremesa, ás 18:30 horas, concerto de música tradicional co grupo Fol do Raxal, actuación subvencionada dentro do programa Tradigalu 2024, da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. E a partir das 20:00 horas será a verbena de tarde/noite cos dúos Estrellas e D' Cache.
O campo da festa estará cuberto con carpa.
A organización corre a cargo da asociación de veciños Santa Filomena, do Cadramón.
A parroquia de Xerdiz, no concello de Ourol, celebrará a festa na honra a San Antonio esta fin de semana: o venres 14 e o sábado 15 de xuño.
As actividades empezarán este venres ás 20:00 horas con degustación de pinchos, empanada, callos e chourizos á brasa, coa música dunha discoteca móbil.
E o sábado 15 ás 13:30 horas celebrarase misa solemne seguida de procesión e sesión vermú amenizada polo grupo Lecer, que tamén actuará na verbena xunto ao trío Bahía con José Costas.
A parroquia de Bacoi, no concello de Alfoz, celebrará a súa festa na honra de San Antonio este domingo, día 9 de xuño.
As actividades empezarán ás 13:00 horas con misa solemne e despois haberá procesión e sesión vermú amenizada polo dúo Epo-K. A continuación haberá unha comida veciñal, que se desenvolverá baixo unha carpa instalada no adro da igrexa. E a partir das 18:00 horas volverá a música do dúo Epo-K.
Esta festa está organizada pola Asociación de Veciños de Bacoi coa colaboración do Concello de Alfoz.
A parroquia de Negradas, no concello do Vicedo, celebrará a súa festa na honra a San Antonio este sábado, 8 de xuño.
As actividades empezarán ás 13:00 horas con misa cantada, seguida de procesión e despois haberá sesión vermú co grupo Ritmo, que tamén actuará na verbena xunto á orquestra Gran Parada.
Haberá amplo aparcamento gratuíto e pista de baile cuberta.
A parroquia de Frexulfe, no concello do Valadouro, celebrará as súas festas na honra ao Corazón de Xesús días 7 e 8 de xuño.
O venres 7 a partir das dez da noite haberá churrascada, torrezmada e chourizada; e despois será a verbena amenizada polos dúos La Hora Bruja e Belinda.
E o sábado 8 celebrarase misa solemne ás 13:30 horas e a continuación procesión e sesión vermú co grupo Lume.
O campo estará cuberto con carpa.
Fontangordo, lugar da parroquia pontenovesa de Vilaboa, celebrará a súa festa romaría na honra de San Bernabé este sábado, día 1 de xuño.
Os actos empezarán ás 13:30 horas co misa solemne. Despois haberá sesión vermú amenizada polo grupo Los Adrianos, que tamén amenizará o baile verbena, de 20:00 a 22:00 horas.