Festa

Etiquetas:
02/06/2024

A parroquia de Frexulfe, no concello do Valadouro, celebrará as súas festas na honra ao Corazón de Xesús días 7 e 8 de xuño.

O venres 7 a partir das dez da noite haberá churrascada, torrezmada e chourizada; e despois será a verbena amenizada polos dúos La Hora Bruja e Belinda.

E o sábado 8 celebrarase misa solemne ás 13:30 horas e a continuación procesión e sesión vermú co grupo Lume.

O campo estará cuberto con carpa.

28/05/2024

Fontangordo, lugar da parroquia pontenovesa de Vilaboa, celebrará a súa festa romaría na honra de San Bernabé este sábado, día 1 de xuño.

Os actos empezarán ás 13:30 horas co misa solemne. Despois haberá sesión vermú amenizada polo grupo Los Adrianos, que tamén amenizará o baile verbena, de 20:00 a 22:00 horas.

Etiquetas:
16/05/2024

A parroquia de Landrove, no concello de Viveiro, celebrará as festas de San Martín Castelo os días 18 e 26 de maio

Este sábado, día 18, comezarán as actividades ás 13:30 horas cunha misa solemne cantada polo coro parroquial, seguida de procesión. Despois haberá sesión vermú amenizada polo grupo Alma Latina, que tamén actuará na verbena xunto á orquestra Supertop.

E o domingo 26 ás 11:00 horas sairase da igrexa de Landrove cara á ermida  pola ruta do Viacrucis e ás 13:30 horas celebrarase unha misa. A continuación actuará un dúo musical.

Estes festexos están organizados pola Comunidade de Montes San Martín Castelo e Fraga Moura, que anuncia que campo da festa estará cuberto con carpa.

Etiquetas:
03/05/2024

A Festa da Enfariñada cumpre a súa quinta edición este domingo, 5 de maio, con diferentes actividades e un mercado de produtos locais que comezarán ás 12:00 horas na praza do Concello. Haberá tamén actuacións do Cuarteto Tradicional Xaramolos, de Rebeldía e de Breo.

O alcalde, Rubén García, explica que este evento é “unha homenaxe a un prato típico de Trabada como é a enfariñada, con veciños e veciñas que a cociñarán, degustacións, música tradicional e un mercado de produtos de proximidade”.

Etiquetas:
01/05/2024

Xove celebrará a súa Festa das Flores o día 18 de maio, sábado, desde as 10:30 horas, cando se abrirá o mercado tradicional.

A partir das 11:30 horas haberá pasacalles coa Asociación Cultural Saíñas e a charanga NBA e demostración de oficios tradicionais. Ás 13:00 horas celebrarase misa solemne coan ofrenda floral á Virxe e ás 14:15, sesión vermú co grupo Rubí. Tamén haberá obradoiros de cerámica e de flores, para nenos e nenas, actuará Caxoto ás 18:00 horas e ás 22:00 horas empezará a verbena co grupo Rubí e Discomóbil Conxuro, para rematar cunha queimada popular.

A organización, que corre a cargo do Concello de Xove e da Asociación de Festejos Montevelle, anuncia: “o sábado 18 de maio celebramos a primavera en Xove coa Festa das Flores ou Fillas de María: Mercado tradicional, pasarrúas, obradoiros, contacontos,...

leer más
Etiquetas:
25/04/2024

As actividades da XLIV Festa da Troita desenvolveranse na Pontenova os días 30 de abril e 1 de maio.

O martes 30 de abril ás 19:00 horas inaugurarase a escultura da troita máis grande do mundo e media hora despois as novas pedras de honra no Paseo do Pescador. Para as 21:00 horas está programada a entrega de varias distincións e media hora máis tarde no salón de actos da Casa da Cultura terá lugar o pregón a cargo de Odile Rodríguez de la Fuente, que é a presidenta da Fundación Félix Rodríguez de la Fuente. Ás 22:00 farase a apertura da caseta e degustación de troitas e empezará a verbena amenizada polas orquestras Cinema e Capitol.

O 1 de maio ás 09:00 horas comezarán os concursos de pesca, que rematarán ás 13:30, hora á que empezará unha macro sesión vermú coa orquestra Trébol. Ás 14:30 horas disputarase o III...

leer más
Etiquetas:
21/04/2024

A parroquia focega de San Acisclo celebra a Festa da Xuventude o día 26 de abril, venres a partir das 20:00 horas.

Será no campo da festa, onde se instalará unha carpa, e actuarán os grupos Lume e Montreal. Ademais haberá degustación de churrasco, chourizos e pan, a un prezo de 15 euros por persoa.

Esta festa está organizada pola asociación de veciños Río Ouro e colabora o Concello de Foz.

 

Etiquetas:
10/04/2024

A Asociación Cultural Recreativa Deportiva Aturuxeiros, de Bravos (Ourol), organiza unha festa para celebrar o seu décimo aniversario e pechar a tempada de actividades da tempada 2023-24. Será o día 20 de abril, sábado, no seu local social a partir dar 13:00 horas.

Haberá sesión vermú, amenizada por Sandra, e despois comida, sorpresas e sorteos.

A inscrición para participar pode facerse a través do WhatsApp +34722105850 ata o 16 de abril.

Etiquetas:
09/04/2024

Mondoñedo celebrará a Festa da Árbore este sábado, 13 de abril. Esta actividade, que se vén realizando na cidade mindoniense desde o ano 1569, está organizada nesta ocasión pola asociación cultural O Pasatempo e será no xardín da escola infantil A Galiña Azul.

As actividades comezarán ás 12:00 horas con xogos cooperativos e talleres infantís. Ás 13:15 horas farase unha plantación de árbores e haberá un recital de poemas con acompañamento musical. A continuación entregarán os premios do XII Concurso da Árbore. Os debuxos participantes neste certame estarán expostos durante a festa.

Etiquetas:
06/04/2024

Trabada celebrará a Festa da Primavera o domingo 21 de abril cunha comida baile organizada pola asociación cultural O Picato.

Será no pavillón municipal de Trabada a partir das 13:00 horas e estará amenizada polo dúo Epo-K. Haberá sorteos despois da comida.

Os tickets para asistir están á venda no Mesón Camiño Norte ata o 19 de abril.

A asociación cultural O Picato, de Trabada, renovou a totalidade dos cargos da directiva, que agora está formada por: presidente, José María Fernández Vázquez; vicepresidenta: Nuria Fernández García; secretaria, Mercedes García Pérez; tesoreira, Xenia Uz Quirós; e os vogais son Julio González Romeu, María Concepción García Fernández, Servanda Yanes Cancio, Anastasia Quintana Fernández, Ana Varela Teijo e Thor Alberich Gómez.

...

leer más